Saltar ao contido

Porto de España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Porto España»)
Modelo:Xeografía políticaPorto de España
Port of Spain (en) Editar o valor en Wikidata
Fotomontaxe
Imaxe

EpónimoEspaña e porto Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 10°40′N 61°31′O / 10.67, -61.52
EstadoTrinidad e Tobago Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación37.074 Editar o valor en Wikidata (3.089,5 hab./km²)
Xeografía
Superficie12 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porGolfo de Paria (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude3 m Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoPrimeiro ministro de Trinidad e Tobago Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal500234 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
ISO 3166-2TT-POS Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webposcc.gov.tt Editar o valor en Wikidata

Porto de España[1] (en inglés: Port of Spain), é a capital de Trinidad e Tobago e o terceiro concello máis grande do país, logo de Chaguanas e San Fernando. A poboación do seu municipio é de 49.031 (censo de 2000), entanto a poboación metropolitana estimábase en 128.026 no ano 1990.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Porto de España está situada ao noroeste da illa de Trinidad, entre o golfo de Paria, os outeiros do North Range e o pantano Caroni. Parte da cidade está sentada sobre terreos gañados ao mar.

Vista parcial de Porto de España

Estrutura urbana

[editar | editar a fonte]

Porto de España, oficialmente, ten pouca poboación, o que reflicte os estritos límites do seu concello, que inclúen o distrito central de negocios e algúns barrios economicamente deprimidos. Fronte á poboación oficial contrasta a conurbación do corredor leste-oeste que se achega aos 600 000 habitantes.[2] O corredor é unha área edificada ao norte da illa de Trinidad que se estende desde a capital, Porto de España, uns 15 km cara ao leste até Arima, e que inclúe as cidades de Barataria, San Juan, St. Joseph, Curepe, St. Augustine, Tunapuna, Tacarigua, Arouca e mais Five Rivers, nun tempo comunidades diferentes e actualmente distritos que conforman unha área urbana continua. Na súa maior parte espállase ao longo da Eastern Main Road, entre a Churchill-Roosevelt Highway e a base dos outeiros da Northern Range (Cordal Norte).[3]

Porto de España foi fundada pos españois a mediados do século XVI sobre o antigo poboado indíxena de Cumucarapo ou Conquerabia. Foi denominado Puerto de los Españoles.

A fins do século XVIII, o último gobernador, José María Chacón, trasladou a capital da illa desde San José de Oruña (hoxe denominada Saint Joseph) para a cidade. Despois da conquista de Trinidad por Inglaterra, durante as Guerras Revolucionarias Francesas, en 1797, continuou sendo a capital da colonia, mais co novo nome de Port of Spain. Coa independencia do arquipélago (1962) pasou a ser a capital do novo estado.

Anos antes, entre 1958 e 1962, Porto de España foi capital da Federación das Indias Occidentais, aínda que se pensara en facer capital federal a Chaguaramas, ao oeste da cidade.

Economía

[editar | editar a fonte]

Porto de España é o centro comercial, financeiro e de negocios da maior parte do país. Dous dos maiores bancos do Caribe, Republic Bank, Trinidad and Tobago Limited e RBTT (antes Royal Bank de Trinidad e Tobago) teñen aquí a súa sede. Tamén a maioría das oficinas gobernativas están asentadas na cidade. en distintas localizacións: The Government Campus Plaza (en construción), Red House ou Eric Williams Plaza. O porto da cidade é o maior porto de embarques con contedores e ten capacidade abondo para que amarren nos seus peiraos os maiores buques.

A economía de Trinidad baséase no gas natural e o petróleo. Aínda que ningunha industria pesada está situada no mesmo Porto de España, si que unha importante refinaría petroleira, moitas plantas petroquímicas, siderúrxicas e de aluminio sitúanse ou están planificadas en lugares do sur da cidade[4]. Os altos ingresos procedentes da exportación de gas natural serviron para que o país financiase o Port of Spain International Waterfront project. Porto de España ten sona de ser o "eixo industrial" do Caribe, como a cidade máis desenvolvida do seu país.

Comunicacións

[editar | editar a fonte]

O tráfico automobilístico é extremadamente denso, sobre todo ás horas punta. A fin de facilitar o tránsito de entrada e saída a cidade, existen varios proxectos. Un deles é preparar a autovía Churchill-Roosevelt con vías rápidas; outro estender o servizo de buques transbordadores (que cargan vehículos) desde Port of Spain até os centros urbanos máis importantes da costa oeste.

Entre tanto existe un importante servizo de transporte público de autobuses, e privado de minibuses, que serve City Gate, localizado en South Quay, xusto ao sur de Independence Square. O servizo actual de transbordador conecta Porto de España con Scarborough, Tobago.

Para comunicacións aéreas, Porto de España está atendido polo Aeroporto Internacional Piarco, situado na localidade de Piarco, que é o aeródromo internacional de todo o país.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]