Rauma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Coordenadas: 61°07′45″N 21°30′20″L / 61.12917, -21.50556

Rauma
Rauma.vaakuna.svg
Localización
Vanharauma3.jpgRauma.sijainti.suomi.2009.svg
País Finlandia
Rexión Satakunta
Sub-rexión Rauma
Xeografía
Superficie 509,49 km²
Demografía
Poboación 39.870 hab. (2012)[1]
Densidade 80,44 hab./km²
Outros datos
Alcalde Kari Koski
Páxina Oficial

Rauma (en sueco Raumo) é unha cidade de Finlandia, situada na rexión de Satakunta, no suroeste do país. Ten unha poboación de 39.870 habitantes segundo o censo de 2012.

O seu centro histórico, a Antiga Rauma é Patrimonio da Humanidade da UNESCO dende 1991.

Historia[editar | editar a fonte]

No século XIV, antes de ser declarada cidade, Rauma contaba cun mosteiro franciscano e unha igrexa católica. En 1550, os habitantes de Rauma recibiron a orde de trasladarse a Helsinqui, mais isto foi contrarrestado con éxigo e Rauma puido continuar o seu crecemento.

Prácticamente a totalidade da cidade de madeira foi devastada nos lumes de 1640 e 1682. O estilo neorrenacentista de moitos edificios é resultado da prosperidade provocada pola navegación. En 1897 Rauma tiña a maior frota de Finlandia, cun total de 57 veleiros. As mercancías eran exportadas principalmente a Alemaña, Estocolmo e os países bálticos. Nos anos 1890, Rauma tivo un colexio universitario que posteriormente foi anexionado á Universidade de Turku. Unha parte do departamento de educación aínda existe en Rauma.

O nome Rauma vén da palabra xermánica strauma, que significa "córrego".[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]