Saltar ao contido

Alfabeto rúnico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Runa»)
Historia do alfabeto

Idade de Bronce Medio ss –XIX - -XV

Meroítico s. –III.
Xenealoxía completa
Campá da igrexa de Saleby, Västergötland, Suecia, que contén unha inscrición de 1228 en futhark

O alfabeto rúnico (en protonórdico: ᚱᚢᚾᛟ runo, e en nórdico antigo: rún) ou Futhark —termo formado a partir do nome das seis primeiras letras deste alfabeto, que se chamaban runas— era o alfabeto utilizado polos antigos pobos de lingua xermánica (como os anglos e nórdicos).

Tamén se empregaba na adiviñación e na maxia. Ao contrario das letras do alfabeto latino, as runas teñen sensos intrínsecos. O feito, con todo, é que o alfabeto latino é o froito dunha longa e lenta evolución, herdanza dos etruscos, cuxo alfabeto era tamén o froito da herdanza dos fenicios; como todos os alfabetos tiveron como orixe os pictogramas, que tiñan un significado simbólico, é bastante improbábel que os pobos xermánicos puideran inventar un alfabeto a partir do nada uns milenios despois do nacemento dos primeiros alfabetos. Unha moeda etrusca que representaba os atributos de Atenea atopada no Valais, en Suíza, traza bastante ben o camiño que debeu percorrer o alfabeto cara ao norte antes de os pobos nórdicos adaptáreno ás súas propias linguas. É moi probábel que o futhark primitivo de 24 letras derive dos alfabetos alpinos, que á súa vez provirían do etrusco.

A raíz indoeuropea da palabra runa, *run, significa «misterio» ou «segredo» e isto é máis visíbel nun dos derivados: raunen significa «murmurar» ou «falar en segredo».

Hai outros sistemas de escritura emparentados coas runas: as Runas húngaras e o alfabeto runiforme turco chamado Runas göktürk.

Sistema orixinal

[editar | editar a fonte]

Nota: as transliteracións seguen o modelo tradicional.

Futhark orixinal nórdico

O alfabeto orixinal das runas, o futhark de 24 letras, denomínase a miúdo «runa en liña» e estaba organizado en tres grupos de 8 runas cada un, chamados ätter (familias); as ätts de Freyr (ou Frey), as de Hagal e as de Tyr respectivamente, correspondéndose o primeiro carácter de cada grupo co carácter inicial do nome.

O futhark orixinal nórdico de 24 letras, tamén coñecido como o futhark xermánico, é o seguinte:

f  u  þ  a  r  k  g  w
h  n  i  j  e/i  p  z/R  s
t  b  e  m  l  ng  d  o


Futhark orixinal nórdico de 24 letras

Sistemas ulteriores

[editar | editar a fonte]
Máis recente futhark nórdico a variante danesa

O futhark inicial de 24 runas (máis unha runa sen glifo que representaba a «Odhinn») foi abreviado posteriormente a 16 runas ao redor do ano 800, cousa que normalmente se interpreta como unha adaptación que valía para simplificar o traballo do escriba. A maioría das runas de Escandinavia son posteriores a 800 e utilizan as 16 letras:

f  u  þ   ą  r  k
h  n  i   a   s
t  b  m   l   ʀ

Esta é a variante norueguesa/sueca, tamén chamada runa de rama curta. A variante danesa é moi semellante. Pódese ler un exemplo de runas danesas na inscrición da Gran pedra de Jelling.


O máis recente futhark nórdico de 16 runas:

Os outros futharks nórdicos inclúen unha forma sen rama (probabelmente para unha gravación máis rápida) e o futhark medieval (que inclúe runas que representan o alfabeto latino completo).


Variante de Hälsingland en Suecia, sen rama


Variante medieval, que inclúe o alfabeto latino

As runas thorn (ᚦ) e wynn (ᚹ) foron adoptadas na escritura do inglés antigo (coas formas þ e ƿ). Thorn aínda se emprega no alfabeto islandés.


Así podemos, en resumo, falar de dous futhark:

  1. O futhark primitivo: era panxermánico e estivo en uso entre os séculos I e VIII. Constaba de 24 runas, con nomes que se poden reconstruír.
  2. O futhark nórdico: de uso en Noruega, Suecia, Dinamarca e Inglaterra. Tiña xa só 16 runas e empregouse basicamente entre os séculos IX e XII

O futhark anglosaxón, tamén chamado futhork, chegou a ter ata 28 runas distintas.

Orixe das runas

[editar | editar a fonte]

O alfabeto rúnico foi creado por falantes de dialectos de linguas xermánicas co fin de escribiren as súas linguas. Se ben algúns eruditos pretenden que a orixe das runas estaría no alfabeto grego (Morris in Odenstedt 359) ou no latino (Odenstedt 362) a maioría dos eruditos consideran que este alfabeto é unha mestura con diversas orixes.

Seebold5, Krause3, Jensen (571) e Coulmas (1996: 444 ss.) pensan que o alfabeto rúnico é unha mestura de alfabetos noritálicos/alpino cunha influencia latina.

