Ganga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Para o artigo sobre a novela de Antón Lopo, véxase Ganga (libro)

Gangas
Ganga bicinta (Pterocles bicinctus)
Ganga bicinta (Pterocles bicinctus)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Pterocliformes
Familia: Pteroclidae
Bonaparte, 1831
Xéneros

Os Pterocliformes son unha orde de aves neognatas que inclúe unha soa familia, Pteroclidae[1][2] ou Pteroclididae.[3][4] A orde Pterocliformes non é aceptada por todos os autores, de maneira que a familia Pteroclidae inclúese ás veces entre os Columbiformes ou os Ciconiiformes.[3]

Abrangue os xéneros Pterocles e Syrrhaptes, que adoitan coñecerse como cortizois[5] ou gangas.[6] Entre ambos os dous xéneros suman un grupo de 16 especies do Vello Mundo que viven no campo aberto, chairas e semi-desertos sen árbores.

Características[editar | editar a fonte]

As gangas son pequenas, de pescozo e cabeza semellantes ás pombas, pero de corpos robustos e compactos. Teñen ás longas e un voo rápido e directo. Posúen patas emplumadas, e o xénero Syrrhaptes teñen emplumados tamén os dedos. Son de cor marrón clara ou verdosa con manchas.

Voan en bandadas aos seus durmideiros ao amencer e á tardiña. Adoitan pór dous ou tres ovos directamente sobre a terra.

Xéneros e especies[editar | editar a fonte]

Tradicionalmente divídese ás gangas en dous xéneros. Dúas especies de Asia central que son as Syrrhaptes, e o resto son Pterocles, pero estudos recentes pon en dúbida esta división.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Clements, J. F. 2007. The Clements Checklist of Birds of the World, 6th Edition. Cornell University Press. Downloadable from Cornell Lab of Ornithology
  2. Tal e como está usado en Commons
  3. 3,0 3,1 Zoonomen. "Birds of the World -- current valid scientific avian names." (en inglés). Consultado o 15 de setembro de 2009. 
  4. Tal e como está usado en Wikispecies
  5. Entrada cortizol en Digalego
  6. Entrada ganga en Digalego
  7. Nome vulgar galego para esta especie en Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada. Chioglossa, 1 (1999): 121-138 e Lista de las aves de España (ES-EN-CT-GL-EU). Sociedad Española de Ornitología, 2005

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]