Saltar ao contido

Accidente de Montrove

(Redirección desde «Voo 118 de Aviaco»)
Accidente de Montrove
Imaxe
 Instancia de
 Causado por
Características
 Nave
Datas
 Data
13 de agosto de 1973 Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Operador/a
Localización
 Lugar de saída
 Lugar de chegada
 País
 Coordenadas
Cifras e dimensións
Feridos0 Editar o valor en Wikidata
Mortes85 Editar o valor en Wikidata
Superviventes0 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/05c0n4v Editar o valor en Wikidata
Número de vooAO118 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

O accidente de Montrove foi o accidente de aviación máis grave da historia de Galicia. Produciuse ao esnafrarse entre unha densa néboa un SE 210 Caravelle da aeroliña comercial Aviaco nas proximidades do aeroporto de Alvedro, o 13 de agosto de 1973. O accidente produciuse debido a un erro humano debido a querer aterrar pese a densa néboa, no canto de proceder ao aeródromo alternativo que figuraba no plano de voo. Faleceron 85 persoas.

Accidente

[editar | editar a fonte]

A aeronave, un SE 210 Caravelle con matrícula EC-BIC, cubría o voo 118, de liña regular entre o aeroporto de Barajas e o aeroporto de Alvedro. O avión engalara en Madrid ás 9:14 da mañá (hora local) e unha hora máis tarde, ás 10:14, ponse en contacto coa torre de control para realizar a aterraxe. Hai unha mesta brétema e recoméndaselle que agarde. O avión realiza unha aproximación para comprobar a visibilidade real, pero volve situarse nos 2000 metros de altura. Tras unha segunda manobra de aproximación, ás 11:20 a torre avisou o piloto, Rafael López Pascual, de que a néboa esvaía, que a visibilidade horizontal aumentara a 1500 m e a vertical a 300 m. O avión tenta achegarse, pero un novo banco de néboa faino desistir. Ás 11:39 volve realizar outra manobra de aproximación, pero bate contra uns eucaliptos e esnáfrase en posición invertida no Pazo do Río (Liáns, Oleiros), a carón de Montrove.

A causa oficial do accidente foi un erro humano, ao tentar o piloto a aterraxe con condicións de visibilidade reducidas.

Falecidos

[editar | editar a fonte]
Monumento no cemiterio de Santo Amaro da Coruña.

Como consecuencia da colisión, o aparato incendiouse e faleceron no acto 78 pasaxeiros e os 6 membros da tripulación. O único sobrevivente foi trasladado ao Hospital Juan Canalejo, hoxe Hospital A Coruña, onde faleceu horas máis tarde. Foron un total de 85 os falecidos.

As vítimas foron enterradas nunha fosa do cemiterio de Santo Amaro. O 13 de agosto de 2014 inaugurouse nese espazo un monumento á súa memoria.[1][2]

Aeroporto

[editar | editar a fonte]

O aeroporto levaba aberto dez anos, dende 1963 pero estivera pechado ata dúas semanas antes do accidente por obras de remodelación e ampliación da pista.

  1. Rodríguez, Miguel (14 de agosto de 2014). "Homenaje 41 años después". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 28 de decembro de 2015.
  2. "Un monumento en San Amaro recuerda a las 85 víctimas del accidente aéreo de 1973". El Ideal Gallego (en castelán). 14 de agosto de 2014. Consultado o 28 de decembro de 2015.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]