Conversa:Accidente de Montrove

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Denominación[editar a fonte]

Aínda que é verdade que na es.wiki se chama este artigo co nome do voo, no conxunto das wikis séguese un dobre tipo de denominación para os accidentes aéreos, en coherencia co sistema xeral de denominacións en toda a wikipedia: o artigo débese titular polo seu nome correcto máis coñecido, e en caso de non existir, pódese empregar un nome científico ou técnico.

Así pois, o nome debería ser Accidente de Montrove, posto que é o nome co que se coñece en Galicia. Se houbese outro accidente en Montrove non sei como se chamaría, quizais Segundo Accidente de Montrove (como a Guerra Mundial). A denominación por "voos" tamén ten outros problemas, entre outras cousas porque se está falando dun accidente que sucedeu un día concreto, e non dun voo, que é a denominación dunha liña comercial operada por unha compañía, que se estende ao longo do tempo, que pode realizarse nun ou en varios tipos de avións, e que incluso pode seguir operando con ese nome despois do accidente aéreo. --Xabier Cid Conversa 22:16, 28 agosto 2008 (UTC)

Neste caso estou dacordo con Xabier Cid, deberiamos emprega-lo nome polo que o accidente é coñecido en Galiza, e non o que usa a wikipedia castelá. AlberteSi, digame? 23:37, 28 agosto 2008 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Accidente de Montrove. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 2 de setembro de 2018 ás 23:23 (UTC)[responder]