Saltar ao contido

Winter Classic 2024 (Naisten Liiga)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Winter Classic 2024
123 Total
Ilves 102 3
K-Espoo 122 5
Data3 de febreiro de 2024
PistaKoulukatu
CidadeTampere
Asistencia210
 2012 2025 

O Winter Classic 2024 foi un partido de hóckey sobre xeo feminino ao aire libre que se disputou o día 3 de febreiro de 2024 na pista de xeo de Koulukatu de Tampere entre os dous equipos máis laureados do hóckey sobre xeo feminino finlandés, o Ilves e o K-Espoo. O partido foi valedoiro e formou parte do calendario da tempada 2023-24 da Naisten Liiga, a máxima competición do hóckey sobre xeo feminino en Finlandia.

Ademais do partido estrela entre o Ilves e o K-Espoo, durante a mañá disputáronse partidos de exhibición dos equipos de nenas do club local. Logo dos 60 minutos regulamentarios o K-Espoo impúxose no marcador por cinco goles a tres nun partido moi igualado que non se decidiu ata os instantes finais.

Con 210 persoas nas bancadas, o Winter Classic superou amplamente a asistencia media aos partidos do Ilves no Tesoman jäähalli, aínda que despois do clásico invernal o equipo masculino do Ilves e a Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo recibiron críticas pola falta de apoio ao evento.

Artigo principal: Pista de xeo de Koulukatu.
A pista de xeo de Koulukatu, na que se disputou o partido.

O Winter Classic disputouse na mítica pista de xeo de Koulukatu de Tampere o 3 de febreiro de 2024. A pista forma parte da historia do hóckey sobre xeo finlandés, xa que foi a primeira pista de xeo artificial construída en Finlandia na década de 1950. Koulukatu foi ademais a casa do Ilves Naiset durante case dúas décadas, ata que o equipo se trasladou ao Tesoman jäähalli, no oeste da cidade.[1]

Antecedentes

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Koulukarun lassikko.

O 28 de xaneiro de 2012 houbo un precedente dun partido ao aire libre na daquela denominada Naisten SM-sarja no mesmo escenario e cos mesmos protagonistas, se ben daquela o equipo de Espoo era denominado "Espoo Blues", no chamado Koulukarun lassikko.[2] Nesta ocasión o partido decantouse do lado do equipo local (3-1). As de Tampere foron superiores ao equipo de Espoo, como recoñeceu logo do partido a capitá visitante Essi Hallvar.[3]

O 5 de xuño de 2023 a Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo presentou o calendario da tempada 2023-24. Ao mesmo tempo fixo público que se disputaría un clásico de inverno, un partido ao aire libre, o día 3 de febreiro de 2024 na pista de xeo de Koulukatu, en Tampere, entre o Ilves e o K-Espoo. Con respecto ao evento, a directora do Ilves, Yin Tuorila, sinalou a intención de:[4]

... organizar un feliz evento de inverno para o hóckey feminino e de nenas, tanto co equipo da Naisten Liiga como coas xogadoras novas, familias e fans.

— Yin Tuorila

O 19 de xaneiro o Ilves publicou o cartel do partido nas súas redes sociais, no que aparecía o logotipo do evento xunto coas xogadoras Sanna Lehikoinen (Ilves) e Bianca Kanerva (K-Espoo). Na mesma publicación o equipo de Tampere indicou os eventos que terían lugar antes do partido, coa disputa de partidos dos seus equipos de nenas das categorías N8-10 e N11-13.[5][6]

O equipo de Tampere realizou unha campaña promocional do partido na que participaron as propias xogadoras cun vídeo que publicou nas súas redes sociais.[7] Ademais o Ilves deseñou un gorro conmemorativo do Winter Classic co logotipo do evento que comercializou nos partidos previos como local, así como no propio clásico invernal.[8]

O prezo das entradas para o evento oscilou entre os 3 e os 15 €.[9]

Programa do evento

[editar | editar a fonte]
Ipa, a mascota do Ilves, en Koulukatu durante o Winter Classic.

Ademais do partido que enfrontou aos equipos representativos do Ilves e o K-Espoo, durante a xornada disputáronse outros dous encontros femininos de exhibición dos equipos das categorías N8-10 e N11-13 do Ilves, que abriron a xornada de hóckey en Koulukatu ás 11:00 (UTC +2). Os partidos disputáronse de xeito simultáneo nas dúas pistas de Koulukatu: na pista principal as nenas do equipo N11-13 enfrontáronse ás nenas do HPK de Hämeenlinna, mentres que na segunda pista o equipo N8-10 xogou fronte á nenas do K-Espoo.[10]

Logo dos partidos das nenas os equipos representativos realizaron unha sesión de quecemento no xeo a partir das 12:30 (UTC +2).[10]

Durante toda a xornada de hóckey feminino puido verse polas instalacións de Koulukatu á mascota do Ilves, Ipa, que posou para unha foto con ambos equipos logo do partido da Naisten Liiga. Ademais o club de Tampere instalou unha carpa para a venda de comida.

Despois do partido da Naisten Liiga entre o Ilves e o K-Espoo celebrouse tamén un dobre clásico invernal cos equipos masculinos U16 do Ilves. Nestes partidos o Ilves U16 Akatemia enfrontouse ao S-Kiekko de Seinäjoki, mentres que o outro tivo como protagonistas aos equipos da U16 SM-sarja do Ilves e o Tappara. O Ilves xogou coa camisola clásica a raias verdes e negras, mentres que o Tappara o fixo coa camisola do seu predecesor, o TBK.[11]

Enfrontamentos previos na tempada

[editar | editar a fonte]
Xogadoras do K-Espoo durante o partido fronte o Ilves disputado no Tesoman jäähalli o 29 de novembro de 2023.

O clásico de inverno foi o cuarto partido de liga regular que xogaron ambos equipos na tempada. Antes da disputa do encontro as xogadoras de Espoo gañaran dous dos tres partidos, a pesar de que o equipo de Tampere se impuxera na segunda xornada do Avausturnaus disputado en Espoo grazas a un gol na prórroga de Helen Puputti (3-2).[12][13]

No segundo encontro entre ambos equipos, disputado en Espoo, as xogadoras locais impuxéronse por 5-2 nun partido que estivo marcado pola igualdade, xa que durante os dous primeiros terzos o marcador mantívose nun 1-0 favorable ao K-Espoo, pero que se rompería no inicio do último período, cando Emma Nuutinen anotou dous goles en menos de tres minutos e que pechou Lisette Täks a porta baleira.[14]

O terceiro encontro, disputado en Tampere, resolveuse de novo a favor do K-Epoo (1-3) nun partido no que de novo as de Espoo controlaron o xogo e mantivéronse sempre por diante no marcador. A porteira do equipo de Uusimaa, Tiia Pajarinen, estivo a menos dun minuto de conseguir un shutout, mais o gol de Emilia Varpula a falta de 57 segundos para a conclusión do partido impediu que a porteira rexistrase nas súas estatísticas un partido sen encaixar ningún gol.[15][16]

Os equipos de Espoo e Tampere chegaron ao partido como líder e quinto clasificado da liga regular respectivamente.[a]

Pos. Equipo PX V OTW OTL D GF GC DG Pts
1 K-Espoo 282023313958+8167
5 Ilves 281251108881+747
Xogadoras do Ilves antes do inicio do partido.
Artigo principal: Ilves Naiset.

O Ilves foi un dos equipos fundadores da liga feminina finlandesa, sendo un dos equipos que participaron na súa tempada inaugural. O equipo de Tampere é o único que participou en todas as edicións da competición, da cal se proclamou campión en 10 ocasións, ademais de conseguir 12 medallas de prata e 6 bronces ata a data do evento, do mesmo xeito, é o único equipo finlandés que se proclamou campión dunha competición internacional, foi no ano 2011, cando alzou a IIHF European Women's Champions Cup.[18][19][20] O equipo estivo dirixido por Marjo Voutilainen, quen viviu a súa segunda tempada á fronte do equipo de Tampere.[21] O equipo do Ilves na tempada 2023-24 estivo integrado polas seguintes xogadoras:

Actualizado a 23 de xaneiro de 2024.[22]

# Nac Xogador/a Posición S/G Idade Adquirido/a Lugar de nacemento
1 Finlandia Pohjamo, NeeaNeea Pohjamo G E (24 anos) Joutseno, Finlandia
30 Finlandia Melisa, MörönenMörönen Melisa G E (28 anos) Alavus, Finlandia
35 Finlandia Salla, SivulaSivula Salla G E (27 anos) Tampere, Finlandia
4 Finlandia Lehtiniemi, JennaJenna Lehtiniemi (C) D E (27 anos) Ikaalinen, Finlandia
5 Finlandia Anna, KilponenKilponen Anna D E (30 anos) Orivesi, Finlandia
8 Finlandia Koskinen, JosefinaJosefina Koskinen D E (21 anos) Tampere, Finlandia
23 Finlandia Lehikoinen, SannaSanna Lehikoinen D E (26 anos) Joensuu, Finlandia
25 Finlandia Siira, JohannaJohanna Siira D E (28 anos) Mäntsälä, Finlandia
25 Finlandia Elli, PohjanahoPohjanaho Elli D E (19 anos) Nokia, Finlandia
31 Finlandia Rouhiainen, OonaOona Rouhiainen D E (25 anos) Jyväskylä, Finlandia
33 Finlandia Suoranta, ElliElli Suoranta D D (23 anos) Tampere, Finlandia
33 Finlandia Oksanen, NooraNoora Oksanen D E (23 anos)
55 Finlandia Timonen, Nanna-KatariinaNanna-Katariina Timonen D E (19 anos) Tampere, Finlandia
3 Finlandia Riipinen, VenlaVenla Riipinen F E (26 anos) Mikkeli, Finlandia
6 Finlandia Tenhunen, PinjaPinja Tenhunen F D (24 anos) Jyväskylä, Finlandia
9 Finlandia Puputti, HelenHelen Puputti (A) F E (29 anos) Hollola, Finlandia
11 Finlandia Melotindos, LinneaLinnea Melotindos F E (25 anos) Tampere, Finlandia
12 Finlandia Parkkonen, PihlaPihla Parkkonen F E (24 anos) Mikkeli, Finlandia
14 Finlandia Kaitala, AnniinaAnniina Kaitala (A) F E (28 anos) Hauho, Finlandia
17 Finlandia Ollikainen, VeeraVeera Ollikainen F E (24 anos) Mikkeli, Finlandia
18 Finlandia Ollikainen, TuuliTuuli Ollikainen F E (24 anos) Mikkeli, Finlandia
19 Finlandia Nurminen, AleksandraAleksandra Nurminen F E (23 anos) Ylöjärvi, Finlandia
21 Finlandia Sundman, FredricaFredrica Sundman F D (21 anos)
22 Finlandia Narinen, KiiaKiia Narinen F E (23 anos) Lappeenranta, Finlandia
24 Finlandia Katajamäki, EmmaEmma Katajamäki F E (28 anos) Seinäjoki, Finlandia
26 Finlandia Kuusisto, JuliaJulia Kuusisto F E (19 anos)
27 Finlandia Varpula, EmiliaEmilia Varpula F E (26 anos) Kuortane, Finlandia
44 Finlandia Mylläri, NooraNoora Mylläri F E (25 anos) Vaasa, Finlandia
Xogadoras do K-Espoo antes do inicio do partido.
Artigo principal: Kiekko-Espoo Naiset.

Se ben o hóckey sobre xeo feminino comezou a súa andaina en Espoo a mediados da década de 1970, non foi ata a tempada 1993-94 cando un equipo da cidade competiu na máxima categoría baixo o nome de Kiekko-Espoo, que continuou a historia de equipos como a Espoon Kiekkoseura (EKS). O equipo pasou por diferentes denominacións e viviu a súa etapa máis exitosa baixo o nome de Espoo Blues, baixo a cal gañou 14 campionatos finlandeses. En total o equipo de Espoo ten conseguido 16 campionatos, así como 3 medallas de prata e 6 de bronce.[23][24][19] O equipo estivo dirixido por Sami Haapanen, quen cumpriu a súa 11ª tempada consecutiva á fronte do equipo de Espoo.[25] O equipo do K-Espoo na tempada 2023-24 estivo integrado polas seguintes xogadoras:

Actualizado a 23 de xaneiro de 2024.[26]

# Nac Xogador/a Posición S/G Idade Adquirido/a Lugar de nacemento
31 Finlandia Pajarinen, TiiaTiia Pajarinen G E (27 anos) Polvijärvi, Finlandia
35 Finlandia Drufva, MinjaMinja Drufva G E (24 anos) Lohja, Finlandia
53 Finlandia Koljonen, TeaTea Koljonen G E (24 anos)
70 Finlandia Packalen, LilliLilli Packalen G E (21 anos)
5 Finlandia Timonen, VilmaVilma Timonen (A) D (20 anos)
13 Finlandia Eronen, AdaAda Eronen D E (21 anos) Espoo, Finlandia
20 Finlandia Valkjärvi, ReettaReetta Valkjärvi (C) D E (29 anos) Hollola, Finlandia
27 Finlandia Järvinen, RiikkaRiikka Järvinen D E (25 anos)
33 Finlandia Paasilinna, HetaHeta Paasilinna D (21 anos)
34 Polonia Zielinska, JuliaJulia Zielinska D (21 anos)
43 Finlandia Lampinen, JeninaJenina Lampinen D D (19 anos)
61 Finlandia Pöntinen, VeeraVeera Pöntinen D (20 anos)
77 Finlandia Kanerva, BiancaBianca Kanerva D E (20 anos) Kirkkonummi, Finlandia
88 Finlandia Lehtopelto, SiruSiru Lehtopelto (A) D E (29 anos) Lohja, Finlandia
89 Finlandia Saarni, RiiaRiia Saarni D D (18 anos) Lohja, Finlandia
7 Finlandia Holström, ZaidaZaida Holström F D (30 anos) Oulu, Finlandia
12 Finlandia Kemppainen, ElliElli Kemppainen F (20 anos)
15 Finlandia Tuominen, MinnamariMinnamari Tuominen F D (35 anos) Helsinqui, Finlandia
16 Finlandia Koskipalo, NeaNea Koskipalo F E (22 anos)
17 Finlandia Katajamäki, NeaNea Katajamäki (A) F D (29 anos) Espoo, Finlandia
19 Finlandia Haukijärvi, Tinja-MariiaTinja-Mariia Haukijärvi F E (28 anos) Järvenpää, Finlandia
21 Finlandia Toivonen, AliisaAliisa Toivonen F E (25 anos)
22 Finlandia Schalin, JuliaJulia Schalin F E (20 anos) Espoo, Finlandia
23 Finlandia Talvitie, ElsaElsa Talvitie F (21 anos)
24 Finlandia Grönlund, EricaErica Grönlund F E (20 anos)
25 Finlandia Österlund, LindaLinda Österlund F E (31 anos)
28 Finlandia Virtanen, HenniHenni Virtanen F E (23 anos)
61 Finlandia Nuutinen, EmmaEmma Nuutinen F E (29 anos) Helsinqui, Finlandia
62 Finlandia Käyhty, NiaNia Käyhty F E (20 anos)
87 Finlandia Täks, LisetteLisette Täks F E (20 anos) Tartu, Estonia

O partido

[editar | editar a fonte]

Ás 13:00 (UTC +2) deu inicio o punto culminante da xornada de hóckey sobre xeo organizada po club de Tampere, o partido da Naisten Liiga entre o equipo local, o Ilves e o K-Espoo, que chegaba a Pirkanmaa como líder da competición.[27] Poucos minutos antes do inicio un corredor integrado polas nenas que participaran nos partidos de exhibición previos levou ás xogadoras de ambos equipos ao xeo de Koulukatu.[28] Xa coas xogadoras da primeira liña de cada equipo sobre o xeo, dúas nenas da escola de hóckey do equipo de Tampere realizaron o saque de honra antes do pitido inicial.[10]

