Wikipedia:Autobiografía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Atallo:
WP:AUTO


Para previr disputas prolongadas sobre o significado, precisión dos feitos ou a neutralidade do material en temas en que vostede está persoalmente vinculado, é unha boa idea esperar, antes de crealos ou modificalos, ata que outros usuarios da Wikipedia teñan traballado nel. Isto é especialmente certo para as autobiografías.

Se vostede crea un novo artigo sobre vostede mesmo, moi probablemente será colocado na lista de páxinas para borrar, podendo dar lugar a un forte debate. Isto non significa que será borrada, por suposto, pero hai xente que cre firmemente que ao menos non debería comezala, non importa o importante que se considere a si mesmo. Todo isto porque a creación independente fomenta a validación tamén independente, tanto en significado como en veracidade.

Se vostede é obxectivamente importante ou significativo, alguén creará un artigo sobre vostede antes ou despois. Algúns cremos que incluso debería evitar a modificación do artigo, baixo os mesmos principios. Se o fai, por favor coloque unicamente información verificable e sexa especialmente coidadoso con respectar o punto de vista neutral. Ás veces é mellor anotar obxeccións e correccións na páxina de conversa.

Principios similares aplícanse a artigos sobre traballos dos que vostede poida ser responsable, da empresa que vostede dirixe, un sitio web que vostede empezara, ou un libro que vostede teña escrito. Use o sentido común.

Lembre tamén que calquera cousa que vostede publique na Wikipedia pode ser editada. Moitos artigos autobiográficos foron fonte de desgustos para os seus autores orixinais logo dun período de edición realizado pola comunidade e ata foi solicitada a súa eliminación polos autores orixinais. Nalgúns casos o artigo é mantido aínda cando o autor solicitara o contrario.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]