Andrei Glavina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Andrea Glavina»)
Infotaula de personaAndrei Glavina

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento30 de novembro de 1885 Editar o valor em Wikidata
Šušnjevica (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte9 de febreiro de 1925 Editar o valor em Wikidata (39 anos)
Pula, Croacia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Tuberculose Editar o valor em Wikidata)
Mayor (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Italia Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoIstro-Romanians (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Iași (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , escritor Editar o valor em Wikidata

Andrei Glavina, nado en Susńievițe o 30 de novembro de 1881 e finado en Pula o 9 de febreiro de 1925, foi un político e escritor istrorromanés, autor do primeiro libro en lingua istrorromanesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De orixe humilde, naceu durante nunha aldea istrorromanesa dependente do concello de Bogliuno, entón parte do Imperio Austrohúngaro, Durante unha das súas viaxes de estudo ao territorio istrorromanés, en 1893[1], o filólogo romanés Teodor Burada seleccionouno, de acordo cos seus pais, para educalo en Romanía en instucións de recoñecido prestixio, para aprender a lingua romanesa e a lingüística neolatina coa finalidade de promover o rexurdimento do istrorromanés. Logo de estudar en Iaşi e Blaj volveu a Istria en 1901, coa habilitación para a docencia da lingua italiana e mais da lingua romanesa e estableceuse como docente en Albona ata 1918. Despois da Primeira guerra mundial coa integración de Istria en Italia, Andrei Glavina mudouse a unha aldea istrorromanesa próxima ao Učka e loitou con tenacidade para lograr en 1921, a creación da primeira escola romanesa en Istria, que contou coa colaboración de Romanía pero que desapareceu coa morte de Glavina. Tamén loitou pola formación do único concello istrorromeno, Susńievițe (oficialmente Val d'Arsa) que unía sete localidades istrorromanesas, do que se converteu en alcalde en 1922. Tentou efectuar a recuperación da conca do río Raša, e a explotación dunha mina de carbón, obras que se completaron logo da súa morte. Avogou pola recuperación da identidade étnica istrorromanesa e polo seu recoñecemento.

Como escritor en 1905 publicou en Bucarest o Calendar lu Rumeri din Istria, unha colección de proverbios e contos istrorromenos que constitúe o primeiro libro en istrorromanés. A súa dona Fiorella recolleu os seus escritos inéditos (poemas, contos, cancións e cartas en italiano e istroromanés) na obra póstuma Promemoria e Lettere.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Antonio Fares. "L'Opera di Glavina per Conservare la Radice di una Lingua; Minoranza Neolatina: chi sono gli Istro-romeni". L'Arena di Pola, 23 de xaneiro de 1999