Jinan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 36°40′N 116°59′E / 36.667°N 116.983°E / 36.667; 116.983

Jinan montage.png

Jinan é unha importante cidade do leste de China, capital da provincia de Shandong. Situada na ribeira do río Amarelo no seu curso inferior, ascenden ao sur da urbe as estfibacións do sagrado Monte Tai. Conta cunha poboación de 6.814.000 habitantes (2010 censo prov.) para unha área municipal de 8177 km².

Na actualidade un centro industrial e de transportes, ten unha longa historia que afunde as súas orixes nalgunha das culturas que conformaron a civilización chinesa (a neolítica cultura de Longshan). Coñecida dende o século VIII aC como Li-hsia, importante vila do estado de Chi, foi un senlleiro centro relixioso budista entre os séculos IV e VII da nosa era, mantendo despois (dinastías Sui, Tang, Song e Ming) un constante crecemento coma destacada capital comercial e administrativa.