Saltar ao contido

Ermitage

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ermitage
Persoas e organizacións
 Fundador/a
 Director/a
 Visitantes anuais
1649443 (2021)
4956529 (2019)
4220000 (2018)
4200000 (2017)
4119103 (2016)
3668031 (2015)
3120170 (2013) Editar o valor en Wikidata
Datas e cronoloxía
 Fundación
1764 Editar o valor en Wikidata
Premios
 Premios
Orde de Lenin (1964) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Sede
 Enderezo
Санкт-Петербург, Дворцовая набережная, 34 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Teléfono
+7 812 710-90-79 Editar o valor en Wikidata
Redes
Facebook: state.hermitage Twitter: state_hermitage Instagram: hermitage_museum Telegram: hermitage_museum VK: hermitage_museum Youtube: UCQkXs-5n3awzvGOSvxRsOzw TikTok: hermitage.museum BNE: XX122426 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons
O Palacio de Inverno visto desde o Río Neva.
As pinturas están colgadas nun opulento interior palacial.

O Ermitage[1] ou Museo Estatal do Ermitage (en ruso Государственный Эрмитаж / Gosudarstvenniy Ermitaž) en San Petersburgo, Rusia, é unha das maiores, máis antigas, importantes e famosas galerías de arte e museos da historia humana e da cultura do mundo. As vastas coleccións do Ermitage están despregadas en seis edificios, sendo un dos principais o Palacio de Inverno que fora a residencia oficial do Tsar das Rusias.

Inaugurado en 1852, o museo ocupa catro pazos contiguos, sendo o maior deles o antigo Palacio de Inverno - residencia oficial dos tsares. En 1764 (ano oficial de fundación do Museo) a emperatriz Catarina II de Rusia adquiriu a colección de Johann Ernst Gotzkowsky, a primeira do Museo. En 1865 o Ermitage adquiriu a obra Madona con Neno (Litta Madona), de Leonardo da Vinci. Cinco anos despois, a obra Madona e o Neno (Madona Conestabile), de Rafael, realizada en 1504, en Italia. En 1914, fixo unha nova adquisición de Leonardo da Vinci: a Madona cunha Flor (Madonna Benois).

O importante legado do Ermitage sobre a Arte Occidental comprende obras de Michelangelo, Leonardo da Vinci, Rubens, van Dyck, Rembrandt, Poussin, Claude Lorrain, Watteau, Tiepolo, Canaletto, Canova, Rodin, Monet, Pissarro, Renoir, Cezanne, van Gogh, Gauguin, Picasso e Matisse. Hai moitas máis coleccións, porén, incluíndo artistas da Rusia imperial, unha selección de xoiaría de Fabergé, e a maior colección existente de antiga ourivaría de Europa oriental e Asia occidental.

  1. "Ermitage". Diciopedia do século 21 II. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 798. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre cultura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.