Río Irtysh

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Irtysh
Pavlodar-Fiume Irtysh.JPG
O río Irtysh preto de Pavlodar (Kazakhstán)
PaísChina, Kazakhstán, Rusia
Nacementopreto do paso Mang-tai-ch’ia-ta-fan, montañas Altai
Lonxitude4248 km
Conca1 643 000 km2
Caudal medio2150 m3/s
DesembocaduraRío Obi
Ob watershed.png

O rio Irtysh (en ruso: 'Иртыш'; en casaco: 'Ертіс'; en tártaro İrteş / Иртеш) é un río da Asia Central, o maior afluente do río Obi. O seu nome significa Río Branco. Na verdade o Irtysh é mais longo que o río Ob, se se considera só a distancia dende o nacemento ata a confluencia. O principal afluente do Irtysh é o rio Tobol. Os ríos Obi e Irtysh forman unha das maiores bacías hidrográficas de Asia, que conta con gran parte da Siberia Occidental e dos Montes Altai.[1]

Case todo o río é navegábel entre abril e outubro, cando a superfície non se atopa conxelada e polo río navegan barcos de pasaxeiros e de carga. A cidade de Omsk posúe o maior porto fluvial da Siberia Occidental. As importantes centrais hidroelétricas en Öskemen (1952) e en Bakhtarminsk (1959), preto da fronteira entre Kazhakhstán e a China, empregan as augas do Irtysh.

O río alimenta o canal Irtysh-Karaganda que irriga as áridas estepas do Kazakhstán.

Historia[editar | editar a fonte]

Varios pobos mongois e turcos ocuparon as ribeiras do río durante séculos. Nos séculos XV e XVI, os cursos medio e baixo do Irtysh estaban dentro do kanato tártaro de Sibir, conquistado polos rusos na década de 1580. No século XVII, o kanato de Zungaria, formado polo pobo mongol dos oirat, converteuse no estado veciño do sur de Rusia, e controlou a parte alta do Irtysh. Mentres tanto, fundáronse as cidades rusas de Omsk (1716), Semipalatinsk (1718), Ust-Kamenogorsk (1720) e Petropavlovsk (1752).

O Imperio Qing conquistou o estado de Zungaria na década de 1750. A fronteira entre o Imperio Ruso e os Qing (actual fronteira entre Rusia e Kazakhstán no norte e entre Mongolia e a China no sur) estableceuse no século XIX.

Referencia cultural[editar | editar a fonte]

O río Irtysh serve de fondo ao epílogo da novela de 1866 de Fiódor Dostoievski Crime e castigo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Abramof, A. (1865). The lake Nor-Zaysan and its neighborhood. Journal of the Royal Geographical Society of London 35. traducido por John Michell. pp. 58–69. JSTOR 3698078. doi:10.2307/3698078. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]