Condado de Durham

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
O condado de Durham en Inglaterra.

O condado de Durham é un dos corenta e sete condados de Inglaterra, Reino Unido, con capital na homónima Durham. Situado na rexión Nordeste limita ó norte con Northumberland e Tyne e Wear, ó leste co mar do Norte, ó sur con Yorkshire Norte e ó oeste con Cumbria.[1]

É un condado de fortes contrastes: a zona interior está escasamente poboada mentres que o litoral está altamente urbanizado. Durante un tempo foi un dos principais puntos da industria mineira do carbón.[2]

A forma do nome do condado é única en toda Inglaterra. Moitos condados reciben o seu nome a partir da súa capital, polo que neste caso o nome tería que ser "Durhamshire". O motivo polo que se lle chama condado de Durham é que os Príncipes-Bispos de Durham exerceron o seu poder noutras rexións afastadas do condado polo que a parte interior recibiu o nome de condado de Durham en oposición ó resto do "estado de Durham".

Notas[editar | editar a fonte]