Wikipedia:Nomes de infraestruturas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Atallo:
WP:NI

Esta política de nomes de infraestruturas son unhas directrices para elixir os títulos máis apropiados para dar nome ás páxinas sobre infraestruturas e as liñas de transporte que as poidan empregar.

Estradas[editar a fonte]

  1. De xeito xeral, se o hai, usarase o nome longo oficial (Autoestrada do Atlántico).
  2. No caso de non habelo, empregarase o código da estrada (PO-550).
  3. Se a estrada ten distintos códigos, titularase por orde alfanumérica separada por "/" (LU-903/OU-903).

Nos casos 1 e 3, faranse redireccións dende todos os códigos para facilitar a súa procura. Respetaránse sempre os códigos oficiais, isto inclúe o uso ou non de guións. Se coinciden dous códigos, farase unha páxina de homónimos na páxina que correspondería ao artigo, e se non se trata de redireccións, nomearase a zona que atravesa entre parénteses.

Casos especiais[editar a fonte]

Con regularidade aparecerán casos en que estradas de distintos países teñan un identificador igual ou que poida levar a confusión (N3 belga, N3 irlandesa, N-III). A solución xeral é esta: (Estrada, Autoestrada) (xentilicio feminino do país) (Identificador) . Por exemplo: Estrada belga N3, Estrada irlandesa N3, Estrada española N-III. Se unha das estradas está situada en España, o identificador será unha redirección ao artigo e crearase unha páxina de homónimos específica.

  • Interestatais estadounidenses: O xeito de nomear o artigo será: Interestatal X. De facerse un artigo específico para algún Estado, aplicarase así: Interestatal X, Estado.

Rúas e carrís bici[editar a fonte]

Os nomes das rúas traduciranse, sempre que sexa posible e teña tradición, ao galego. Nos outros casos, respetarase a denominación habitual.

Os nomes dos artigos sobre carrís bici serán decididos polos autores dos artigos. Empregarán o nome máis habitual e indicarase ao principio Carril bici. Por exemplo: Carril bici metropolitano da Coruña.

Liñas de tren[editar a fonte]

O nome das liñas de tren destacará sempre os puntos destacables do seu paso ou o seu comezo e final. Por exemplo: Liña de tren A Coruña-Vigo.

Liñas aéreas[editar a fonte]

O nome das liñas aéreas destacará as cidades onde despegan e onde aterrizan os avións. Por exemplo: Liña aérea A Coruña-Madrid.

Liñas de metro/tranvía/bus urbanas[editar a fonte]

Empregarase sempre o identificador oficial, agás cando se poida confundir, para o cal seguirase esta estrutura: Liña de (tipo) (Identificador) de (cidade) e no artigo do identificador farase unha páxina de homónimos.

Edificios[editar a fonte]

Aeroportos[editar a fonte]

Os artigos sobre aeroportos nomearánse así: Aeroporto de (cidade), agás nestes casos:

En todo caso, escollerase o nome que o autor do artigo considere máis común e faránse redireccións dende os outros nomes posibles. Se ademais é un aeroporto internacional, indicarase así: Aeroporto Internacional de (lugar)

Estacións[editar a fonte]

Tren[editar a fonte]

O xeito de nomear as estacións de tren será: Estación de tren de (lugar).

Bus[editar a fonte]

O xeito de nomear as estacións de autobuses será: Estación de autobús de (lugar).

Metro[editar a fonte]

O xeito de nomear as estacións de metro será: Estación de metro de (lugar).

Intermodais[editar a fonte]

O xeito de nomear as estacións intermodais será: Estación intermodal de (lugar).

En todos os casos, sempre que non entre en conflito con outros artigos, redireccionarase dende Estación de (lugar), por exemplo: Estación da Coruña-San Cristovo > Estación de tren da Coruña-San Cristovo.

Portos[editar a fonte]