Narsés Pedro XIX Tarmowni

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Narsés Pedro XIX Tarmouni")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ներսէս Պետրոս ԺԹ. Թարմունի
(Narsés Pedro XIX Tarmowni)
BISHOP patriarc nerses bedros xix.jpg
Patriarca da Igrexa Católica Armenia
Biografía
Nacemento17 de xaneiro de 1940 en O Cairo, Exipto
Pasamento25 de xuño de 2015 en Beirut, Líbano
Nome secularBedros Tarmowni (Taza)
Alma máterPontificia Universidade Gregoriana
Ordes
Ordenación sacerdotal15 de agosto de 1965, por Raphaël Bayan
Consagración episcopal18 de febreiro de 1990, por Xoán Pedro XVIII Gasparean
Patriarca de Cilicia
Arcebispo Metropolitano de Beirut
1999 - 2015
PredecesorXoán Pedro XVIII Gasparean
SucesorGregorio Pedro XX Kaproyean
Cargos anterioresBispo de Alexandría (1989-1999)
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Narsés Pedro XIX Tarmowni (en armenio: Ներսէս Պետրոս ԺԹ. Թարմունի, Nersēs Petros ŽT’. T’armowni), nado o 17 de xaneiro de 1940 no Cairo (Exipto) e finado o 25 de xuño de 2015 en Beirut (Líbano), foi o 19º Patriarca de Cilicia da Igrexa Católica Armenia dende o 7 de outubro de 1999 até o seu pasamento.

Biografía[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e sacerdocio[editar | editar a fonte]

Naceu no Cairo o 17 de xaneiro de 1940, quinto fillo (segundo varón) dos oito que tivo o matrimonio formado por Elias Taza e Josephine Azouz. Completou os seus estudos primarios e secundarios no colexio levado polos Irmáns das Escolas Cristiás no Cairo.[1]

Sentiu a vocación sacerdotal moi cedo e foi enviado a estudar ao Colexio Armenio de Roma en 1958, onde estudou Filosofía e Teoloxía na Pontificia Universidade Gregoriana. O seu bispo, Raphaël Bayan, ordenouno sacerdote no Cairo o 15 de agosto de 1965.[1]

Serviu na parroquia da catedral armenia no Cairo entre 1965 e 1968 xunto a quen sería elixido en 1982 Patriarca dos armenios, Xoán Pedro XVIII Gasparean. Entre 1968 e 1990, Petros Taza foi cura da parroquia de Santa Teresa de Heliópolis no Cairo.

Episcopado[editar | editar a fonte]

O 18 de febreiro de 1990 foi ordenado bispo da eparquía de Alexandría, con xurisdición sobre Exipto e Sudán polo mesmo Xoán Pedro XVIII. Entre 1992 e 1997, como membro da xerarquía católica en Exipto foi o Secretario Xeral do Concilio Pastoral da Igrexa Católica en Exipto.

Ademais, como membro do Sínodo dos Bispos da Igrexa Católica Armenia, desempeñou os sguintes cargos:

  • Membro do Consello de Bispos que dirixiu a curia patriarcal entre 1993 e 1995.
  • Presidente da Comisión Patriarcal para as Vocacións entre 1993 e 1995.
  • Membro do Sínodo Permanente en 1994

Patriarcado[editar | editar a fonte]

En outubro de 1999 foi elixido polos membros do Sínodo Católico-Patriarca de Cilicia e tomou o nome de Narsés Pedro XIX. Finou no cargo o 25 de xuño de 2015.

Premios e distincións[editar | editar a fonte]

O 21 de setembro de 2015 o presidente de Armenia Serzh Sargsyan galardoouno postumamente coa Orde de San Mesrop Mashtots.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Biografía oficial Arquivado 23 de febreiro de 2011 en Wayback Machine., na páxina da Igrexa Armenia (en inglés)
  2. "Armenian Catholic Patriarch awarded posthumously". News.am (en inglés). 21/09/2015. Consultado o 04/05/2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Raphaël Bayan
 Bispo de Alexandría 
1989 - 1999
Sucesor:
Krikor-Okosdinos Coussa
Predecesor:
Xoán Pedro XVIII Gasparean
 Patriarca de Cilicia 
1999 - 2015
Sucesor:
Gregorio Pedro XX Kaproyean