Plateau de Beille
Tipo | porto de montaña | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Ariège, Francia | |||
| ||||
Cordilleira | Pireneos | |||
A Plateau de Beille (chaira de Beille) é unha estación de esquí francesa, situada nos Pireneos, no departamento de Ariège, pertencente á rexión de Mediodía-Pireneos.
Características
[editar | editar a fonte]A estación de esquí está situada en Ax-les-Thermes, a uns poucos quilómetros do núcleo de poboación e preto tamén da fronteira andorrana. A área é unha extensa chaira situada entre montañas, a unha altitude de entre 1.650 e 2.000 m, e onde se practica principalmente o esquí de paseo, que integra tanto o esquí alpino coma o de fondo, e que non emprega remontes.
O acceso ata a chaira comeza no lugar de Las Cabanas, e salva un desnivel de 1.255 m nunha distancia de 15,8 km, cunha pendente media de 7,9% e máxima de 10,8%. Ten 70 km en pistas de esquí nórdico, ademais de 30 km para camiñar sobre a neve e 4 pistas de zorra de descenso.
É unha chegada habitual do Tour de Francia, que xa rematou tiradas aquí en 1998, 2002, 2004 e 2007,
Ano | Tirada | Con comezo en | Distancia (km) | Categoría da escalada | Vencedor | Líder do Tour |
---|---|---|---|---|---|---|
2007 | 14 | Masamet | 170 | Categoría extra | Alberto Contador | Michael Rasmussen |
2004 | 13 | Lannemezan | 205.5 | Categoría extra | Lance Armstrong | Thomas Voeckler |
2002 | 12 | Lannemezan | 198 | Categoría extra | Lance Armstrong | Lance Armstrong |
1998 | 11 | Bagnères-de-Luchon | 170 | Categoría extra | Marco Pantani | Jan Ullrich |