Wikipedia:Votacións para borrar/Pyltsa (cantante)
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Pyltsa (cantante)[editar a fonte]
Irrelevante. Mesmo foi borrada na wiki en ruso: [1] --. HombreDHojalata.conversa 6 de xaneiro de 2014 ás 21:22 (UTC)[responder]
- Borrar
- Borrar. --. HombreDHojalata.conversa 6 de xaneiro de 2014 ás 21:22 (UTC)[responder]
- Borrar. --Xas (conversa) 11 de xaneiro de 2014 ás 18:27 (UTC)[responder]
- Borrar. --Adorian (conversa) 11 de xaneiro de 2014 ás 20:46 (UTC)[responder]
- Borrar. O problema non é corrixir os erros que poida ter, senón a irrelevancia evidente da personaxe. Pedro --Lameiro (conversa) 11 de xaneiro de 2014 ás 21:21 (UTC)[responder]
- Borrar. Sen dubidar das boas intencións de Carlosss96 ao crealo, é un artigo moi irrelevante, con poucas referencias sobre a cantante. --Pontevedra78 | Conversa 12 de xaneiro de 2014 ás 18:40 (UTC)[responder]
- Borrar Hai que borralo, é unha copia case literal da biografía que aparece en ruso na súa web [2], non cabe discusión sobre o borrado ao ser copia, a non ser que se modifique.--Sernostri (conversa) 12 de xaneiro de 2014 ás 18:59 (UTC)[responder]
- Borrar. --AMPERIO (conversa) 13 de xaneiro de 2014 ás 18:41 (UTC)[responder]
- Manter
- Manter. Non me parece correcta a argumentación de HombreDHojalata. Non creo que haxa que valorar a relevancia dun artigo, todos teñen a súa relevancia, paréceme que esa argumentación é subxectiva e polo tanto opóñome. Sobre o borrado do artigo na wiki en ruso... o que fagan os rusos preocupame máis ben pouco. Creo que deberiamos tentar arranxar os problemas que poda ter en lugar de ir directamente a borralo. Piquito (conversa) 11 de xaneiro de 2014 ás 20:54 (UTC)[responder]
- Neutros
- Comentario Eu estou co que comenta Piquito, o da relevancia seméllame subxectivo. Porén, Sernostri sinala que é unha copia, e ese sí que é motivo. Xa que logo, non apoio nin voto en contra. --Norrin_strange (Fala-me) 16 de xaneiro de 2014 ás 09:09 (UTC)[responder]
- Comentarios
- Comentario. Votar en relación coas consideracións persoais da relevancia dun artigo me parece temerario. Se alegades que o artigo é unha tradución automática, ou que non ten fontes verificables, ou calquer outro motivo referente a cuestións OBXECTIVAS non dubidaría en votar para o seu borrado, mais a realidade é que o único motivo que se argumenta é totalmente SUBXECTIVO. Subxectivamente para min é irrelevante o alcalde dun concello de 300 habitantes que gobernou dous anos por unha moción de censura (o mesmo pasa con senadores ou xornais que se editaron uns meses ou uns poucos anos, dos que escribimos pouco máis de 3 ou 4 liñas en total no artigo) e non por eso o propoño para borrar, porque a súa relevancia é un aspecto subxectivo e entendo que poda ter interés para alguén. Creo que queda claro o meu punto de vista, e repito, alegar elementos subxectivos é temerario e pode crear un precedente perigoso. Piquito (conversa) 11 de xaneiro de 2014 ás 23:00 (UTC)[responder]
- Asegúroche que antes de propor o borrado busquei e rebusquei información e non atopei nada. Podes ti achegar algunha fonte fiable ou referencia sobre a relevancia enciclopédica desta cantante? --. HombreDHojalata.conversa 11 de xaneiro de 2014 ás 23:49 (UTC)[responder]
- Creo que non me estás a entender, ao que me refiro é a que non me parece correcto cómo estás a plantexar o seu borrado, xa que estás a empregar criterios que para min son subxectivos. Repito, se alegas que non ten fontes fiables ou referencias, por exemplo, non teño problema en apoiar o seu borrado, mais tal e como está proposto non o podo facer; o que habería que facer é pechar esta proposta e propoñelo con argumentos "de peso" e non alegando algo tan subxectivo e inconsistente como a súa irrelevancia, porque repito, para min hai artigos que son irrelevantes e non por eso o propoño, creo que habería que propoñelo novamente. Eu non podo achegar información sobre a cantante poque nin a coñezo nin teño especial interés nesa música, e principalmente porque non sei ruso ou ucraniano para poder achegar información da web, ademais teño suficiente co meu, o mellor sería consultar co usuario que creou o artigo (sería un bo punto de partida pedirlle referencias a el antes de borrar nada, non sei se se fixo). Piquito (conversa) 12 de xaneiro de 2014 ás 00:05 (UTC)[responder]
- Precisamente, un dos motivos de borrado (o primeiro que aparece na lista de posibles motivos) é "Artigo sen relevancia enciclopédica". Pedro --Lameiro (conversa) 13 de xaneiro de 2014 ás 19:29 (UTC)[responder]
- Pois ese motivo paréceme subxectivo, e como non concordo con el votarei en contra sempre que se alegue esta "irrelevancia" enciclopédica. Para min hai moitos artigos que non teñen relevancia, ben por seren de personaxes de escasa trascendencia (véxase moitos alcaldes, xornalistas, etc) ou por exemplo por seren de xornais que se editaron uns meses e non tiveron repercusión algunha; por eso digo que é un motivo subxectivo, lóxicamente eu non vou propoñer ningún deses artigos para borrar porque non me considero ninguén para xulgar qué ten ou non ten "relevancia enciclopédica" (e coma min, creo que ninguén aquí ten capacidade para decidir en termos absolutos o que vale e o que non para estar no proxecto, así de simple. Piquito (conversa) 13 de xaneiro de 2014 ás 19:43 (UTC)[responder]
- Lameiro, pódesme indicar onde indica que a irrelevancia é un motivo de borrado? Eu non o atopo. Grazas, Piquito (conversa) 15 de xaneiro de 2014 ás 18:27 (UTC)[responder]
- O día que sexas Administrador e teñas acceso ó botón de Borrar, veralo. Como hai que indicar o motivo do borrado, o sistema ofrece un desplegable con 14 posibles motivos (erro no título, categoría baleira, lixo, vandalismo, violación de dereitos, etc.) máis a opción de Outros motivos, onde xa escribes o que queres. Ben, pois a primeira opción dese desplegable é a que nos ocupa: "Artigo sen relevancia enciclopédica". Supoño que o que vaia de primeira é pura casualidade. Pedro --Lameiro (conversa) 15 de xaneiro de 2014 ás 19:26 (UTC)[responder]
- Pois como observación creo que debera ser visible para todos os usuarios, non me parece moi ben que haxa cousas do interés de todos que únicamente podan ver os administradores, creo que eu (ou calquera) debera poder ver todos os motivos para borrar un artigo para saber ben se pode propoñer ou non un artigo. Non todos somos administradores, pero si nos gustaría ter acceso a toda a información (outra cousa é que logo todos a consultemos, pero alo menos ter a opción de consultala en caso de duda). Un saúdo, Piquito (conversa) 16 de xaneiro de 2014 ás 08:53 (UTC)[responder]