Douglas DC-4
Douglas DC-4 | |
---|---|
![]() | |
Tipo | familia de aeronaves ![]() |
Subclase de | airliner with 4 piston-propeller engines (en) ![]() ![]() ![]() |
Produción | |
País de orixe | Estados Unidos de América ![]() |
Fabricante | Douglas Aircraft Company ![]() |
Total producido | 1.244 ![]() |
Datas | |
Entrada en servizo | xaneiro de 1946 ![]() |
Primeiro voo | 14 de febreiro de 1942 ![]() |
Dimensións | |
Altura | 8,38 m ![]() |
Lonxitude | 28,6 m ![]() |
Capacidade | 86 ![]() |
Capacidade máxima | 86 ![]() |
Envergadura | 35,8 m ![]() |
Altitude operacional | 6.800 m ![]() |
Persoas e organizacións | |
Desenvolvedor | Douglas Aircraft Company ![]() |
[ Wikidata ] |
O Douglas DC-4 é un avión catrimotor de pasaxeiros desenvolvido por Douglas Aircraft Company. Serviu durante a segunda guerra mundial, no bloqueo a Berlín e ata os anos 60 como avión militar. Dende 1945 moitas aeroliñas operárono por todo o mundo.
Deseño
[editar | editar a fonte]Despois de que o DC-4E demostrase ser complicado de manter e pouco rendible, Douglas respondeu ás peticións de Eastern e United cun substituto máis pequeno e sinxelo. Antes de que o definitivo DC-4 puidese entrar en servizo, o estoupido da segunda guerra mundial causou que a produción se canalizase cara a Forza Aérea estadounidense, sendo designados os seus avións C-54 Skymaster, mentres que os da Armada se designaron Douglas R5D. O primeiro, un C-54, voou dende Clover Field en Santa Monica o 14 de febreiro de 1942.
O tren de aterraxe en triciclo do DC-4 permitíalle á súa fuselaxe ter unha sección transversal constante na meirande parte da súa lonxitude, polo que puido ser doadamente alongada para os posteriores DC-6 e DC-7. Fabricáronse un total de 1.163 C-54/R5D para as forzas armadas dos Estados Unidos entre 1942 e xaneiro de 1946; 79 DC-4 serían construídos despois da guerra.