Saltar ao contido

Petróglifo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un petróglifo onde se ve unha caravana de ovellas de grandes cornos preto de Moab, Utah, EUA; un tema recorrente nos desertos norteamericanos.

Un petróglifo é unha representación gráfica gravada nas rochas ou pedras. Son o antecedente dos símbolos previos á escritura e o seu uso na comunicación data de hai uns 12.000 anos e chega aos tempos modernos, dependendo da cultura e o lugar, dándose sobre todo a partir do Neolítico.

A palabra provén dos termos gregos petros (pedra) e glyphein (tallar) e foi na súa orixe acuñada en francés como pétroglyphe. Este termo non debe confundirse con pictografía, que é unha imaxe debuxada ou pintada na rocha, aínda que ambos os dous pertencen á categoría xeral e máis ampla da arte rupestre. As petroformas ou modelos e figuras feitas en grandes rochas no chan, tampouco son moi parecidas.

Os petróglifos máis antigos datan do Paleolítico Superior pero aumentan o seu número extraordinariamente no Neolítico, aproximadamente hai 10.000 ou 12.000 anos. Máis adiante, fai ao redor de 7000 ou 9000 anos comezaron a aparecer outros sistemas de escritura como a pictografía e os ideogramas. Os petróglifos seguiron sendo moi comúns e algunhas sociedades menos avanzadas continuaron utilizándoos durante milenios, ata o momento de entrar en contacto coa cultura occidental no século XX. Atopáronse en todos os continentes, exceptuando a Antártida, aínda que se concentran especialmente en partes de África, Escandinavia, Siberia, o suroeste de Norteamérica e Australia.

Interpretación

[editar | editar a fonte]
Petróglifos preto de Qobustan, (Acerbaixán).

Estas imaxes talladas na rocha probabelmente tiñan un sentido cultural e relixioso moi profundo para as sociedades que as crearon, sentido que en moitas ocasións perdeuse. Crese que moitos petróglifos representaban algún tipo de linguaxe ritual ou simbólico aínda non desvelado. Os glifos máis tardíos da Idade de Bronce Nórdica en Escandinavia parece que fan referencia a algún tipo de fronteira territorial entre tribos, ademais dos significados relixiosos que tiveren. Tamén semella que existían dialectos locais ou rexionais entre pobos da mesma familia ou entre veciños. As inscricións en Siberia teñen formas que poderían ser o antecedente das runas, aínda que de momento non se atopou ningunha relación entrámbolos dous e nin sequera se chegou a comprender o seu significado.

Algúns investigadores decatáronse da semellanza existente entre diferentes estilos de petróglifos atopados en todos os continentes. Con todo, non debe ser difícil explicar estilos semellantes xa que todos os seres humanos inspiráronse no que lles rodeaba. Pode deberse a unha sinxela coincidencia, ou ben pode deberse ás migracións que levaron a cabo os diferentes grupos a partir dunha localización común, ou ben pode deberse a unha orixe igual para todos eles. En 1853, George Tate leu un traballo no Berwick Naturalist's Club, co que John Collingwood Bruce coincidía, e no que se sinalaba que os glifos tiñan "...unha orixe común, e indican un significado simbólico co que se representa un pensamento popular". Ao catalogar a arte rupestre escocesa, Ronald Morris chegou a contabilizar ata 104 teorías diferentes após a súa interpretación.

Petróglifo en Mesquite Springs (Death Valley, Arizona).

Outras teorías, máis controvertidas, están baseadas na súa maioría na psicoloxía de Carl Jung e nos estudos do historiador Mircea Eliade, segundo as cales é posíbel que a similitude dos petróglifos e doutros símbolos arquetípicos ou atávicos de diferentes culturas e continentes sexan o resultado dunha estrutura herdada xeneticamente no cerebro humano.

Existen outras teorías que sosteñen que os petróglifos foron realizados polos chamáns nun estado alterado de conciencia, quizais inducido polo uso de alucinóxenos naturais. Demostrouse que moitos dos modelos xeométricos (coñecidos como constantes de forma) que aparecen nos petróglifos e pinturas rupestres están "enroscados" no cerebro humano, ata aparecen con moita frecuencia en problemas de visión e alucinacións producidas polas drogas, a migraña e outros estímulos.

Os vínculos actuais entre o xamanismo e a arte rupestre entre o pobo san do deserto do Kalahari foron obxecto de estudo polo Rock Art Research Institute (RARI) da Universidade de Witwatersrand. Aínda que a arte do pobo san céntrase na pintura, os motivos que se esconden tras esta poden botar algo de luz e ser a base para a comprensión doutros tipos de arte, incluíndo os petróglifos. Como aparece no sitio web do RARI:

Ao utilizar o coñecemento das crenzas do pobo san, os investigadores demostraron que a arte realiza un papel fundamental nas vidas relixiosas dos seus pintores. A arte captou cousas que o mundo san viu tras os rostros de pedra: o outro mundo habitado por criaturas e espíritos, ata o que os danzaríns poderían viaxar baixo formas animais e de onde as persoas en éxtase poderían tomar poder e levalo ao seu mundo para curar, facer chover etc..

Relación de petróglifos no mundo

[editar | editar a fonte]

Asia-Pacífico

[editar | editar a fonte]

Suramérica

[editar | editar a fonte]

Norteamérica

[editar | editar a fonte]

As gravuras existentes en Galiza conforman o chamado Grupo Galaico de Arte Rupestre. Todas elas se realizaron sobre granito, aínda que non se sabe se esta foi unha escolla intencional ou se é que se trata simplemente do material máis duradeiro, e por ese motivo chegaron ata os nosos días.

A maior parte dos petróglifos descubertos e chegados á actualidade dan como resultado que é no sur de Galiza, na provincia de Pontevedra e concretamente no val do río Lérez, onde se conservan a maior parte dos gravados. Canto máis lonxe deste lugar cara ao norte ou ás provincias de interior diminúe o número, estando case sempre relacionados cos vales dos ríos.

Oriente Medio

[editar | editar a fonte]
  1. Abstractos: son debuxos sen unha xeometría clara. Poden estar sos ou formando conxuntos.
  2. Xeométricos: debuxos que si teñen unha xeometría clara. Cruces, esvásticas, círculos, cadros axadrezados, soles etc.
  3. Figurativos ou representativos: simbolizan figuras, xa sexan humanas (pegadas de pés) ou animais (leóns, xirafas etc.).
  4. Obxectos: representan obxectos. Frechas, carros, barcos.

Ao non ser unha ciencia exacta, as conxecturas feitas sobre o significado dos petróglifos son moi variadas. Pero en xeral segundo o tipo de petróglifo hai unha explicación aproximada.

  1. Abstractos: representan deuses ou constelacións.
  2. Xeométricos: marcar territorios, uso en cerimonias relixiosas.
  3. Figurativos ou representativos: boa sorte para a caza, procura da fertilidade feminina.
  4. Obxectos: pregarias aos deuses para unha boa caza ou colleita.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Beckensall, Stan e Laurie, Tim (1998). Prehistoric Rock Art of County Durham, Swaledale and Wensleydale. County Durham Books. ISBN 1-897585-45-4. 
  • Beckensall, Stan (2001). Prehistoric Rock Art in Northumberland. Tempus Publishing. ISBN 0-7524-1945-5. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]