Río Om
Tipo | río ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Inicio | |||||
División administrativa | Óblast de Novosibirsk, Rusia e Óblast de Omsk, Rusia ![]() | ||||
Final | |||||
División administrativa | Khantia-Mansia, Rusia (pt) ![]() ![]() | ||||
Localización | Río Irtysh ![]() | ||||
| |||||
Afluentes | |||||
Conca hidrográfica | Ob Basin (en) ![]() ![]() | ||||
Características | |||||
Dimensións | 1.091 (![]() | ||||
Superficie da cunca hidrográfica | 52.600 km² ![]() | ||||
Medicións | |||||
Caudal | 64 m³/s ![]() | ||||

O río Om (en ruso Река Омь) é un longo río siberiano, un afluente á marxe esquerda do río Irtysh. O seu curso ten unha lonxitude de 1.091 km e drena unha conca de 52.600 km² (maior en extensión que Costa Rica ou Eslovaquia).
Administrativamente, o río discorre polo oblast de Omsk e o oblast de Novosibirsk da Federación Rusa.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O río Om nace na rexión dos pantanos de Vasiugán, no límite dos oblast de Novossibirsk e Omsk. Discorre en dirección oeste, desaugando pola dereita no río Irtych, na capital siberiana de Omsk.
Os seus principais afluentes son os ríos Icha (Ича) (240 km de lonxitude e unha conca de 3.300 km²), Ougourmanka, Ouzakla, Kama (Кама) e o máis largo de todos, o río Tartas (Тартас) (566 km de lonxitude e unha conca de 16.200 km²).
O río Om baña as localidades de Barabinsk (30.700 hab. en 2007), Kalatchinsk (23.607 hab. en 2008), Kouïbychev (48.200 hab. en 2007) e a capital, Omsk (1.131.100 hab. en 2008).
Ao igual que todos os ríos siberianos, sofre grandes períodos de xeadas (seis meses ao ano, desde finais de outubro-novembro até finais de abril-principios de maio) e amplas extensións de chan permanecen permanentemente conxeladas en profundidade (permafrost). Ao chegar a época do desxeo, inunda amplas zonas que se converten en terreos pantanosos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |