Saltar ao contido

Espoo Blues

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Espoo Blues
Fundación1984 (disolto en 2016)
Cidade Espoo,
Uusimaa
Finlandia Finlandia
EstadioBarona-areena
(7.017 espectadores)
LigaLiiga
Campionatos0
Propietario(s)Jääkiekko Espoo Oy
DirectorPetri Pusa
AdestradorFinlandia Lauri Marjamäki
CoresAzul, amarelo e branco
                 
Na rede
http://www.blues.fi/

O Espoo Blues foi un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Espoo (Finlandia). Competiu na máxima competición do hóckey sobre xeo finés, a SM-liiga, onde o seu mellor resultado foi o subcampionato obtido en 2008 e 2011. Xogaba os seus partidos como local no Barona-areena, un pavillon con capacidade para 7.017 espectadores. Despois da tempada 2015-16 o club disolveuse logo da quiebra económica.

O club foi fundado en febreiro de 1984 como Kiekko-Espoo, debutando nunha competición na tempada 1984-85, cando xogou na Segunda División Finesa. En 1988 conseguiron o ascenso á Primeira División Finesa, e en 1992 á SM-liiga tras derrotar ao Joensuun Kiekkopojat por 3-2 nas series ao mellor de cinco partidos. Tero Lehterä anotou o gol da vitoria a pase de Jere Lehtinen.

O Kiekko-Espoo rematou as súas dúas primeiras tempadas na máxima categoría no posto 11 de 12 equipos. Na tempada 1994-95 clasificouse por primeira vez para os 'playoffs, perdendo fronte a Lukko nos cuartos de final. Na tempada 1997-98 sorprendeu ao derrotar nos cuartos de final ao campión da liga regular o TPS. Kiekko-Espoo rematou a tempada na cuarta posición. O verán seguinte o nome do equipo cambiou para adoptar o da cor dominante na súa camisola como local, o azul.

Durante a tempada 1998-99, o equipo trasladouse ao seu pavillón actual, o LänsiAuto Areena (renomeado Barona-areena en 2009 debido a un troco no patrocinador). As primeiras tempadas na súa nova casa foron difíciles a pesar de teren asinado grandes xogadores. Os Blues perdéronse os playoffs en 2001 e 2005. Na tempada 2002-03 realizaron a súa mellor liga regular ao finalizar cuartos, só perdendo fronte ao Tappara (que finalmente se faría co campionato) no tempo extra do sétimo partido dos cuartos de final.

O equipo deu un paso adiante na tempada 2006-07, cando chegou ás semifinais por primeira vez, a pesar de que perdeu en tres partidos fronte Kärpät e o partido pola medalla de bronce fronte ao HPK. Durante a tempada 2007-08 conseguiu un novo récord na súa historia ao conseguir gañar 12 partidos consecutivos. Finalmente remataron a liga regular na segunda posición e derrotaron aos seus rivais locais do HIFK nos cuartos de final e aos seus outros rivais locais, Jokerit, nas semifinais semi-finals, chegando polo tanto por primeira vez a unha final e asegurando a primeira medalla da súa historia. Finalmente o equipo rematou subcampión tras perder nas finais fronte ao Kärpät.

Na tempada seguinte, o equipo finalizou novamente segundo a liga regular, mais caeu fronte a Kärpät nas semifinais, así como fronte a KalPa no partido pola medalla de bronce. A tempada tamén incluíu a súa participación na Champions Hockey League, onde os Blues perderon nas semifinais contra o ZSC Lions suízo, que finalmente se proclamaría campión. A tempada 2009-10 foi difícil e os Blues non conseguiron superar os cuartos de final. Na tempada 2010-11 rematou a liga regular no 9º posto e derrotou ao Kärpät (8º) na rolda clasificatoria para os playoffs. O equipo fixo historia ao converterse no primeiro equipo da SM-liiga que conseguía chegar ata as semifinais logo de disputar a rolda clasificatoria e tras derrotar ao Ässät en seis partidos. Nas semifinais a boa marcha dos Blues continuou e derrotaron en cinco partidos aos campións da liga regular, o JYP. Nas finais o HIFK se impuxo con claridade en catro partidos, mais os Blues conseguiron a medalla de prata por segunda vez na súa historia.

Na tempada 2011-12 remataron oitavos a liga regular. Logo de derrotar a Lukko na rolda clasificatoria para os playoffs, os Blues víanse as caras co KalPa nos cuartos de final. Os Blues fixeron historia outra vez, cando se converteron no primeiro equipo da SM-liiga en gañar as series tras remontar un 0-3 en contra. Non obstante, nas semifinais os Pelicans derrotaron os Blues 4-1.

Xogadores

[editar | editar a fonte]

Números retirados

[editar | editar a fonte]

Espoo Blues retirou dous números de xogadores ao longo da súa historia. Ambos os dous xogadores homenaxeados son finlandeses. A continuación todos os números retirados por Blues:[1]

Números retirados de Espoo Blues
Xogador Posición Carreira Referencias
10 Jere Lehtinen LW 1989-1993 [2]
33 Timo Hirvonen LW 1990-2003
2005-2006
[3]

Denominacións

[editar | editar a fonte]

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Trofeos colectivos

[editar | editar a fonte]
  • O Trofeo Memorial Aaro Kivilinna é entregado cada ano ao mellor equipo de hóckey sobre xeo de Finlandia. O trofeo é determinado pola clasificación final do equipo na Liiga ou Mestis, o seu equipo na liga feminina e os seus equipos en categorías inferiores. Bluees gañou o trofeo un total de sete veces dende a súa creación na tempada 1972–73: 2007, 2009, 2011, 2012, 2013, 2014 e 2015.[4]
  1. "Blues" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 14 de xaneiro de 2022. 
  2. "Jere Lehtinen" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 14 de xaneiro de 2022. 
  3. "Timo Hirvonen" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 14 de xaneiro de 2022. 
  4. Seppänen, Antti (22 de febreiro de 2019). "Kärpät vahvasti kiinni Kivilinna-palkinnossa – nousu kaikkien aikojen ykköspaikalle?" (en finés). Federación Finlandesa e Hóckey sobre Xeo. Consultado o 15 de xaneiro de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]