A pesar da vitoria final do K-Espoo por 3-5, o partido estivo igualado e non se decidiu ata o final do último período.[29] O xogo tivo lugar nunhas moi boas condicións para xogadoras e público, cuns poucos graos positivos e tempo parcialmente soleado con refachos de vento frío que non chegaron entorpecer o xogo.[27]

No minuto 14:34 a defensora do Ilves Anna Kilponen abriu o marcador nunha xogada na que tamén participaron como asistentes Helen Puputti e Emilia Varpula. Con todo, o equipo de Espoo equilibrou o marcador un minuto máis tarde, cando Tinja-Marii Haukijärvi conseguiu superar á porteira local, Salla Sivula (minuto 15:32).[30]

Aos catro minutos do comezo do segundo período, unha xogada de Reetta Valkjärvi e Nea Katajamäki culminou co gol de Aliisa Toivonen (minuto 24) para poñer o 1-2 no marcador a favor das visitantes, que pouco máis de cinco minutos máis tarde ampliaron a vantaxe por medio de Julia Schalin a pase de Reetta Valkjärvi (minuto 29:18).[30]

Xa no terceiro período, unha expulsión de Reetta Valkjärvi propiciou o gol do equipo local cando Anniina Kaitala aproveitou un pase de Emilia Varpula a falta de dous segundos para que o K-Espoo recuperara a xogadora expulsada, poñendo deste xeito o 2-3 no marcador (minuto 48), e en menos dun minuto Noora Mylläri conseguiu igualar o marcador a pase de Linnea Melotindos (minuto 48:31). Con todo, no minuto 53:34 Nea Katajamäki puxo outra vez por diante ás visitantes. Logo dun tempo morto solicitado pola adestradora do Ilves Marjo Voutilainen, o equipo local decidiu xogar sen a súa porteira para procurar a vantaxe numérica, mais logo dun minuto de xogo sen Sivula na portería, o stick de Elli Suoranta rompeu ao golpear o disco, que Tinja-Marii Haukijärvi recolleu e golpeou dende o seu propio campo para colocar o 3-5 definitivo no marcador a porta baleira (minuto 59:39).[30][27]

As xogadoras máis destacadas por parte do K-Espoo foron Tinja Haukijärvi (2+0), Julia Schalin (1+1), Aliisa Toivonen (1+1), Nea Katajamäki (1+1) e Reetta Valkjärvi (0+2), mentres que por parte do Ilves tan só Emilia Varpula (0+2) rexistrou dous puntos.[29]

3 de febreiro de 2024
13:00
Ilves 3 - 5
(1–1, 2–0, 2–2)
K-Espoo Koulukatu (Tampere)
Asistencia: 210

Asistencia

[editar | editar a fonte]
Bancada de Koulukatu durante o Winter Classic 2024.

O partido rexistrou unha asistencia de 210 persoas nas bancadas,[30] o que supón máis do dobre da asistencia habitual aos partidos do Ilves na súa cancha habitual, o Tesoman jäähalli, situado no distrito de Tesoma, ás aforas de Tampere, que acolle a unha media de 83 persoas por partido. Ao final do partido, a xogadora local Linnea Melotindos valoraba especialmente a presenza de nenas e nenos nas bancadas Koulukatu e expresaba o seu desexo de que en todos os partidos houbese unha afluencia de público así.[7][27]

A Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo retransmitiu o partido en directo vía streaming a través de Leijonat TV, como sucedeu co resto de partidos da Naisten Liiga.

