Jackie Joyner-Kersee

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJackie Joyner-Kersee

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento3 de marzo de 1962 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
East St. Louis, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoAfroamericano Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de California, Os Ánxeles (1980–1985)
East St. Louis Lincoln High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura178 cm Editar o valor em Wikidata
Peso66 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista , heptatleta (pt) Traducir , saltadora de lonxitude , atleta , deportista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Deporteatletismo
baloncesto Editar o valor em Wikidata
Disciplina deportivaHéptatlon
Salto de lonxitude Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoAla Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo Competición
- UCLA Bruins Editar o valor em Wikidata
Participou en
1996Xogos Olímpicos de 1996
1992Xogos Olímpicos de 1992
1988Xogos Olímpicos de 1988
1984Xogos Olímpicos de 1984 Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeBob Kersee (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsAl Joyner (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IAAF: 14314065 Olympic.org: jackie-joyner WikiTree: Joyner-734 Editar o valor em Wikidata

Jacqueline "Jackie" Joyner-Kersee, nada en East St. Louis (Illinois) o 3 de marzo de 1962 é unha ex-atleta estadounidense, considerada das mellores heptatletas e saltadoras de lonxitude da historia. Gañou tres ouros, unha prata e dous bronces nos Xogos Olímpicos. A revista Sports Illustrated for Women votouna como a mellor atleta feminina de todos os tempos. Pertence á xunta da USA Track & Field (USATF), órgano de goberno dese deporte.[1]

Joyner-Kersee é unha filántropa dedicada á educación infantil, igualdade racial e dereitos da muller.[2] É a fundadora da Jackie Joyner-Kersee Foundation, que impulsa a xente nova de East St. Louis a destacar en atletismo e academicamente.[2] Asociouse con Comcast para crear o programa Internet Essentials en 2011. Dende o seu inicio, achegou acceso a Internet a catro millóns de estadounidenses.[2][3][4]

Joyner-Kersee é unha das atletas máis célebres vítimas de asma severa.[5]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Jacqueline Joyner naceu en East St. Louis, Illinois, e recibiu o seu nome por Jackie Kennedy. Como atleta no instituto East St. Louis Lincoln Senior High School, clasificouse para as finais de salto de lonxitude nos 1979 Olympic Trials, acabando 8.ª tras outra estudante de instituto, Carol Lewis.[6] Foi inspirada a competir en probas combiandas tras ver un telefilme de 1975 sobre Babe Didrikson Zaharias. Didrikson, atleta, xogadora de baloncesto e golfista, foi elixida mellor atleta feminina da primeira metade do século XX. Quince anos despois, a revista Sports Illustrated for Women elixiu a Joyner-Kersee como a mellor atleta da historia, por diante de Zaharias.

Joyner-Kersee asistiu á Universidade de California nos Ánxeles, onde participou tanto en atletismo como en baloncesto entre 1980 e 1985. Durante o curso 1983-1984 tivo unha excedencia (“redshirt”) para concentrarse no héptatlon para os Xogos Olímpicos de 1984, en que gañou a medalla de prata. Era a favorita, mais finalizou cinco puntos detrás da australiana Glynis Nunn.

Nos Xogos Olímpicos de 1988 gañou as medallas de ouro en héptatlon e salto de lonxitude; nos de 1992 gañou o ouro en héptatlon e o bronce en salto de lonxitude.

Nos preolímpicos de 1996, feriuse nun tendón, e cando comezaron os Xogos aínda non estaba totalmente recuperada e despois da primeira proba do héptatlon, os 100 metros valos, retirouse. Si puido cualificarse para a final de salto de lonxitude, gañando a medalla de bronce.

En 1996 Joyner-Kersee asinou un contrato para xogar profesionalmente con Richmond Rage na American Basketball League. Aínda que era moi popular entre os afeccionados, só apareceu en 17 partidos e non marcou máis de 15 puntos en ningún deles. O 21 de febreiro de 1998 foi honrada como unha das 15 grandes xogadoras de baloncesto da UCLA.[7]

Dous anos despois de retirarse, tratou de cualificarse para competir en salto de lonxitude nos Xogos Olímpicos de Sydney de 2000. Fracasou no intento ao finalizar sexta na preselección.[8]

En abril de 2001, Joyner-Kersee foi elixida “Mellor atleta feminina colexiada dos últimos 25 anos”. A votación foi realizada entre 976 membros da NCAA.[9]

Récords persoais[editar | editar a fonte]

Vida privada[editar | editar a fonte]

O irmán de Jackie é o campión olímpico de triplo salto Al Joyner, que casou coa tamén campioa olímpica Florence Griffith Joyner. Joyner-Kersee casou co seu adestrador, Bob Kersee, en 1986.[10]

En 1988, Joyner-Kersee creou a Jackie Joyner-Kersee Foundation, que achega á mocidade, xente adulta e familias leccións atléticas e mellora a súa calidade de vida. En 2007, xunto con Andre Agassi, Muhammad Ali, Lance Armstrong, Warrick Dunn, Mia Hamm, Jeff Gordon, Tony Hawk, Andrea Jaeger, Mario Lemieux, Alonzo Mourning e Cal Ripken, Jr. fundou a organización de caridade Athletes for Hope.[11][12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "USA Track & Field - USATF Board welcomes three new members". Usatf.org. 23 de xaneiro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2012. Consultado o 11 de abril de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Brunner, Jeryl. "Legendary Track and Field Olympian Jackie Joyner-Kersee Shares The Best Advice She's Ever Gotten". Forbes (en inglés). Consultado o 18-02-2018. 
  3. "Four million low-income Americans have crossed the digital divide through Comcast’s Internet Essentials program". www.insightnews.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18-02-2018. Consultado o 18-02-2018. 
  4. "Miami’s low-income seniors and youth to benefit as Comcast expands Internet access". Miami Herald (en inglés). Consultado o 18-02-2018. 
  5. "Jackie Joyner-Kersee: Living with Asthma". MedlinePlus the Magazine 6 (3): 9. Fall 2011. 
  6. Hyman, Richard S. (2008) The History of the United State Olympic Trials Track & Field Arquivado 27 de marzo de 2016 en Wayback Machine.. USA Track & Field
  7. UCLA Women's Basketball 2006-2007 Media guide - Copy available at UCLABRUINS.COM
  8. Longman, Jere (17 de xullo de 2000). "After two fouls, it's clear sailing for Jones". New York Times. 
  9. Jackie Joyner-Kersee Is Named The 'Top Woman Collegiate Athlete Of The Past 25 Years Arquivado 02 de novembro de 2007 en Wayback Machine., 25 de abril de 2001. UCLA Bruins official Athletic site
  10. Jackie Joyner-Kersee Arquivado 18 de setembro de 2009 en Wayback Machine.. Sports Reference
  11. Athletes for Hope
  12. "Athletes for Hope". Athletes for Hope. Consultado o 11 de abril de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Lansbury, Jennifer H. A Spectacular Leap: Black Women Athletes in Twentieth-Century America. , 2014. Print.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]