Carlos Queiroz
Carlos Queiroz | |||
---|---|---|---|
![]() Queiroz en 2014 | |||
Información persoal | |||
Nome | Carlos Manuel Brito Leal Queiroz | ||
Nacemento | 1 de marzo de 1953 | ||
Lugar de nacemento | Nampula | ||
Altura | 1'83 m | ||
Posición | gardameta | ||
Carreira xuvenil | |||
Anos | Equipos | ||
1968–1974 | Ferroviário de Nampula[1] | ||
Adestrador | |||
Anos | Equipos | ||
1989–1991 | Portugal Sub-20 | ||
1991–1993 | Portugal | ||
1994–1996 | Sporting CP | ||
1996 | NY/NJ MetroStars | ||
1996–1997 | Nagoya Grampus Eight | ||
1998–1999 | Emiratos Árabes Unidos | ||
2000–2002 | Suráfrica | ||
2002–2003 | Manchester United (axudante) | ||
2003–2004 | Real Madrid | ||
2004–2008 | Manchester United (axudante) | ||
2008–2010 | Portugal | ||
2011–2019 | Irán | ||
2019–2020 | Colombia | ||
2021–2022 | Exipto | ||
2022– | Irán | ||
Na rede | |||
![]() ![]() | |||
[ editar datos en Wikidata ] | |||
Carlos Manuel Brito Leal Queiroz, nado en Nampula o 1 de marzo de 1953, é un adestrador de fútbol portugués.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu na provincia de Mozambique, daquela parte de Portugal. Pasou polas seccións xuvenís do Club Ferroviario de Nampula, e chegou a estudar enxeñaría mecánica ata 1974 na Universidade de Lourenço Marques.
En 1975, xa establecido en Portugal, ingresou no Instituto Superior de Educación Física de Lisboa (ISEF) pertencente á Universidade Técnica de Lisboa. Aí logrou a licenciatura en educación física e o mestrado en metodoloxía do adestramento deportivo. Foi asistente da Facultade de Motricidade Humana e profesor de educación física no ensino secundario. En 1984 converteuse en axudante do adestrador Mário Wilson no Grupo Desportivo Estoril Praia.
Adestrador[editar | editar a fonte]
Federación Portuguesa de Fútbol[editar | editar a fonte]
En 1987 entrou na Federación Portuguesa de Fútbol coa función de seleccionador nacional dos equipos xuvenís. Carlos Queiroz pescudou nos métodos utilizados no estranxeiro e mais apostou forte na formación dos xogadores máis novos, o que levou á aparición de figuras como Luís Figo, Rui Costa, Vítor Baía, Paulo Sousa, Abel Xavier, Fernando Couto ou João Vieira Pito. O 22 de marzo de 1989 o presidente da República outorgoulle a Orde do Infante D. Henrique co grao de comendador[2]. Ata 1991 adestrou ás seleccións xuvenís conquistando por dúas veces o campionato no Mundial sub-20 en 1989 en Arabia Saudita mais en 1991 en Portugal.
En 1991 fíxose coas rendas da selección absoluta. Mais Portugal non se chegou a clasificar para a Copa do Mundo de 1994, que tivo lugar nos Estados Unidos e Queiroz abandonou a selección e a federación.
Adestrador fóra da Federación portuguesa[editar | editar a fonte]
Como adestrador do Sporting só venceu a Copa de Portugal correspondente á temporada 1994/1995, batendo na final, no Estadio Nacional do Jamor, ao Marítimo por 2-0.
Logo deixou Portugal e adestrou entón o equipo norteamericano do MetroStars e o xaponés do Nagoia Grampus Eight. Nese período elaborou un plano detallado destinado a profesionalizar os xogadores de fútbol nos Estados Unidos, coñecido como "Q-Report" ou "Project 2010". En xullo de 1998 regresou ao comando dunha selección, a dos Emiratos Árabes Unidos, onde estivo cerca dun ano.
En agosto de 2000 comezou a traballar coa selección de Suráfrica, que conseguiu meterse na Copa do Mundo de 2002. En 2002 asumiu o cargo de axudante de Alex Ferguson no Manchester United, contribuíndo ao título de campión de Inglaterra que o club conquistou. En xuño de 2003 contratouno o Real Madrid como adestrador principal, substituíndo a Vicente del Bosque. Pero non logrou impoñer a súa filosofía de traballo e regresou ao Manchester United para continuar o seu traballo con Alex Ferguson, conquistando varios títulos da Liga inglesa e en 2008 a Liga de Campións da UEFA.
O 11 de xullo de 2008 substituíu a Luiz Felipe Scolari como adestrador da Selección de fútbol portuguesa, co principal obxectivo de cualificarse para a Copa do Mundo FIFA de 2010. Lográndoo e disputando a fase de grupos con Costa do Marfil, Corea do Norte e o Brasil. Logrou dous empates a cero con Costa do Marfil e mais o Brasil, marcando goles tan só contra Corea do Norte, 7-0, terminando en segundo lugar do seu grupo e caendo, nos oitavos de final, diante de España. A Federación Portuguesa de Fútbol anunciou a rescisión de contrato con Carlos Queiroz o 9 de setembro de 2010.
Selección de Irán[editar | editar a fonte]
Presentado oficialmente como seleccionador de Irán o 4 de abril de 2011 logrou a cualificación para o Mundial 2014, celebrado no Brasil, tornándose o terceiro adestrador en clasificar tres seleccións distintas para a Copa do Mundo da FIFA. Irán con Queiroz á fronte volveu lograr a clasficación para o Mundial de 2018.
Selección de Exipto[editar | editar a fonte]
O 8 de setembro de 2021, Carlos Queiroz foi nomeado adestrador de Exipto, en substitución de Hossam El Badry.[3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Carlos Queiroz, player profile". footballzz.co.uk. Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2013. Consultado o 23 de novembro de 2013.
- ↑ Carlos Queiroz en Ordens Honoríficas Portuguesas
- ↑ "كارلوس كيروش مديرًا فنيًا لمنتخب الفراعنة.. ويوجه رسالة لجمهور الكرة في مصر". CNN Arabic. 8 de setembro de 2021.
- Nados en 1953
- Nados en Nampula
- Adestradores de fútbol de Portugal
- Adestradores da selección de fútbol de Portugal
- Adestradores do Sporting Clube de Portugal
- Adestradores da selección de fútbol dos Emiratos Árabes Unidos
- Adestradores da selección de fútbol de Suráfrica
- Adestradores do Real Madrid CF
- Adestradores da selección de fútbol de Irán
- Adestradores da selección de fútbol de Colombia
- Adestradores da selección de fútbol de Exipto
- Adestradores do Mundial de Fútbol de 2022