Saltar ao contido

Porto Santo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Porto Santo
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Datas
 Día festivo
Localización
 Situado en
 Situado na entidade estatística
 Bañado por
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Superficie
   42,48 km² Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
OpenStreetMap1715039 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/039ql7 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Porto Santo é unha illa de Portugal, a 40 km ao nordeste de Madeira. Foi descuberta en 1418 por João Gonçalves Zarco, e ten unha praia de area dourada de case 10 km.

A súa capital é Vila Baleira, onde viviu Cristovo Colón, hoxe en día esa casa é o Museo Cristovo Colón.

A illa presenta unha árida paisaxe lunar de gran beleza, o seu clima mantense seco e estable case todo o ano, polo que é posible bañarse nas súas tépedas augas todo o ano, a illa está salpicada por muíños de vento.

Ademais da súa praia outro punto de interese é o Pico do Castelo, en cuxa cima foi construída unha pequena fortaleza, no século XVII, para facer fronte ás frecuentes invasións dos piratas.

A viaxe entre Madeira e Porto Santo pódese facer en avión desde o aeroporto Internacional de Madeira ao Aeroporto de Porto Santo, tamén en barco desde o porto de Funchal ata Porto Santo.

Sitios turísticos

[editar | editar a fonte]
Vista aérea de Porto Santo.
  • Pico do Castelo
  • Pico do Facho
  • Fonte de Area
  • Ponta da Calheta
  • A Pedeira

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]