Wikipedia:Verificadores de usuarios

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Na Wikipedia, un verificador de usuarios (en inglés, checkuser) é aquel usuario que conta cos dereitos e ferramentas necesarios para examinar a información dos enderezos IP e outros rexistros do servidor, baixo certas circunstancias, co propósito de protexer a Wikipedia contra un abuso ou uso destrutivo potencial do sistema. Adoitan empregarse co fin de desvelar casos de monicreques. A ferramenta simplemente produce un rexistro de información a comprobar: mesmo poden ser necesarios coñecementos avanzados e experiencia para investigar algúns casos.

Funcións[editar a fonte]

  • Un editor con privilexios de verificador de usuarios pode:
    • Determinar desde que enderezos IP editou unha conta de usuario.
    • Determinar todos os cambios dun enderezo IP no wiki (mesmo se está rexistrado).
  • O verificador de usuarios debe exercer esta función tendo sempre presente a política de protección de datos, importante en todos os proxectos de Wikimedia. A revelación do enderezo IP dun usuario, a súa localización ou outros datos suficientes para identificar á persoa constitúe unha violación da política de protección de datos.
  • Nos casos de vandalismo ou da comprobación dun abuso de contas monicreque (por exemplo, cando hai sospeitas de votos ilegais), un wikipedista poderá solicitarlle a un verificador de usuarios que comprobe se unha ou máis contas ou enderezos IP corresponden á mesma persoa.
  • Ademais un verificador de usuarios poderá comprobar o enderezo IP dun usuario, se o mesmo usuario fai unha solicitude pública para verificar a súa inocencia.
  • A notificación ao usuario investigado non é obrigatoria, pero o usuario con privilexios de verificador de usuarios pode decidir facelo se cre que é o mellor.
  • Os privilexios de verificador de usuarios de calquera conta de usuario poderán ser retirados:
    • Se a conta do verificador de usuarios está inactiva durante un ano.
    • Por renuncia voluntaria.
    • En caso de violación comprobada da política de protección de datos.

Política[editar a fonte]

O uso das ferramentas de verificación está regulado pola política global que se atopa en Meta. En todo momento a política vixente é a de Meta-Wiki, incluíndo o caso no que esta tradución quede desactualizada.

Concesión dos permisos[editar a fonte]

De acordo ao indicado en Meta:

Para un proxecto wiki que non conta cun comité arbitral (como é o caso da Wikipedia en galego) darase acceso a usuarios con privilexios de verificador de usuarios, se cumpre o seguinte:
A comunidade debe aprobar un mínimo de dous usuarios, os cales supervisaránse o un ó outro. Un usuario que solicite os privilexios de verificador de usuarios debe facelo na súa comunidade local e anunciar a súa solicitude de forma apropiada (Taberna, listas de correo, IRC etc.). O editor debe estar familiarizado coa política de protección de datos.

Realizarase entón unha votación na que o candidato deberá demostrar un nivel suficiente de aprobación na súa comunidade local (do 80% como mínimo), requiríndose que polo menos conte cun mínimo de 25 votos a favor. Na práctica, para os casos límite os stewards deliberan e deciden se validar ou non o resultado. Tras isto, o candidato debe apuntarse en m:Steward requests/Permissions cunha ligazón á páxina da votación.

Verificadores de usuarios activos[editar a fonte]

A Galipedia non conta con ningún verificador de usuarios, e calquera caso deberá debaterse no Taboleiro dos administradores antes. Unha vez acadado o consenso, farase a pertinente solicitude en Meta, se fose necesario.

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Verificadores de usuarios