Marion Jones

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Marion Jones
Marion Jones 12 140x190.jpg
Nacemento12 de outubro de 1975
 Os Ánxeles
NacionalidadeEstados Unidos de América e Belize
EtniaAfroamericano
Alma máterUniversidade de Carolina do Norte en Chapel Hill
Ocupaciónbaloncestista e velocista
CónxuxeC. J. Hunter
PremiosBislett medal
editar datos en Wikidata ]

Marion Lois Jones, nada nos Ánxeles o 12 de outubro de 1975, tamén coñecida como Marion Jones-Thompson, é unha ex atleta estadounidense e xogadora de baloncesto cos Tulsa Shock na WNBA. Gañou tres medallas de ouro e dúas de bronce nos Xogos Olímpicos de 2000 en Sydney, mais posteriormente foi desposuída das súas medallas tras admitir que empregara esteroides.[1][2] Jones conservou os seus tres títulos de campioa do mundo que obtivo entre 1997 e 1999.

No momento da súa confesión e asunción de culpabilidade, Jones era unha das deportistas máis célebres ligadas co escándalo BALCO.[3] O caso contra BALCO afectou a máis de vinte deportistas de alto nivel, incluído o ex marido de Jones, o lanzador de peso C.J. Hunter, e o velocista dos 100 m lisos Tim Montgomery, pai do primeiro fillo de Jones.

Marcas persoais[editar | editar a fonte]

Data Proba Lugar Resultado
12 de setembro de 1998 100 m Johannesburg 10.65A
22 de agosto de 1999 100 m Sevilla 10.70
11 de setembro de 1998 200 m Johannesburg 21.62A
13 de agosto de 1997 200 m Zürich 21.76
22 de abril de 2001 300 m Walnut, California 35.68
16 de abril de 2000 400 m Walnut, California 49.59
31 de maio de 1998 Salto de lonxitude Eugene, Oregón 7.31

Resultados individuais[editar | editar a fonte]

Ano Competición Lugar Proba Resultdo Notas
Representando os Estados Unidos de América Estados Unidos
1992 Campionato do Mundo Júnior Seúl, Corea do Sur 5.ª 100 m 11.58 (vento: +0.3 m/s)
7.ª 200 m 24.09 (vento: +0.3 m/s)
2.ª Remudas 4×100 m 44.51
1997 Campionato do Mundo de Atletismo Atenas, Grecia 1.ª 100 m 10.83
10.ª Salto de lonxitude 6.63 m
1998 Copa do mundo da IAAF Johannesburg, Suráfrica 1.ª 100 m 10.65A
1.ª 200 m 21.62A
2.ª Salto de lonxitude 7.00A
1999 Campionato do Mundo de atletismo Sevilla, España 1.ª 100 m 10.70
3.ª Salto de lonxitude 6.83
2000 Xogos Olímpicos Sydney, Australia DSQ 100 m 10.75
DSQ 200 m 21.84
DSQ Salto de lonxitude 6.92
2001 Campionato do Mundo de atletismo Edmonton, Canadá DSQ 100 m 10.85
DSQ 200 m 22.39
2002 Copa do Mundo da IAAF Madrid, España DSQ 100 m 10.90
  • O COI e a IAAF desposuíron a Jones de todas as medallas, puntos e resultados obtidos despois do 1 de setembro de 2000, logo de que admitise o uso de esteroidos antes dos Xogos Olímpicos de verán de 2000.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Associated Press (12 de decembro de 2007). "IOC strips Jones of all 5 Olympic medals". MSNBC.com. 
  2. "Jones Returns 2000 Olympic Medals". Channel4.com. Consultado o 8 de outubro de 2007. 
  3. Schmidt, Michael S.; Zinser, Lynn (5 de outubro de 2007). "Jones Pleads Guilty to Lying About Drugs". The New York Times. Consultado o 5 de outubro de 2007. 
  4. Armour, Nancy (8 de outubro de 2007). "Marion Jones returns her five Olympic medals, accepts 2-year ban". pantagraph.com. Associated Press. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]