Este pensamento maioritario é máis realista que as explicacións fornecidas por Morris e Odenstedt.

Algunhas letras teñen unha orixe latina evidente, por exemplo as runas para /f/ e /r/, outras que lembran — polo menos en relación co formato — os alfabetos alpinos, por exemplo a runa /h/. Tamén hai signos que tanto poden ser latinos como alpinos, por exemplo a runa /i/. Bernal (36) pensa que había tamén implicado algúns substratos de alfabeto; Miller (62) pretende que as orixes do alfabeto rúnico son o mediterráneo arcaico. Ningunha das dúas explica as razóns das súas opinións. No mesmo traballo, Miller escribe tamén que os parámetros fonéticos sobre os que se basea o alfabeto rúnico son claramente semíticos e están ligados aos guións de Biblos, Ugarit e o alfabeto fenicio. No curso do tempo desenvolvéronse varios guións rúnicos diferentes, incluído un sistema anglosaxón que mesmo tiña diferenzas para /k/ e /c/ (inglés moderno /tS/). Este último simbolizado pola vella runa /k/; foi creado un novo símbolo para o anglosaxón /k/.

Utilización das runas

[editar | editar a fonte]
Pedra con runas, # Ög165, no exterior da igrexa de Vårfrukyrkan, Skänninge, Östergötland, Suecia.

As runas utilizábanse ordinariamente para inscricións en madeira, metal ou pedra. As runas consistían principalmente en marcas verticais e diagonais, con menos marcas horizontais ou curvadas (algunhas versións das runas non teñen ningunha). O trazado das runas axudaba á súa gravación na madeira.

As runas máis antigas que chegaron ata nós datarían do ano 200, e normalmente acéptase que non se inventaron antes do ano 1. Esta runas primitivas (ata máis ou menos o ano 650) parecen empregar o mesmo futhark de 24 runas. A maioría destas inscricións son moi curtas e incomprensíbeis, e en case que todos os casos son difíciles de traducir e de estarmos seguros de en que lingua concreta están redactadas. A maioría des runas conservadas están en pedra, porén existen algúns fragmentos en madeira, cortizo e óso, e algunhas en pergameo, sendo o máis famoso o Codex Runicus.

Semella que as runas poderían ser máis antigas. A runa para o son æ, como en inglés sAd, non se empregaba na escritura, pois nesta época as linguas xermánicas carecían dese son. Con todo, aparece sempre en todas as listas de caracteres. Porén, no protoxermánico occidental parece ter existido como un fonema completo.

Máis tarde as runas variaban dun país a outro. O elenco do futhark redúcese a 16 ou 18 runas en Noruega e en Suecia, onde se atoparon a maior parte das runas máis recentes. En Inglaterra o futhark aumenta a sobre 28 runas (máis algunhas outras empregadas soamente a nivel rexional ou para nomes propios estranxeiros).

Case todas as runas que se conservan empregáronse para escribir linguas xermánicas, como o antigo nórdico, o noruegués, o sueco, o inglés antigo, e no caso de bastantes runas antigas, as linguas semellan xermánicas, pero son difíciles de identificar con máis precisión. Só se ten identificado o uso de runas para linguas non xermánicas nalgunhas inscricións en latín escritas con runas inglesas, ou máis ben unha mestura de letras latinas e de runas inglesas.

Se ben as runas foron empregadas para textos maiores, normalmente usábanse para inscricións curtas.

As runas semellan ter caído en desuso ao redor do ano 1000, agás en Escandinavia, onde seguiron a ser empregadas por varios séculos. Certas rexións illadas de Escandinavia aínda as empregaban aos principios da época moderna. No decurso dos séculos, houbo varios renacementos, normalmente por parte de xentes que querían asociarse co pasado dalgún xeito. A moda actual parece parcialmente inspirada por J. R. R. Tolkien e en parte polo misticismo New Age. As runas teñen un valor importante para os adeptos da relixión Ásatrú.

As runas e as súas asociacións mitolóxicas e máxicas

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Maxia rúnica.

Na mitoloxía nórdica o deus Odín está pendurado na árbore Yggdrasil, que representa o mundo, por nove días en sacrificio persoal para levar o regalo das runas á humanidade. Segundo Publio Cornelio Tácito, os antigos pobos xermánicos tiñan o costume de gravar marcas sobre láminas de madeira e seleccionalas como lotes para a adiviñación. Ademais, cada runa está asociada a un deus, e por iso posúe un significado máxico particular, que pode asociarse a outras runas para formar un sortilexio, un amuleto ou unha beizón. Isto unido a varios poemas rúnicos que asocian significados e imaxes ao nome das letras rúnicas levou a algúns ocultistas a intentaren reconstruír os sistemas de adiviñación empregando as letras rúnicas.

Runas e Nacionalismos

[editar | editar a fonte]

En tanto que símbolos xermánicos, as runas foron utilizadas polos Nazis. Algúns símbolos como a runa Odal aparecen sobre as bandeiras neonazis no canto da svastika.

Codificación Unicode

[editar | editar a fonte]

En Unicode, hai 81 caracteres rúnicos:

75 letras rúnicas, 3 signos de puntuación, e outros 3 símbolos empregados no calendario escandinavo.

