Saltar ao contido

EVA Air

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
EVA Air
 Instancia de
 Forma xurídica
Persoas e organizacións
 Propietario/a
 Fundador/a
 Matriz
 Ten en propiendade
 Entidades subsidiarias
Actividade
Economía
 Bolsa de valores
Datas
 Fundación / creación
7 de abril de 1989 Editar o valor en Wikidata
 Inicio de actividade
1 de xullo de 1991 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 Enderezo
33801 桃園市蘆竹區新南路一段376號
376, Section 1, XinNan Road, Luzhu District, Taoyuan City 33801, Taiwan
376 Hsin-nan Road, Sec. 1, Luchu, Taoyuan Hsien, Taiwan
33801 桃园市芦竹区新南路一段376号 Editar o valor en Wikidata
 País
Identificadores
Freebase/m/022gjz Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Redes
Facebook: evaairwayscorpen Twitter: evaairwaysjapan Instagram: evaairways Youtube: UCCsMx6WSgoiW9s3g4FyVFPw Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

EVA Air Corporation (chinés: 長榮航空; pinyin: Chángróng Hángkōng) é unha aeroliña taiwanesa baseada no aeroporto internacional de Taiwán Taoyuan preto de Taipei. Opera servizos de pasaxeiros e carga a uns 40 destinos internacionais en Asia, Australia, Europa e Norteamérica.[1] EVA Air é maioritariamente de propiedade privada e opera unha rede de rutas totalmente internacional. É unha aeroliña de 5 estrelas segundo a clasificación de Skytrax.[2] É a segunda aeroliña máis grande de Taiwán, despois de China Airlines.

Dende a súa fundación en 1989 como afiliada do conglomerado do sector do transporte Evergreen Group, EVA Air expandiuse incluíndo ás súas actividades a carga aérea, o cátering de aeroliñas, a asistencia en terra e servizos de enxeñería de aviación. A súa división de carga, EVA Air Cargo, enlaza coa rede de transporte mundial de Evergreen por mar e terra. A súa subsidiaria doméstica e rexional, UNI Air, opera unha rede de medio e curto alcance cara a destinos en Taiwán, Macau e a China tendo o seu prinipal centro de conexións en Kaohsiung.

EVA Air opera unha frota mixta de avións Airbus e Boeing, con Airbus A330, Airbus A321 e Boeing 777 usados principalmente para rutas de pasaxeiros, xunto con Boeing 747-400 e Boeing 777 para rutas de carga. Foi unha das primeiras aeroliñas en introducir a clase "Premium Economy" (chamada Elite Class en EVA Air), que estrearon en 1991 e está dispoñible a bordo dos seus Boeing 777.

Boeing 777-300ER .

En novembro de 2017 a frota de EVA Air estaba formada polos seguintes avións:[3]

Frota de EVA Air
Avión En servizo Pedidos Opcións Pasaxeiros Notas
J K Y Total
Airbus A321-200 22 8 176 184 Operados por EVA Air e Uni Air
Dous avións están transferidos a Uni Air.
B-16206 coa librea de Star Alliance.
Airbus A330-200 3 24 228 252
Airbus A330-300 9 30 279 309
Boeing 777-300ER 34 38 64 221 323 B-16715 coa librea de Star Alliance.
39 56 238 333
39 56 258 353
Boeing 787-9 4[4] TBA As entregas comezarán en xuño de 2018. 4 alugados a ALC.[4]
Boeing 787-10 20[5] 6[5] TBA 18 de Boeing[5] e 2 alugados a ALC.[4]
Frota de EVA Air Cargo
Boeing 747-400BDSF 2 Carga Convertido de avión de pasaxeiros.
Van ser retirados e serán substituídos por Boeing 777F.
Boeing 747-400F 3 Carga Van ser retirados e serán substituídos por Boeing 777F.
Boeing 777F 1[6] 4[7] Carga Entregas dende novembro de 2017 ata 2019.
Substituirán aos Boeing 747-400F e 747-400BDSF.[8]
Total 74 28 6
  1. EVA Air (ed.). "Destinations and Route Maps". Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2018. Consultado o 23 de marzo de 2018. 
  2. Skytrax (ed.). "World's 5-star airlines". Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2018. Consultado o 23 de marzo de 2018. 
  3. Planespotters (ed.). "EVA Airways Fleet Details and History". Consultado o 23 de marzo de 2018. 
  4. 4,0 4,1 4,2 World Airline News (ed.). "EVA Air to lease four Boeing 787-9s and two 787-10s from ALC". Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2018. Consultado o 23 de marzo de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Yahoo News (ed.). "EVA Airways and Boeing sign Taiwan's biggest ever plane deal". Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2017. Consultado o 23 de marzo de 2018. 
  6. Air Cargo News (ed.). "EVA receives first new B777F". Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2018. Consultado o 23 de marzo de 2018. 
  7. Boeing (ed.). "Boeing, EVA Air Finalize Order for Five 777 Freighters". Consultado o 23 de marzo de 2018. 
  8. EVA Air (ed.). "EVA Introduces Boeing 777 Freighter To deploy newest aircraft on Asia-North America air cargo routes". Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2018. Consultado o 23 de marzo de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]