Saltar ao contido

Jari Risku

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJari Risku
Biografía
Nacemento11 de febreiro de 1966 Editar o valor en Wikidata (58 anos)
Helsinqui, Finlandia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónadestrador de hóckey sobre xeo, xogador de hóckey sobre xeo Editar o valor en Wikidata
Deportehóckey sobre xeo Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefenseman (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mano para tirarleft-handed shot (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Jokerit
  Adestrador Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Viikingit (en) Traducir (director)
2008–2009 Selección feminina sub-18 de hóckey sobre xeo de Finlandia (segundo adestrador)
2009–2014 Selección feminina de hóckey sobre xeo de Finlandia (segundo adestrador)
2010–2018 Team Kuortane (head coach (en) Traducir)
2014–2018 Selección feminina sub-18 de hóckey sobre xeo de Finlandia (head coach (en) Traducir)
2018–2019 HK Budapest (en) Traducir (head coach (en) Traducir)
2018–2019 Selección feminina de hóckey sobre xeo de Hungría (head coach (en) Traducir)
2020–2022 Austria women's national ice hockey team (en) Traducir (head coach (en) Traducir)
2022– HPK Kiekkonaiset (head coach (en) Traducir) Editar o valor en Wikidata

Jari Risku, nado o 11 de febreiro de 1966 en Helsinqui (Finlandia), é un adestrador de hóckey sobre xeo finés. Dende 2022 é o adestrador xefe do HPK da Naisten Liiga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino en Finlandia. Risku tivo unha breve carreira como xogador profesional nos Jokerit de Helsinqui entre 1984 e 1987, disputando un total de 41 partidos cun rexistro de sete puntos (dous goles e cinco asistencias).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Jari Risku naceu en Helsinqui o 11 de febreiro de 1966 e xogou no equipo ssub-20 dos Jokerit, equipo co cal chegou a disputar 41 partidos profesionais na SM-liiga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo masculino finés, entre as tempadas 1984-85 e a 1986-87, conseguindo nas tres tempadas un total de sete puntos (2+5). Posteriormente comezou a súa carreira como adestrador no banco de equipos de categorías masculinas non profesionais.[1]

En 2010 Risku converteuse no primeiro adestrador do Team Kuortane da Naisten SM-sarja, posto no que permaneceu ata 2018. Entre 2014 e 2018 combinou o seu posto no equipo de Kuortane coa dirección da selección finlandesa sub-18. Para a tempada 2018-19 fichou polo KMH Budapest húngaro da European Women's Hockey League (EWHL), e en 2020 foi nomeado adestrador xefe da selección austríaca para o Campionato do mundo feminino de hóckey sobre xeo de primeira división 2022 grupo A[2][3]

En abril de 2022 foi elixido adestrador xefe do equipo feminino do HPK, converténdose no quinto adestrador xefe do equipo noutras tantas tempadas, sucedendo no cargo a Harri Nummela, quen levou o equipo aos play-offs dende a división inferior na tempada precedente.[4]

  1. "Jari Risku" (en finés). eliteprospects.com. Consultado o 27 de setembro de 2023. 
  2. Savolainen, Samuel (19 de maio de 2022). "HPK:n naisten liigajoukkueeseen uusia kasvoja – nuori lupaus puolustukseen, paluumuuttaja maaliin ja valmentajatulokas remmiin". Hämeen Sanomat (en finés). Consultado o 11 de setembro de 2022. 
  3. "HPK Naisten katsaus kauteen 2021–2022 – uudeksi päävalmentajaksi Jari Risku" (en finés). Hämeenlinnan Pallokerho. 7 de abril de 2022. Consultado o 11 de setembro de 2022. 
  4. Viljanen, Markus (28 de abril de 2022). "HPK:n puolivälieriin luotsanneelle Harri Nummelalle jäi kaudesta käteen uusia ystäviä ja hienoja kokemuksia" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 11 de setembro de 2022.