Monte Maior

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°38′29″N 7°32′11″O / 43.641500, -7.536400

Monte Maior
Marco Legal
Figura de Protección: ZEC
Ano de constitución: Decembro de 2004
Superficie: 1.247 ha.
Lexislación: LIC o 29 de decembro de 2004, ZEC o 31 de marzo de 2014.[1][2][3]
Datos de interese
País: Galicia Galicia
Provincias: Lugo
Concellos: Viveiro, Xove
Ríos:
Picos Monte do Penedo, Monte Maior
Direccións de interese:
Teléfonos:

O Monte Maior é un espazo natural galego catalogado como zona especial de conservación (ZEC) que inclúe a área do monte Maior, un dos montes de Buio, e que ten en si zonas húmidas e corredores fluviais de interese. Esta área de conservación ocupa 1.247 ha. dos concellos da mariña lucense de Viveiro e Xove.[1][2][3][4][5]

Fauna e flora[editar | editar a fonte]

Flora[editar | editar a fonte]

O Monte Maior é unha zona de baixa montaña, nunha zona climática atlántica xa preto da ría de Viveiro, na que destacan as turbeiras altas activas e a homoxeneidade das zonas húmidas. Ten zonas desde ribeiras e pastos con gramíneas a montes con queirogais (con Erica ciliaris e Erica tetralix). Nestes hábitats aparecen as especies en risco Sphagnum pylaesii e Narcissus asturiensis. Nos bosques de ribeira dominan os ameneiros (Alnus glutinosa) e freixos (Fraxinus excelsior) e nas zonas húmidas destaca a presenza de Nardus. Conta con turbeiras altas activas.

As especies da flora catalogadas como especies silvestres en réxime de protección especial ou presentes no catalogo galego de especies ameazadas son:[4]

Especie
Narcissus asturiensis
Sphagnum pylaisii

Fauna[editar | editar a fonte]

No Monte Maior destaca o paso de seis especies de aves de alto interese de conservación e a presenza de Lacerta schreiberi e Rhinolophus ferrmuequinum.

As especies de fauna catalogadas como especies silvestres en réxime de protección especial ou presentes no catalogo galego de especies ameazadas son:[4]

Grupo Especie
Invertebrados Elona quimperiana
Invertebrados Euphydryas aurinia
Invertebrados Geomalacus maculosus
Invertebrados Geomalacus maculosus
Invertebrados Lucanus cervus
Anfibios Chioglossa lusitanica
Anfibios Discoglossus galganoi
Réptiles Lacerta monticola
Réptiles Lacerta schreiberi
Mamíferos Galemys pyrenaicus
Mamíferos Lutra lutra
Mamíferos Myotis myotis
Mamíferos Rhinolophus ferrumequinum
Mamíferos Rhinolophus hipposideros

Lexislación[editar | editar a fonte]

O Monte Maior foi declarado como lugar de importancia comunitaria (LIC) en decembro de 2004 e e ascendeu a zona especial de conservación (ZEC) en marzo de 2014.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 BOE - Goberno de España, eds. (29/12/2004). "Decisión de la Comisión, de 7 de diciembre de 2004, por la que se aprueba, de conformidad con la Directiva 92/43/CEE del Consejo, la lista de lugares de importancia comunitaria de la región biogeográfica atlántica [notificada con el número C(2004) 4032].". Diario Oficial de la Unión Europea: L 387/1–96. 
  2. 2,0 2,1 Consellería de medio ambiente (Luns, 31 de marzo de 2014). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia." (62): 13.427. 
  3. 3,0 3,1 Consellería de medio ambiente (Luns, 12 de abril de 2004). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados Espazos como Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais." (69): 5.046. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "ZEC ES1120009 Monte Maior". Consultado o 30/8/2019. 
  5. "Natura 2000: Monte Maior". Consultado o 30/8/2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]