Oceánides
(Redirixido desde "Oceánide")
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Na mitoloxía grega (e na romana) as Oceánides (en grego Ὠκεανίδες Okeanídes, plural feminino de Ὠκεανίς Okeanís; en latín Oceanides) eran unhas ninfas fillas de Océano e Tetis.
Eran irmás das Oceánidas (en grego Ποταμοί, Potamoí, 'ríos'; en latín Fluminae) deuses dos ríos, e cada unha delas estaba asociada a unha fonte, estanque, río, lago ou lagoa.[1]
Hesíodo, na súa Teogonía, di claramente que as oceánides eran 3.000, porén só nomea as 41 máis antigas:
Tivo tamén unha sagrada estirpe de fillas que pola terra se encargan da crianza dos homes, en compañía do soberano Apolo e dos Ríos e recibiron de Zeus este destino: Peito, Admete, Ianta, , Electra, Doris, Primno, a divina Urania, Hipo, Clímene, Rodea, Calírroe, Zeuxo, Clitia, Idía, Pisítoa, Plexaura, a encantadora Galaxaura, Dione, Melóbose, Toe, a bela Polidora, Cerceis de graciosa figura, Pluto ollos de boi, Perseis, Ianira, Acasta, Pléione, Xante, a deliciosa Petrea, Menesto, Europa, Metis, Eurínome, Telesto de azafranado peplo, Criseida, Asia, a desexábel Calipso, Eudora, Tique, Ánfiro, Ocírroe e Estixia, a que é máis importante de todas.[2]
Lista de Oceánides[editar | editar a fonte]

As Oceánides de Gustave Doré (1860).
- Acaste
- Admete
- Aetra
- Amaltea
- Amphiro
- Anfitrite – xeralmente considerada como unha Nereida en lugar dunha Oceánide.
- Anquiroe
- Antracia - unha das ninfas que coidaron a Zeus de neno.
- Arxia
- Asia – ninfa da rexión de Asian, irmá de Europa
- Asterodia[3]
- Asterope - nai, con Zeus de Acragas, epónimo de varias antigas cidades coñecidas como Acragas, posibelmente incluíndo Acragas, Sicilia.[4]
- Beroe
- Bolbe
- Cleodora
- Calipso
- Calirroa
- Camarina [5]
- Cafeira[6]
- Cerceis
- Ceto
- Criseis
- Clio - non confundir coa musa Clio,
- Climene - esposa de Iapeto
- Clitie ou Clitia
- Crocale - unha das seis Oceánides máis novas, que atenderon a Artemisa [7][8]
- Daira - nai de Eleusis, con Hermes [9]
- Dione
- Dodone
- Doris – esposa do deus do mar Nereo, nai das cinco Nereidas.
- Eidiia ou Idiia - esposa de Aeetes, nai de Medea.
- Electra - esposa de Taumas, nai de Iris, Arque e as Harpías; non confundir con outras personaxes co mesmo nome, véxase Electra.
- Efira
- Euagoreis
- Eudore
- Europa
- Eurínome
- Faino
- Fiale - unha das seis máis novas Oceánides, que coidaron a Artemisa.
- Filira - nai de Quirón con Cronos.
- Frixa - unha das ninfas que coidaron a Zeus de neno.
- Galaxaure
- Glauque - unha das ninfas que coidaron a Zeus de neno.
- Hagno - unha das ninfas que coidaron a Zeus de neno.
- Hesíone - esposa de Prometeo.
- Hiale - unha das seis Oceánides máis novas, que coidaron a Artemisa.
- Ianira
- Iante – ninfa das nubes violeta de chuvia e das flores violeta.
- Iaque
- Itome - unha das ninfas que coidaron a Zeus de neno.
- Hipo
- Leucipe
- Lisitea
- Melia
- Melibea
- Melite
- Melobose
- Menesto
- Merope
- Metis – deusa da sabedoría, primeira esposa de Zeus.
- Mopsopia - Atica crese que foi denominada antes Mopsopia.[10]
- Mirtoessa - unha das ninfas que coidaron a Zeus de neno.
- Nede - unha das ninfas que coidaron a Zeus de neno.
- Némese
- Néfele - unha das seis más novas Oceánides, que coidaron a Artemisa; non confundir con Néfele, deusa ds nubes.
- Ocirroe
- Oinoe - unha das ninfas que coidaron a Zeus de neno.
- Ozomene - nunha fonte,[11] este nome está substituído por Electra.
- Pasitoe
- Peito
- Peribea
- Perse or Persea
- Petraea
- Pleione – nai das Pléiades, con Atlas
- Plexaure
- Pluto – nai de Tántalo, con Zeus
- Polidora
- Polife - nunha rara versión, nai de Atenea, con Poseidón [12][13]
- Polixo
- Pronoia
- Primno
- Psecas - unha das seis Oceánides máis novas, que coidaron a Artemisa.
- Ranis - unha das seis Oceánides máis novas, que coidaron a Artemisa.
- Rodia
- Ródope
- Stilbo
- Stix – Oceánide do río Stix que fluía nove veces ao redor de Hades; unha excepcional deusa de río femia.
- Teisoa - unha das ninfas que coidaron a Zeus de neno.
- Telesto
- Tique
- Toe
- Urania - non confundir coa musa Urania.
- Xante
- Zeuxo
Outras:
O texto de Hyginus (Fabulae) está danado en algunhas partes, o que fai que algúns nomes das Oceánides sexan incertos, como *Iaea, *Lyris, *Clintenneste, *Teschinoeno.[14]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Hesíodo, Teogonía, páx. 346.
- ↑ Hesíodo, Teogonía, páxs. 346 e ss.
- ↑ Scholia en Apollonius Rhodius, Argonautica, 3. 242.
- ↑ Estevo de Bizancio, Akragantes.
- ↑ Píndaro, Odas Olímpicas, V.
- ↑ Diodoro Sículo, Libro de Historia, V. 55.
- ↑ Calímaco, Himno III a Artemis, 12.
- ↑ Ovidio, Metamorphoses 3. 155.
- ↑ Pausanias, Descrición de Grecia, 1. 38. 7.
- ↑ Suidas, Euphorion.
- ↑ Hyginus, Fabulae 14.
- ↑ Suidas, Hippeia Athena
- ↑ Theoi Project - Polife
- ↑ Hyginus, Fabulae. Prefacio.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Oceánides |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
|
|