Oleoduto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Oleoduto en Alasca, Estados Unidos.
Oleoduto Trans-Alaska.

Un oleoduto é un sistema de estruturas e tubaxes usadas para o transporte de petróleo e os seus derivados a grandes distancias. Cando se trata do transporte de gas natural, tamén derivado do petróleo, as tubaxes denomínanse gasodutos. As pioneiras no transporte de combustibles por medio de oleodutos foron as compañías de Vladímir Shújov e Branobel a finais do século XIX.

Construción[editar | editar a fonte]

Os oleodutos son o xeito máis económico de transportar grandes cantidades de petróleo por terra. En comparanza co ferrocarril, teñen un custo menor por unidade e tamén maior capacidade. Aínda que é posíbel construír oleodutos baixo o mar, o proceso é moi custoso tanto dende o punto de vista tecnolóxico como económico. Debido a isto, a meirande parte do transporte marítimo faise en petroleiros.

Os oleodutos fanse de tubaxes de aceiro ou plástico cun diámetro interno de entre 30 e 120 centímetros. Onde é posíbel, constrúense na superficie, agás en áreas poboadas ou espazos naturais sensíbeis, nos que se prefire soterralos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]