Axuda:Categorías

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Atallo:
A:CAT

Unha categoría é unha agrupación de páxinas que comparten algún tema en común. Nunha analoxía co sistema de ficheiros dun ordenador, as categorías cumpren a mesma función que un directorio.

O proceso de incluír unha páxina nunha categoría denomínase categorización, e realízase editando unicamente a páxina que se desexa categorizar.

As categorías facilitan a busca de información dentro de Wikipedia, e permiten ver as páxinas contidas en cada unha delas, ou ben navegar a través delas, grazas á súa ordenación xerárquica. Unha páxina non categorizada considérase tan orfa coma unha sen ligazóns internas.

Antes de facer uso das categorías, é conveniente que lea Wikipedia:Categorías.


Frecha. Volver á páxina de axuda.