Runa HTML Letra rúnica
ᚠ Féhu Féoh Fé F
ᚡ V
ᚢ Uruz Ur Ou
ᚣ Yr
ᚤ Y
ᚥ W
ᚦ Thurisaz Thurs Thorn Th
ᚧ Eth
ᚨ Ansuz A
ᚩ Os O
ᚪ Ac A
ᚫ Æsc
ᚬ Oss con rama longa O
ᚭ Oss con rama curta O
ᚮ O
ᚯ Oe
ᚰ On
ᚱ Raido Rad Reid R
ᚲ Kauna
ᚳ Cen
ᚴ Kaun K
ᚵ G
ᚶ Eng
ᚷ Gebo Geofu G
ᚸ Gar
Runa HTML Letra rúnica
ᚹ Wunjo Wynn W
ᚺ Haglaz H
ᚻ Hægl H
ᚼ Hagall con rama longa H
ᚽ Hagall con rama curta H
ᚾ Naudiz Nyd Naud N
ᚿ Naud con rama curta N
ᛀ N en punta
ᛁ Isa Is Iss I
ᛂ E
ᛃ Jeran J
ᛄ Ger
ᛅ Ar con rama longa Æ
ᛆ Ar A
ᛇ Iwaz Eoh
ᛈ Perthro Peorth P
ᛉ Algiz Eolhx
ᛊ Sowilo S
ᛋ Sigel Sol con rama longa S
ᛌ Sol con rama curta S
ᛍ C
ᛎ Z
ᛏ Tiwaz Tir Tyr T
ᛐ Tyr con rama curta T
ᛑ D
Runa HTML Letra rúnica
ᛒ Berkanan Beorc Biarkan B
ᛓ Biarkan con rama curta B
ᛔ P en punta
ᛕ P aberto
ᛖ Ehwaz Eh E
ᛗ Mannaz Man M
ᛘ Madr con rama longa M
ᛙ Madr con rama curta M
ᛚ Laukaz Lagu Logr L
ᛛ L en punta
ᛜ Ingwaz
ᛝ Ing
ᛞ Dagaz Dæg D
ᛟ Othalan Ethel O
ᛠ Ear
ᛡ Ior
ᛢ Cweorth
ᛣ Calc
ᛤ Cealc
ᛥ Stan
ᛦ Yr con rama longa
ᛧ Yr con rama curta
ᛨ Yr islandés
ᛩ Q
ᛪ X
Runa HTML Puntuación rúnica
᛫ Puntuación simple
᛬ Puntuación múltiple
᛭ Puntuación en cruz
Runa HTML Símbolo rúnico (Número de ouro)
ᛮ Símbolo Arlaug (Número de ouro 17)
ᛯ Símbolo Tvimadur (Número de ouro 18)
ᛰ Símbolo Belgthor (Número de ouro 19)

A seguinte liña ha aparecer en caracteres rúnicos se o soporta o navegador de Internet: (gravada sobre a Gran pedra de Jelling)

  • ᛡᛅᚱᛅᛚᛏᚱ ᛁᛅᛋ ᛋᚫᛣ ᚢᛅᚾ ᛏᛅᚾᛉᛅᚢᚱᚴ ᛅᛚᛅ ᛅᚢᚴ ᚾᚢᚱᚢᛁᛅᚴ ᛅᚢᚴ ᛏᛅᚾᛁ ᚴᛅᚱᚦᛁ ᚴᚱᛁᛋᛏᚾᚫ
  • haraltr ias sar uan tanmaurk ala auk nuruiak auk tani karTi kristna
  • Harald que se gañou Dinamarca enteira e Noruega e fixo cristiáns aos daneses

En caso contrario, buscar un navegador que soporte Unicode e unhas fontes que conteñan as runas, véxase máis abaixo.

Exemplos de inscricións

[editar | editar a fonte]
A Pedra de Rök
Foto: Bengt O Åradsson

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Musset, Lucien, 1965, Introduction à la runologie, Paris: Aubier-Montaigne
  • Bernal, Martin, 1990, Cadmean letters. Winona Lake: Eisenbrauns.
  • Jensen, Hans, 1970, Sign Symbol and Script. Londres: George Allen and Unwin Ltd. Translation of Die Schrift in Vergangenheit und Gegenwart. VEB Deutscher Verlag der Wissenschaften. 1958, as revised by the author.
  • Krause, Wolfgang, 1970, Runen. Berlin: Walter de Gruyter (versión francesa: Les Runes, 1995, Paris: Editions du Porte-Glaive).
  • Page, R. I., 1987, Reading the past, volume 4: Runes, British Museum Publications (reeditado por University of California Press, 1993)
  • Miller, D. Gary, 1994, Ancient scripts and phonological knowledge. Amsterdam/Philadelphia: John Benjamins Publishing Company.
  • Seebold, Elmar, 1991, Die Stellung der englischen Runen im Rahmen der Überlieferung des älteren Fuþark In: Bammesberger S. 439-569.
  • Thiollet, Jean-Pierre, 2005, Je m'appelle Byblos, Paris : H & D

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]