Portugália

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
TAP Express
CS-TPP Embraer 190 TAP Express LIS.jpg
IATA
NI
OACI
PGA
Indicativo
PORTUGALIA
Fundación 1988
Aeroporto principal aeroporto da Portela
Plan de voo frecuente Victoria
Frota 16
Destinos 23
Holding TAP Portugal
Dirixentes Luiz Plácido Lapa (CEO)
Páxina web: http://www.portugalia-airlines.pt/

Portugália–Companhia Portuguesa de Transportes Aéreos, S.A., operando baixo o nome de TAP Express dende marzo de 2016,[1] é unha aeroliña rexional portuguesa con sede no aeroporto da Portela, en Lisboa, e é subsidiaria de TAP Portugal. Portugália recibíu o título de "Mellor aeroliña rexional" en Europa nos anos 2001, 2002, 2003, 2004, 2005 e 2006, e o premio Skytrax ao mellor persoal de cabina de Europa no ano 2005. Realiza voos regulares nacionais e internacionais dende Lisboa e Porto, ademais de servizos chárter europeos, dende 2007 exclusivamente baixo códigos de voo da TAP. A súa principal base está no aeroporto da Portela, e o seu hub secundario e o aeroporto de Sá Carneiro, en Porto.

Frota[editar | editar a fonte]

En xaneiro de 2017 a frota de TAP Express estaba formada polos seguintes avións:[2]

Frota de TAP Express
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
C Y Total
ATR 72-600 8 70 70 operados por White Airways
Embraer 190 9 110 110
Total 17

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Air Transport World (ed.). "TAP Portugal creates TAP Express to replace Portugalia". Consultado o 5 de marzo de 2017. 
  2. TAP Portugal (ed.). "Frota de TAP". Consultado o 5 de marzo de 2017.