Na edición impresa do xornal Aamulehti do día 4 de febreiro Kirsi Teiskonlahti criticou duramente tanto o equipo masculino do Ilves coma a Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo pola falta de difusión do evento, que nunha cidade como Tampere e celebrado tan preto do centro da cidade tiña un público potencial suficiente para superar as 210 persoas nas bancadas. Teiskonlahti sinalaba que no partido que o equipo masculino xogara o día antes do Winter Classic fronte aos Kärpät no Nokia Arena non se fixera ningún tipo de anuncio nun partido no que había máis de 8 500 persoas nas bancadas. Tamén citou a nula difusión por parte da federación, que non publicou nada sobre o evento nin antes nin despois do mesmo.[27]

No Winter Classic 2024 a xogadora do K-Espoo Tinja-Mariia Haukijärvi alcanzou os 300 partidos xogados en liga regular, converténdose na terceira xogadora en activo no momento con máis partidos xogados por detrás de Johanna Juutilainen (KalPa) e Anniina Kaitala, que disputou o partido nas filas do Ilves.[7]

O partido viu o regreso á Naisten Liiga da defensa estrela do K-Espoo, Minttu Tuominen, que xogou moitos minutos no seu regreso a Finlandia logo de pasar polo Shenzhen KRS da liga chinesa.[27][31]

Por parte do Ilves, a súa capitá, a defensora Jenna Lehtiniemi tivo que abandonar a metade do partido por mor dunha lesión, aínda que xusto despois do encontro a adestradora do Ilves, Marjo Voutilainen, non puido sinalar cal era o estado de Lehtiniemi, á que considerou "unha peza importante do equipo".[27]

