Marianne Ihalainen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMarianne Ihalainen

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de febreiro de 1967 Editar o valor em Wikidata (57 anos)
Tampere, Finlandia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFinlandia Editar o valor em Wikidata
Altura165 cm Editar o valor em Wikidata
Peso68 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogadora de hóckey sobre xeo Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaFinlandia Editar o valor em Wikidata
Deportehóckey sobre xeo Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor em Wikidata
Mano para tirardereita Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1982-2001 Tampereen Ilves Editar o valor em Wikidata
Participou en
febreiro de 1998Xogos Olímpicos de Inverno de 1998
febreiro de 1998ice hockey at the 1998 Winter Olympics – women's tournament (en) Traducir
bronce Editar o valor em Wikidata

Marianne Ihalainen, nada en Tampere o 22 de febreiro de 1967 é unha ex xogadora e adestradora finlandesa de hóckey sobre xeo. Desempeñou toda a súa carreira deportiva en Ilves Naiset, equipo que tamén adestrou durante catro tempadas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Marianne Ihalainen criouse no Rahola, no oeste de Tampere. Alí xogaba con moitos nenos da súa mesma idade e cos seus irmáns, que tamén eran afeccionados aos deportes de xeo, e xogaba no xeo sempre que era posible. Ihalainen tamén xogaba nun equipo de nenas do Ilves, o que non era habitual no club na década de 1970.[1]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 2001 o Ilves conxelou o seu número 16, converténdose deste xeito na primeira xogadora do mundo cuxa camisola se elevou ata o texto dun pavillón.[2]

En 2019 a Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo elevou a súa camisola, sendo a primeira muller en conseguir este recoñecemento á súa traxectoria na selección finlandesa.[3][4]

O 23 de xaneiro de 2020 foi unha das primeiras persoas incluídas no salón da fama do Ilves, coñecido co nome de "Ilves Hockey Legends", xunto con nomes como Raimo Helminen, Lasse Oksanen, Pentti Isotalo, Reijo Hakanen, Pekka Leimu, Risto Siltanen ou os falecidos Niilo Tammisalo (fundador do club), Juhani Linkosuo, Aarne Honkavaara, Jarmo Wasama, Jorma Peltonen ou os membros da familia Tiitola. A cerimonia celebrouse no pavillón de Hakametsä durante o da Liiga que enfrontou o Ilves cos Kärpät de Oulu.[5][6]

Palmarés[editar | editar a fonte]

  • 8 campionatos da SM-sarja: 1985, 1986, 1987, 1988, 1990, 1991, 1992 e 1993
    • 4 medallas de prata da SM-sarja: 1983, 1989, 1994 e 1995
    • 4 medallas de bronce da SM-sarja: 1984, 1999, 2000 e 2001
  • 1 bronce nos Xogos Olímpicos: 1998
  • 6 bronces no Campionato do Mundo: 1990, 1992, 1994, 1997, 1999 e 2000
  • 4 ouros no Campionato de Europa: 1989, 1991, 1993 e 1995
  • 1 bronce no Campionato de Europa: 1996

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Oinonen, Juha (11 de abril de 2024). "ULKOJÄILTÄ OLYMPIALAISIIN – MARIANNE IHALAINEN NÄKI PITKÄLLÄ URALLAAN PÄÄSARJAN ALUN JA ENSIMMÄISET ARVOKISAT". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 16 de abril de 2024. 
  2. "Ihalainen ja Välilä ensimmäiset aateloidut naiskiekkoilijat". Jatkoaika.com (en finés). 11 de novembro de 2007. Consultado o 16 de abril de 2024. 
  3. Hiilloskorpi, Henriikka (13 de abril de 2019). "Jääkiekkolegenda Marianne Ihalaisen paita nostettiin kattoon – "Hieno kunnianosoitus päästä ensimmäisenä miesten tähän asti valloittamaan kattoon"". Yle (en finés). Consultado o 16 de abril de 2024. 
  4. "Marianne Ihalaisen maajoukkueuraa kunnioitetaan Naisten MM-kisojen yhteydessä – 13.4. on ”Ainskin” päivä". Leijonat.fi (en finés). 8 de marzo de 2019. Consultado o 16 de abril de 2024. 
  5. Seppä, Lassi (22 de xeneiro de 2020). "Ilves perustaa oman kunniagallerian − Helminen ja Oksanen ovat ensimmäisten aateloitujen joukossa". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 16 de abril de 2024. 
  6. "ILVES HOCKEY LEGENDS" (en finés). Ilves Hockey. Consultado o 16 de abril de 2024.