Saltar ao contido

Quirón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Quirón
Imaxe
 Instancia de
 Venerado por
Biografía
 Sexo
Actividade
 Docente de
Familia
 Nai
 Pai
 Cónxuxe
 Irmá/n
 Fillo/a
Hippe (en) Traducir
Carystus (en) Traducir
Ocyrhoe (en) Traducir
Endeis (pt) Traducir
Chariclus (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
VIAF54949175 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0blcs Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

Segundo a mitoloxía grega, Quirón[1] (do grego: Χείρων; "man")[2] era o centauro superlativo, considerado como o "máis sabio e xusto de tódolos centauros".[3]

Era o fillo do titán Cronos[4] e da oceánide Filira (ou Fílira),[5][6][7] sendo posiblemente irmán de Dolops[8] e Aphrus, o devanceiro e epónimo dos Aphroi, ou os africanos.[9] Quirón viviu principalmente no monte Pelión; alí casou coa ninfa Cariclo, con quen tivo tres fillas, Hipe (tamén coñecida como Melanipe, que quere dicir "égua negra" ou Euipe, "égua boa"), Endeide e Ociroe, e un fillo, Caristo. Unha fonte diferente sinala a Aristaeo como o seu fillo.[10]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Quirón, Peleu e Aquiles de neno.

Quirón foi notable en toda a mitoloxía grega pola súa natureza de coidador da xuventude. As súas habilidades persoais tenden a coincidir coas do seu pai adoptivo Apolo, quen ensinou ó xove centauro a arte da medicina, as herbas, a música, o tiro con arco, a caza, a ximnasia e a profecía, e fíxoo elevarse por enriba da súa natureza bestial.[11] Quirón era coñecido polos seus coñecementos e a súa habelencia na medicina, e a el atribúeselle o descubrimento da botánica e da farmacia, a ciencia das herbas e a medicina.[5]

Como os sátiros, os centauros eran coñecidos por ser salvaxes, luxuriosos, bebedores, violentos estando intoxicados e polo xeral delincuentes sen cultura. Quirón, pola contra, era intelixente, civilizado e amable, xa que non estaba directamente relacionado cos outros centauros[12] pola súa liñaxe.

Como os outros centauros, Quirón foi expulsado posteriormente polos lápitas do seu fogar; porén, ofrecéronse sacrificios na súa honra polos magnesios até un período moi tardío, e a familia dos Cheironidae desa zona, que se distinguiron polo seu coñecemento na medicina, foron considerados os seus descendentes.[13]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para centauro.
  2. Comparado cos dáctilos, "dedos", antigos mestres da arte da metalurxia e sanadores máxicos.
  3. Homero. Ilíada, Libro 11.831.
  4. Saturno, na mitoloxía romana.
  5. 1 2 Plinio o Vello. Naturalis Historia, Libro 7.56.3
  6. Hixino. Poeticon Astronomicon, 2.38.1 ff
  7. Escolio e Apolonio de Rodas, Argonautica 2.1235 citando a Ferecides de Atenas
  8. Hixino: Fábulas mitolóxicas, Prólogo 14: "De Saturno y de Fílira, Quirón y Délope"; o tradutor engade en nota a rodapé que "Probablemente, Dólope era un epíteto de Quirón e Higino creó por error un nuevo personaje". Hixino volve a describir esta xenealoxía de Quirón na fábula 138.
  9. Suda s.v. Aphroi
  10. Lírica grega IV: Baquílides, Fragmento 45 (de Escolio en Apolonio de Rodas)
  11. Xenofonte de Atenas. Cynegeticus. 1; Filóstrato. Heroicus. 9, Icon. ii. 2; Píndaro. Píticas, 9.65.
  12. Homero, Ilíada xi.831.
  13. Plutarco. Symposiacs. iii. 1 ; Müller, Orchom. p. 249.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • William Smith. Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. s.v. Cheiron. Londres (1848)