Pronome persoal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Para a gramática tradicional pronome persoal é unha clase de palabras que designa as persoas que participan na comunicación e agrupa termos dotados de caracteres morfolóxicos e sintácticos, algún dos cales comparten con adxectivos ou substantivos, sendo outros especificamente pronominais; unha destas propiedades específicas é o feito de careceren de contidos semánticos, pois os pronomes sinalan, remiten a algo ou represéntano, é dicir, que son deícticos ou anafóricos.

Críticas á perspectiva tradicional[editar | editar a fonte]

  • A clasificación dos persoais segundo se refiran a cada unha das persoas do discurso é para Benveniste errónea, pois a oposición establecida entre os persoais, consistente en referiren a P1 (1ª persoa), a P2 (2ª persoa) ou a P3 (3ª persoa) non se sostén no acto comunicativo. No acto de fala só hai dúas persoas: o emisor e o interlocutor. Caberían como persoais "eu" e "ti", mais nunca "el".
  • Alarcos súmase a este rexeitamento sobre a base de exemplos como "¿cres ti que virá?", onde evidentemente "ti" non está substituíndo ningún nome, nin é substituíble polo nome propio da persoa referida; polo que conclúe que "eu" e "ti" son persoais, pero non son pronomes.

(Para profundar nestas críticas véxase o pronome persoal en Wikibooks).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Nos galilibros[editar | editar a fonte]