  1. O HIFK foi penalizado coa perda de seis puntos antes de comezar a competición por non xestionar a transferencia internacional dunha xogadora estranxeira ao equipo na tempada precedente, polo que o K-Espoo lideraba a competición malia a ter catro vitorias menos que o equipo de Helsinqui.[17]
    Referencias
    1. Mennander, Pasi (13 de xaneiro de 2012). "SM-sarjakiekko palaa Tampereen Koulukadulle - Ulkojääottelu 28.1.2012!" (en finés). Leijonat.fi. Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2023. Consultado o 20 de xaneiro de 2024.
    2. "Naisten SM-sarjaa: Koulukarun Lassikko la 28.1.2012" (en finés). Ilves Hockey. 23 de xaneiro de 2012. Consultado o 20 de xaeiro de 2024.
    3. Mennander, Pasi (29 de xaneiro de 2012). "Ilves vei Koulukarun lassikon - Upea ilma kruunasi hienon tapahtuman" (en finés). Leijonat.fi. Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2023. Consultado o 20 de xaneiro de 2024.
    4. Mennander, Pasi (5 de xuño de 2023). "Naisten Liigan otteluohjelma on julkistettu – Runkosarja alkaa 9.9.2023 ja päättyy 25.02.2024" (en finés). Leijonat.fi. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2023. Consultado o 20 de xaneiro de 2024.
    5. "Winter Classic 2024! 💚💛" (en finés). Ilves (Facebook). 19 de xaneiro de 2024.
    6. "Cartel do partido" (en finés). Ilves (Instagram). 19 de xaneiro de 2024.
    7. 1 2 3 Seppä, Lassi (3 de febreiro de 2024). "Ilves ja Kiekko-Espoo mittelivät talviklassikkohengessä Koulukadun kentällä − "Olisi hienoa saada jokaiseen peliin tällaista"". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 4 de febreiro de 2024.
    8. "Anuncio do gorro conmemorativo" (en finés). Ilves (Facebook). 22 de xaneiro de 2024. Consultado o 7 de febreiro de 2024.
    9. "ILVES NAISET ILMOITTI TAPAHTUMAN. Winter Classic" (en finés). Aamulehti. Consultado o 7 de febreiro de 2024.
    10. 1 2 3 "🔥 Winter Classic 2024 Otteluohjelma 🔥" (en finés). Ilves (Facebook) . 2 de febreiro de 2024. Consultado o 4 de febreiro de 2024.
    11. Huikuri, Samuli (4 de febreiro de 2024). "Koulukadulla pelattiin jälleen − vuorossa naiset ja U16-nuoret (galería de imaxes do Winter Classic)" (en finés). Jatkoaika.com. Consultado o 6 de febreiro de 2024.
    12. Löfman, Heikki (10 de setembro de 2023). "Naisten Liiga: Avausturnaus paketoitiin pitkän kaavan kautta – Puputti nousi Ilveksen sankariksi" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 21 de xaneiro de 2024.
    13. Seppä, Lassi; Nikulin, Antti (10 de setembro de 2023). "Naisten Liigan avaustapahtuma: Viikonloppu tarjosi monta jännitysnäytelmää – lue raportit jokaisesta pelistä" (en finés). jatkoaika.com. Consultado o 21 de xaneiro de 2024.
    14. Löfman, Heikki (22 de outubro de 2023). "Naisten Liiga: Nuutisen tehot liikaa Ilvekselle – RoKi katkaisi tappioputkensa KalPan kustannuksella" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 22 de xaneiro de 2024.
    15. Löfman, Heikki (29 de novembro de 2023). "Naisten Liiga: Kiekko-Espoo haki pisteet Tampereelta, Pajarisen nollapeli jäi 57 sekunnin päähän" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 22 de xaneiro de 2024.
    16. Seppä, Lassi (29 de novembro de 2023). "Kiekko-Espoolle hallittu voitto Ilveksestä, Nea Katajamäelle piste-ennätys − "Olen saanut itseluottamusta"". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 22 de xaneiro de 2024.
    17. "HIFK:lle sakko ja pistemenetyksiä kansainvälisen seurasiirron hoitamatta jättämisestä" (en finés). Leijonat.fi. 2 de setembro de 2023. Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2023. Consultado o 21 de setembro de 2023.
    18. "Ilves" (en finés). Leijonat.fi. 6 de febreiro de 2023. Consultado o 6 de febreiro de 2024.
    19. 1 2 "Eniten mitaleita Naisten Liigassa" (en finés). Leijonat.fi. Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2023. Consultado o 6 de febreiro de 2024.
    20. "Ilveksen naiset tekivät suomalaista jääkiekkohistoriaa". Yle Urheilu (en finés). 27 de febreiro de 2011. Consultado o 6 de febreiro de 2024.
    21. Seppä, Lassi (15 de marzo de 2023). "Marjo Voutilainen jatkaa Ilveksen naisten päävalmentajana". jatkoaika.com (en finés). Consultado o 24 de marzo de 2023.
    22. "KOKOONPANO Ilves" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 23 de xaneiro de 2024.
    23. "Kiekko-Espoo" (en finés). Leijonat.fi. 6 de febreiro de 2023. Consultado o 6 de febreiro de 2024.
    24. "HISTORIA" (en finés). Kiekko-Espoo Naiset. Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2024. Consultado o 6 de febreiro de 2024.
    25. "Sami Haapanen" (en inglés). EliteProspects.com. Consultado o 6 de febreiro de 2024.
    26. "KOKOONPANO K-Espoo" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 23 de xaneiro de 2024.
    27. 1 2 3 4 5 6 7 Teiskonlahti, Kirsi (4 de febreiro de 2024). "Paluu juurille". Aamulehti (en finés). pp. A24–A25. (edición impresa)
    28. Teiskonlahti, Kirsi (3 de febreiro de 2024). "Ilves vei huippupelin Koulukadulle – Tältä paluu legendaariseen ympäristöön näytti". Aamulehti (en finés). Consultado o 4 de febreiro de 2024.
    29. 1 2 Viljanen, Markus (6 de xaneiro de 2024). "Naisten Liigan viikkokatsaus: Kiekko-Espoo kaatoi Ilveksen ulkoilmaottelussa Tampereella" (en finés). Liiga. Consultado o 6 de xaneiro de 2024.
    30. 1 2 3 4 "OTTELUPÖYTÄKIRJA" (en finés). Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo. 3 de febreiro de 2024. Consultado o 4 de febreiro de 2024.
    31. "Minnamari Tuominen" (en inglés). EliteProspects.com. Consultado o 7 de febreiro de 2024.

    Véxase tamén

    [editar | editar a fonte]

    Ligazóns externas

    [editar | editar a fonte]