Airbus A321

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Airbus A321-200")
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Airbus A321
Iberia.a321-200.ec-jgs.arp.jpg
Tipo Pasaxeiros
Fabricante Airbus
Primeiro voo 11 de marzo de 1993
Introducido xaneiro de 1994
Estado en servizo

O Airbus A321 é un avión civil de pasaxeiros de Airbus, o consorcio europeo de fabricación de aeronaves. É unha versión alongada do A320 con cambios mínimos. A superficie alar alongouse lixeiramente e o tren de aterraxe reforzouse. É propulsado por motores CFM56 ou V2500.

Algunhas compañías elixiron este avión en vez do Boeing 757, xa que ten a mesma capacidade e comparte comunalidade cos outros avións da familia: o A318, o A319 e o A320. Isto inclúe os avanzados mandos fly-by-wire, o que permite que os pilotos dun tipo de avión poidan pilotar os outros con só un par de horas de adestramento.

O alcance con 186 pasaxeiros na configuración típica de 2 clases é de 4 300 km para a versión A321-100, mentres que na 200, debido á súa maior capacidade de combustible, esta cifra aumenta ata os 5 500 km.

Historia[editar | editar a fonte]

O programa A321 comezou no ano 1989 a partir do Airbus A320. Realizou o primeiro voo o 11 de marzo de 1993 e a súa certificación europea conseguíuna en decembro dese ano.

En comparación co A320, o cambio máis importante do A321 é a súa fuselaxe máis alongada, con novas seccións nas partes dianteira e traseira que lle dan 6,93 metros máis de longo. Outros cambios son o reforzo do tren de aterraxe para facer fronte un maior peso, motores máis potentes, un sistema de combustible simplificado e mellorado e pneumáticos máis grandes para mellores freadas. As súas ás lixeiramente modificadas danlle un comportamento moi semellante ao do A320 tendo un pilotaxe case idéntico ao deste modelo e ao A319.

O A321-100 básico ten un menor alcance que o A320 ao non engadírselle un tanque de combustible extra no deseño inicial para compensar o aumento de peso. Airbus desenvolveu o máis pesado A321-200 en 1995 para suplir esta redución de alcance, e conseguiu unha variante capaz de atravesar o océano Atlántico. Isto logrouse cun motores con máis empuxe (V2533-A5 ou CFM56-5B3), reforzos estruturais menores, e unha maior capacidade de combustible coa instalación de un depósito de 2 900 litros (coa opción de instalar un segundo).

Operadores[editar | editar a fonte]

Operadores do A321 ordenados polo número de aeronaves operativas (decembro do 2010)[1].

Notas[editar | editar a fonte]