Saltar ao contido

Wikipedia:Nomes propios de persoas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Atallo:
WP:NPP

Esta política de nomes propios de persoas son unhas directrices para elixir os títulos máis apropiados para dar nome ás páxinas sobre persoas e personaxes ficticios, literarios ou mitolóxicos.

Regras xerais

[editar a fonte]
  • Os títulos dos artigos levan o formato de <nome> <apelido>, polo que cómpre ter coidado cos nomes en linguas nas que o apelido vai diante. Outro formato común, previo á aparición dos apelidos, é o de <nome> de <lugar>.
Exemplo: Empregamos László Kubala no canto de "Kubala László", aínda que en húngaro os apelidos colócanse antes do nome.
  • Como regra xeral, úsase o nome máis común, que non entre en conflito con outros nomes.
Exemplos: Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (non Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao); Bill Clinton (non William Jefferson Clinton); Tony Blair (non Anthony Charles Lynton Blair); Pelé (non Edson Arantes do Nascimento).
Observación: Na introdución do artigo debe aparecer o nome real e completo e despois o alcume, no caso de telo. (Edson Arantes do Nascimento, mais coñecido como Pelé...).
  • Tamén como regra xeral emprégase no título a forma adoptada pola RAG de a haber, aínda que entre en conflito con outras fontes galegas.
Exemplo: Mahoma no canto de Mahomé (ver acepción de "mahometano" no dicionario).
Observación: De haber outras formas tradicionais, deben aparecer na entradiña do artigo, debidamente referenciadas.
  • No caso de haber varias formas lexítimas, na introdución do artigo deben aparecer todas, debidamente referenciadas.
Exemplo: Jules Verne, coñecido tamén en galego como Xulio Verne [...]

Nomes en alfabetos latinos que presentan dificultades na escrita

[editar a fonte]
  • Como regra, mantense o nome na súa grafía orixinal no caso dos nomes de persoas.
Exemplos: Nadia Comăneci, Johnny Weissmüller, Antoine Jérôme Balard, İlham Əliyev.
Observación: naqueles títulos nos que haxa caracteres que presenten dificultade para escribir cos teclados dos usuarios galegos, debe facerse unha redirección (exemplos: Nadia ComaneciNadia Comăneci, Ilham Aliyevİlham Əliyev)

Nomes que se traducen

[editar a fonte]

Os nomes de reis (e realeza en xeral), de papas (e dos eclesiásticos con tradición de traducilos), figuras históricas, divindades, personaxes mitolóxicos, personaxes literarios etc. adáptanse ao galego (exemplos: Xoán Carlos I, Carlos de Inglaterra, Bieito XVI, Focio I, patriarca de Constantinopla, Xulio César, Xúpiter).

  • Convención: os membros da realeza, especialmente os monarcas, os emperadores etc. tradúcense, e deben incluír no título a súa orixe xeográfica para o caso dos monarcas, e outros membros da realeza cando exista a tradición de indicala. Cómpre crear unha redirección entre o nome simple ou a páxina de homónimos correspondente. Os reis dalgún pobo normalmente non inclúen orixe pois non adoita ser necesario (cf. Alarico II), mais este poderíase engadir se fora necesario (engadindo "dos Godos", "dos Francos" etc.). Finalmente, nalgúns casos ao nome segue o título, mais que o estado (cf. Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico).
Exemplos: Xoán Carlos IXoán Carlos I de España; Guillerme de Cambridge no canto de "William Windsor"; Xulio César no canto de "Iulius Caesar".
Observación: Non se inclúe no título o seu cargo (Rei, Príncipe etc.).
Observación: De haber varios co mesmo nome, cómpre crear unha páxina de homónimos: Henrique II.
  • Convención: os eclesiásticos identificados só polo nome, normalmente patriarcas e metropolitas, tradúcense, e deben incluír no título o seu cargo. Cómpre crear unha redirección entre o nome simple ou a páxina de homónimos correspondente
Exemplos: Bieito XVIBieito XVI, papa; Focio IFocio I, patriarca de Constantinopla.
Observación: Isto ocurre cos cregos que mudan o nome ao chegar a determinado cargo, e tamén pode ser necesario facelo de non coñecer os seus apelidos.
Observación: Non se inclúe nos relixiosos os tratamentos de "Frei", "Sor" e similares (Frei Martín Sarmiento → Martín Sarmiento; Sor Lucía → Lucía dos Santos)
Observación: Algúns cambian o nome, mais conservan o apelido. Nestes casos tradúcese o nome, mais non o apelido (por exemplo: Narsés Pedro XIX Tarmouni).
  • Convención: as figuras históricas tradúcense de haber tradición de traducir o seu nome en galego
Exemplos: Cristovo Colón, Mahoma (e non "Muhammad"), Confucio (e non "Kǒng Fūzǐ").
Contraexemplo: Non se traduce Fernão de Magalhães, ao non haber tradición en galego.
Observación: De haber varias formas en uso, escóllese a máis próxima ao nome orixinal.
  • Convención: os santos tradúcense, especialmente aqueles con tradición de traducir o seu nome en galego.
Exemplos: Xoán de Ávila, Xoán Fisher, Hilario de Poitiers.
Observación: Non se inclúe no título do artigo o seu título de santidade (San, Beato etc.).
  • Convención: os personaxes literarios e cinematográficos e os personaxes da literatura relixiosa (Biblia, Alcorán etc.) tradúcense no caso de existir unha adaptación ao galego.
Exemplos: Bilbo Bulseiro no canto de "Bilbo Baggins"; Lobeto no canto de "Wolverine"; Moisés no canto de "Moshe".
  • Convención: as divindades e personaxes mitolóxicos tradúcense no caso de existir unha tradición en galego.
Exemplo: Xúpiter, Odín.
Observación: De non haber forma galega, cómpre empregar a forma na lingua orixinal, evitando formas adaptadas ao inglés ou a outras linguas.

Nomes en alfabetos non latinos

[editar a fonte]

Mantéñense os nomes de persoa escritos en alfabetos distintos ao galego (ruso, chinés, árabe, xaponés etc.) facendo a transliteración correspondente de acordo a Wikipedia:Transliteracións, que asigna a cada lingua unha transliteración preferente a empregar. Cómpre sinalar que hai idiomas, como o tártaro e o serbio, que empregan dous alfabetos: neste caso, tómase a forma escrita en alfabeto latino.

Observación: Para ver qué transliteración é empregada na Galipedia para cada idioma, véxase Wikipedia:Transliteracións, derivación desta norma.

Véxase tamén

[editar a fonte]

Outros artigos

[editar a fonte]

Frecha. Volver á páxina de axuda.