Oceánidas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Na mitoloxía grega os Oceánidas (en grego Ποταμοί Potamoí, 'ríos'; en latín Fluminae) eran deuses fluviais, ou deuses-río, personificacións dos ríos aos que se supoñía gobernados por eles. Hesíodo fainos fillos de Océano e Tetis (unha das Titánides) e os enumera, un por cada río coñecido na época. Desta forma, serían irmás das Oceánides.

Representábanse como anciáns de longa barba cos atributos da fauna e a flora propios do río do que tomaban o nome. Lucían guirlandas ou coroas feitas coa vexetación do lugar, ou ben dous cornos, se o río se dividía en varios brazos. Adoitaban invocarse antes de cruzar os ríos, co enorme respecto que merecían. En numerosas esculturas os deuses fluviais apóianse nunha ánfora da que mana a auga do río, ánfora que aparece máis ou menos inclinada dependendo da rapidez coa que circulaban as augas do río correspondente.

Relación de oceánidas[editar | editar a fonte]

Relevo votivo dedicado ao deus Cefiso, representado nunha asemblea divina na que tamén están Aqueloo e un touro antropomórfico (Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]