Air New Zealand

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Air New Zealand
Air New Zealand Boeing 747-400 final.jpg
IATA
NZ
OACI
ANZ
Indicativo
NEW ZEALAND
Fundación1939/1940
Inicio das operacións1965
Plan de voo frecuenteAirpoints
AlianzaStar Alliance
SubsidiariasAir New Zealand Link
Frota48 (sen subsidiarias)
Páxina web: http://www.airnewzealand.com/

Air New Zealand Limited é a aeroliña nacional de Nova Zelandia. Ten a súa base en Auckland e realiza voos cara a 27 destinos domésticos e 29 internacionais en 15 países de Asia, Europa, Oceanía e Norteamérica. Foi a única aeroliña que daba a volta ao mundo[1]. Air New Zealand é membro da alianza de aeroliñas Star Alliance dende o ano 1999.

As rutas de Air New Zealand céntranse en Australasia e o Pacífico Sur, con servizos de longa distancia cara Asia, Europa e Norteamérica. O principal centro de operacións da aeroliña está no aeroporto de Auckland e a súa sede sitúase nun edificio chamado "The Hub", a 20 km do aeroporto.

Air New Zealand orixinouse en 1940 como Tasman Empire Airways Limited (TEAL), unha compañía de hidroavións que realizaba voos entre Nova Zelandia e Australia. TEAL pasou a ser propiedade do goberno neozelandés en 1965 e pasou a chamarse Air New Zealand. No ano 1989 gran parte da compañía foi privatizada, pero a maioría volvería ser adquirida polo goberno en 2001.

A aeroliña ten unha frota de longa distancia composta por Boeing 747, Boeing 767, Boeing 777 e Airbus A320 para rutas internacionais. A compañía tamén usa unha frota de Airbus A320 e Boeing 737 para operacións de curta distancia. As subsidiarias rexionais de Air New Zealand, Air Nelson, Eagle Airways e Mount Cook Airline realizan servizos domésticos dentro do país.

Frota[editar | editar a fonte]

Actual[editar | editar a fonte]

En febreiro de 2020 a frota de Air New Zealand estaba formada polos seguintes avións:[2]

Frota de Air New Zealand
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
B P S E Total
Airbus A320-200 23 168 168 Configuración internacional[3]
171 171 Configuración doméstica[4]
Airbus A320neo 4 2 165 165 Substitúen aos A320-200 máis vellos.
Seguintes entregas a partir de 2021.[5][6][7][8]
Airbus A321neo 7 7[9] 214 214
ATR 72-600 25 2 68 68 Proceden de Mount Cook Airline
Boeing 777-200ER 8 26 40 54 192 312 Serán substituídos por Boeing 787-10[10][11]
Boeing 777-300ER 8 44 54 60 184 342
Boeing 787-9 14[12] 27 33 39 176 275
18 21 42 221 302
Boeing 787-10 8[13] TBA Entregas a partir de 2022.[13]
Substituirán aos Boeing 777-200ER.
Bombardier Q300 23 50 50 Proceden de Air Nelson
Total 114 19

Histórica[editar | editar a fonte]

Avión Introducido Retirado Substituto Notas
ATR 72-500 1999 2020 ATR 72-600 Todos tomados de Mount Cook Airline
Boeing 737-200 1968 2001 Boeing 737-300 Algúns foron tomados de NAC
Boeing 737-300 1998 2015 Airbus A320-200
Boeing 747-200B 1981 2000 Boeing 747-400
Boeing 747-400 1990 2014 Boeing 777-300ER Todos desguazados agás un, operado por Wamos Air como EC-MDS
Boeing 767-200ER 1985 2005 Boeing 767-300ER
Airbus A320-200
Boeing 767-300ER 1991 2017 Boeing 787-9
British Aerospace BAe 146-200 2001 2002 Boeing 737-300 Tomados de Ansett New Zealand
British Aerospace BAe 146-300
Douglas DC-8-52 1965 1981 McDonnell Douglas DC-10-30 Un continuou operando tras sen convertido en cargueiro DC-8F-54.
Douglas DC-8F-54 1981 1989 Ningún Convertido dun DC-8-52 de pasaxeiros
Fokker F27-100 Friendship 1960 1980 Fokker F27-500 Friendship Tomados de NAC.
Fokker F27-500 Friendship 1975 1990 Boeing 737-300 Algúns tomados de NAC
Lockheed L-188 Electra 1959 1972 Douglas DC-8-52 Tomados de TEAL
McDonnell Douglas DC-10-30 1973 1982 Boeing 747-200B

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Why fly Air New Zealand round the world? (en inglés)
  2. "Operating fleet". Air New Zealand. Consultado o 2020-12-19. 
  3. "Airbus A320 (International)". Air New Zealand. Consultado o 19 de decembro de 2020. 
  4. "Airbus A320 (NZ Domestic)". Air New Zealand. Consultado o 19 de decembro de 2020. 
  5. "Air NZ buys planes worth $1.6b". NZ Herald (en inglés). Consultado o 2020-12-19. 
  6. "Air New Zealand to go shopping for new ultra-long range planes". NZ Herald (en inglés). Consultado o 2020-12-19. 
  7. "Air NZ commits to taking seven more A321neos". Flight Global. 24 de agosto de 2018. Consultado o 19 de decembro de 2020. 
  8. "Air New Zealand to defer Airbus A320neo family aircraft deliveries". Australian Aviation (en inglés). 2019-03-28. Consultado o 19 de decembro de 2020. 
  9. Hilsz-Lothian, Aaron (2018-11-05). "Air New Zealand takes delivery of their first Airbus A321neo". SamChui.com (en inglés). Consultado o 2020-12-19. 
  10. "Air New Zealand orders eight Boeing 787 jets for long-haul flights". finance.yahoo.com (en inglés). Consultado o 19 de decembro de 2020. 
  11. "Air New Zealand orders 8 Boeing Dreamliners with GE engines". finance.yahoo.com (en inglés). Consultado o 19 de decembro de 2020. 
  12. Mrcaviation (2019-10-28). "3rd Level New Zealand: Air New Zealand Boeing 787-9 ZK-NZR delivered and enters service". 3rd Level New Zealand. Consultado o 19 de decembro de 2020. 
  13. 13,0 13,1 "Air New Zealand announces multi-billion-dollar investment in new fuel-efficient Boeing 787-10 Dreamliners - Media releases | Air New Zealand". www.airnewzealand.co.nz. Consultado o 19 de decembro de 2020.