Lingua tártara
| Lingua tártara | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| татар теле | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| Propiedades | |||||||||||||||||||
|
Número de falantes
| |||||||||||||||||||
|
Institución de normalización
| |||||||||||||||||||
|
Tipoloxía lingüística
| |||||||||||||||||||
|
Estado de lingua da UNESCO
| |||||||||||||||||||
| Clasificación lingüística | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||||
A lingua tártara[1] ou tátara[2] (en tártaro latino: tatar tele, tatarça; en tártaro cirílico: татар теле, татарча) é unha lingua turca, a lingua dos tártaros. Fálano seis millóns de persoas na república rusa de Tatarstán, en Baskiria e outras comunidades de Rusia.
Escritura
[editar | editar a fonte]Os antepasados do pobo tártaro usaron o alfabeto orkhon. No século X empezou a usarse o alfabeto árabe. En 1927 foi adoptado o yanalif (en ruso: яналиф), un alfabeto baseado no latino, xa que por entón as autoridades comunistas querían latinizar a escritura de todas as linguas da antiga Unión Soviética. En 1939 este alfabeto foi substituído por un baseado no alfabeto cirílico.
O 15 de setembro de 1999 unha lei da república rusa de Tatarstán reintroduciu o alfabeto latino, agora denominado yanalif-2. Pero o 16 de novembro de 2004 o Tribunal Constitucional da Federación Rusa derrogou dita lei por incompatibilidades coa Constitución de Rusia.[3] Polo tanto de iure o alfabeto do tártaro é o baseado no alfabeto cirílico, aínda que moitas veces úsase de facto o alfabeto latinizado.
Clasificación
[editar | editar a fonte]O tártaro é unha lingua turca, considerada parte da disputada familia altaica de linguas.
Distribución xeográfica
[editar | editar a fonte]O tártaro fálase en partes de Europa, Rusia, China, Turquía, Polonia, Ucraína, Finlandia, Estonia e Asia Central.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tártaro.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tátaro.
- ↑ A resolución do Tribunal Constitucional da Federación Rusa (en ruso)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Existe unha versión da Wikipedia en Lingua tártara |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- O tártaro no Ethnologue Arquivado 12 de setembro de 2019 en Wayback Machine. (en inglés)
