Saltar ao contido

A Pena Furada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Pena Furada»)
Modelo:Xeografía físicaA Pena Furada
Imaxe
Tipoxacemento arqueolóxico Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaSanta Mariña de Lesa, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 43°13′38″N 8°08′47″O / 43.2272, -8.1464
Petróglifo da Moura en Pena Furada, Coirós.

A Pena Furada é un sitio arqueolóxico que podería corresponderse cun espazo ritual monumentalizado emprazado no lugar de Figueiras, no concello de Coirós. Considérase un santuario pola presenza dunha figura antropomorfa co sexo feminino moi remarcado, insculturada nun podio, nun contexto construtivo de claro sentido ritual que define un amplo, complexo e monumental espazo simbólico[1].

Características

[editar | editar a fonte]

Neste espazo atopáronse inicialmente unha serie de petróglifos polas diferentes penas do lugar, os principais foron:

  • un petróglifo composto por dous círculos unidos nun dos extremos
  • outro petróglifo representando unha figura feminina co sexo resaltado denominada A Moura
  • unha pía cuadrangular
  • un petróglifo antropomorfo de realización moderna[2]
  • seis pequenas cazoletas
  • dúas escadas labradas na rocha[2]
  • o gravado dunha cruz

A Moura é un petróglifo que representa a unha muller de cabeza ovalada con ollos e boca, con dous brazos e dúas pernas que rematan nos pés, e cun sexo ben remarcado que podería indicar algún culto á fertilidade. Esta figura feminina non se corresponde con ningún dos petróglifos típicos descritos en Galicia.[2][3]

Escavacións do ano 2011

[editar | editar a fonte]
Pedra traballada con forma esférica.

En setembro do ano 2011 o arqueólogo Antón Malde e o xornalista Manuel Gago dirixiron cun equipo de voluntarios un proxecto de arqueoloxía pública no que se adicaron á limpeza e escavación do lugar.[4] Nestas escavacións reveláronse varias estruturas con muros que se supón que formarían parte dun santuario centrado na figura da Moura. Atopáronse gran cantidade de anacos de cerámica romana, restos de tellas, restos de muros perimetrais e unha pedra tallada en forma de esfera.[5][6]

Segundo Malde o sitio podería tratarse dun santuario galaicorromano construído entre os séculos I e IV.[4]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Fernández Abella, David; Trevín Pita, Vanesa; Blanco Patiño, Diana; Santos Hernández, David; Martínez Casal, José Ramón; de la Fuente Ferreiro, María; Tobalina Pulido, Leticia (2022). "Una mirada retrospectiva a Pena Furada (Coirós, A Coruña)". Anuario brigantino (45): 11–44. ISSN 1130-7625. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Petróglifos da Pena Furada (Figueiras, Coirós) artigo publicado por Antón Malde no Anuario Brigantino
  3. Hallan en Coirós un relieve pagano que podría datar del siglo I artigo de La Voz de Galicia (en castelán)
  4. 4,0 4,1 Arqueólogos y voluntarios investigan en Coirós un posible santuario galaicorromano na Opinión (en castelán)
  5. "Web oficial do proxecto de investigación do sitio arqueolóxico de Pena Furada". Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2012. Consultado o 22 de febreiro de 2012. 
  6. "A Moura" comeza a espir o seu segredo

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]