Mercadona
Mercadona | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
![]() | |||
Tipo | cadea de supermercados ![]() | ||
Personalidades | |||
Fundador/a | Francisco Roig Ballester ![]() | ||
Actividade | |||
Industria | comercio retallista ![]() | ||
Produtos
| |||
Economía | |||
Data | |||
Fundación | 18 de xaneiro de 1977 ![]() | ||
Localización | |||
Sede | Tavernes Blanques e Vila Nova de Gaia ![]() | ||
Lugar de formación | Tavernes Blanques ![]() | ||
Contacto | |||
Páxina WEB | mercadona.com ![]() | ||
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | ||
[ Wikidata ] |
Mercadona é unha empresa española de distribución con sede no municipio de Tavernes Blanques e orixe en La Pobla de Farnals, as dúas na provincia de Valencia.
Os Supermercados Mercadona, cunha sala de vendas dunha superficie media de 1.300 m², responden a un modelo de comercio urbano de proximidade, e manteñen unha variedade en alimentación, drogaría, perfumaría e complementos, que se caracteriza, por potenciar a presenza das súas propias marcas brancas e reducir a oferta daquelas marcas externas que non manteñan un mínimo de rotación.
En xullo de 2014, a compañía estaba presente en 47 provincias de 16 comunidades autónomas cun total de 1.497 supermercados de barrio. En Galicia había 48 supermercados Mercadona repartidos polas catro provincias.[1]
Marcas
[editar | editar a fonte]As súas marcas propias son:
- Hacendado - alimentación
- Deliplus - coidados e cosmética
- Compys - comida para animais
- Bosque Verde - drogaría
- Como Tú - perfumaría muller
- 9.60 - perfumaría home
- Solcare - protección solar
- Dermik - cosmética
Controversias
[editar | editar a fonte]Mercadona tense envolto en varias liortas pola súa organización interna: uso preferente de marcas propias en prexuízo de provedores de fora. Ten sido criticada por obrigar aos seus provedores a manter prezos fixados por Mercadona limitando a competencia e oferta. Diversas empresas que traballan para Mercadona están ligadas a directivos da marca. A súa política antisindical tamén ten sido criticada. Mercadona mantivo unha liorta nos tribunais durante anos co sindicato CNT e diversas folgas o cal tivo que retirarse.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Mercadona.es ¿Dónde estamos?". Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2014. Consultado o 16 de xullo de 2014.
- ↑ "“Mercadona fue un conflicto que marcó un antes y un después en la CNT”".