Michał Kwiatkowski

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura


Michał Kwiatkowski
Fourmies - Grand Prix de Fourmies, 6 septembre 2015 (B087).JPG
Información persoal
Nacemento Michał Kwiatkowski
2 de xuño de 1990 (29 anos)
Dzialyn, Polonia
Outros nome(s) Kwiato
Nacionalidade Polonia Polonia
Profesión Ciclista
Disciplina Carretera
Twitter: @michalkwiatek
Equipo
Último equipo Team Sky
Perfil de corredorClasicómano e corredor contra o reloxo
Equipo(s) Pro
2010
2011
2012-2015
2016-
Caja Rural
RadioShack
Omega Pharma/Etixx
Team Sky
Principais vitorias
Campionato Mundial en Ruta Gold medal with cup.svg MaillotMundial.PNG (2014)
E3 Harelbeke (2016)
Amstel Gold Race (2015)
Campionato de Polonia en Ruta Gold medal with cup.svg MaillotPolonia.PNG (2013)
Campionato de Polonia Contra o reloxo Gold medal with cup.svg MaillotPolonia.PNG (2014)

Michał Kwiatkowski, nado en Dzialyn o 2 de xuño de 1990, é un ciclista profesional polonés. Actualmente corre para o equipo ProTeam Sky.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 2010 deu o paso ao profesionalismo ao debutar co equipo español Caja Rural. En 2011 fichou polo equipo Team RadioShack e, tras a fusión deste co Leopard-Trek, pasa ao Omega Pharma-QuickStep. O ano 2013 supuxo a súa explosión como ciclista no pelotón internacional, ano no que recibiu o alcume de Tigre do Báltico.

2014: explosión e campionato mundial[editar | editar a fonte]

Comeza a tempada 2014 vencendo nun dos catro trofeos da Challenge Ciclista a Mallorca. Despois consegue a Volta ao Algarve, por diante de corredores como Alberto Contador e Rui Costa, así como dúas etapas, a primeira nun ataque a falta de seis quilómetros de meta, e a segunda nunha exhibición contra o reloxo onde lograría quedar por diante de Adriano Malori e do seu compañeiro de equipo e gran especialista, Tony Martin.[1][2]

A continuación obtería a súa primeira vitoria en Italia ao derrotar ao eslovaco Peter Sagan na Strade Bianche, con quen escapou do pelotón a falta de 20 quilómetros. Na última pendente e a falta de 400 metros a meta Kwiatkowski atacou a Sagan e chegou á meta en solitario,con 19 segundos de renda sobre o seu compañeiro de escapada. Na Volta ao País Vasco rematou segundo na clasificación xeral por detrás de Alberto Contador. Nas Clásicas das Ardenas foi terceiro, tanto na Lieja-Bastoña-Lieja como na Frecha Valoa. Tamén acadaría o quinto lugar na Amstel Gold Race.[3][4]

En xuño proclamouse campión de Polonia contra o reloxo, estreando o maillot que o acreditaba como tal nun dos seus principais obxectivos: o Tour de Francia. Nesta carreira o seu obxectivo era rematar entre os dez primeiros da clasificación xeral, mais non o lograría, quedando vixésimo oitavo e coa sensación de que as carreiras de tres semanas non eran o seu forte.

Ao final da tempada 2014 gañou o Campionato do Mundo en Ruta en Ponferrada (España), logrando así o maillot arco-iris con tan só 24 anos. Obtívoo tras un ataque nos quilómetros finais e cun gran ritmo na última subida, o que lle permitiu aínda maiores diferenzas. Desta maneira chegaba á meta a tan só un segundo dun grupo perseguidor formado por Simon Gerrans e Alejandro Valverde, segundo e terceiro respectivamente, entre outros e a sete segundos do pelotón. Isto supuxo un fito para o seu país, converténdose no primeiro polaco en gañar un campionato do mundo en ruta elite.[5]

2015[editar | editar a fonte]

En abril consegue a Amstel Gold Race despois de ser quinto en 2014 e cuarto en 2013, gañando nun sprint ao español Alejandro Valverde e ao australiano Michael Matthews. Desta maneira é o primeiro polaco en gañar esta carreira e, ademais, vestido de arco da vella.[6]

No mes de setembro o equipo británico Team Sky anuncia a fichaxe de Kwiatkowski para o 2016[7].

Palmarés[editar | editar a fonte]

2009

  • 1 etapa do Tour de Eslovaquia

2012

  • 1 etapa dos Tres Días de Flandes Occidental
  • 2º no Campionato de Polonia Contra o reloxo Silver medal with cup.svg MaillotPolonia.PNG

2013

  • 2º no Campionato de Polonia Contra o reloxo Silver medal with cup.svg MaillotPolonia.PNG
  • Campionato de Polonia en Ruta Gold medal with cup.svg MaillotPolonia.PNG

2014

  • 1 trofeo da Challenge Ciclista a Mallorca (Trofeo Serra de Tramuntana)
  • Volta ao Algarve, máis 2 etapas
  • Strade Bianche
  • 1 etapa do Tour de Romandía
  • Campionato de Polonia Contra o reloxo Gold medal with cup.svg MaillotPolonia.PNG
  • 1 etapa da Volta a Gran Bretaña
  • Campionato Mundial en Ruta Gold medal with cup.svg MaillotMundial.PNG

2015

  • 1 etapa da París-Niza
  • Amstel Gold Race

2016

  • E3 Harelbeke

Resultados en grandes voltas e campionatos do mundo[editar | editar a fonte]

Durante a súa carreira deportiva acadou os seguintes postos nas Grandes Voltas e nos campionatos do mundo:

Carreira 2010 2011 2012 2013 2014 2015
Giro de Italia - - 51º - - -
Tour de Francia - - - 11º 28º Ab.
Vuelta a España - - - - - -
Mundial en RutaMaillotMundial.PNG - 11º - Ab.

-: non participa
Ab.: abandono

Equipos[editar | editar a fonte]

  • Caixa Rural (2010)
  • Team RadioShack (2011)
  • Omega Pharma/Etixx (2012)
    • Omega Pharma-QuickStep (2012-2014)
    • Etixx-Quick Step (2015)
  • Team Sky (2016-)

Notas[editar | editar a fonte]