Saltar ao contido

Vea cava inferior

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vea cava inferior
vena cava inferior Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Oposto a
 Conéctase con
 Irrigado por
 Drenado por
Códigos e identificadores
Freebase/m/01k46j Editar o valor en Wikidata
MeSHD014682 Editar o valor en Wikidata
Thesaurus do NCIC12815 Editar o valor en Wikidata
TA 98A12.3.09.001
OpenAlexC2910216633 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Descrito pola fonte
Wikidata C:Commons

A vea cava inferior (abreviado VCI) é un tronco venoso ou vea de gran calibre no corpo humano e outros mamíferos, que retorna o sangue dende os membros inferiores, os órganos do abdome e a pelve até a aurícula dereita do corazón. É unha vea satélite da aorta abdominal, e é responsábel do retorno venoso de todas as veas infradiafragmáticas. No ser humano adoita medir unha media de 22 cm de lonxitude, dos cales 18 cm corresponden ao seu percorrido no abdome. A vea cava inferior ten un calibre de 20 mm na súa porción máis inferior, mentres que pode chegar até os 30 mm na súa porción superior, con dúas zonas de ancheamento a nivel dos riles e outro por enriba do fígado.[1]

Tributarias

[editar | editar a fonte]
Tributarias da vea cava inferior
Nome Nivel
Veas diafragmáticas inferioresT8
Vea hepáticaT8
Veas suprarrenaisL1
Veas renaisL1
Veas gonadais (vea ovárica e vea espermática)L2
Veas lumbaresL1-L5
Veas ilíacas primitivasL5

A vea cava inferior está formada pola unión das veas ilíacas primitivas esquerda e dereita. Tamén se anastomosa co sistema das veas ácigos, que percorre o lado dereito da columna vertebral, e os plexos venosos xunto a medula espiñal. Por mor de non se atopar na liña media do corpo, existen algunhas asimetrías nos patróns de drenaxe das tributarias. As veas gonadais do lado dereito e a vea suprarrenal dereita drenan cara á vea cava inferior, mais as veas do lado esquerdo drenan á vea renal esquerda, que á súa vez drena á vea cava inferior.

Patoloxías

[editar | editar a fonte]

Algúns suxeitos teñen dúas veas cavas inferiores até que as dúas se unen xusto por embaixo do fígado. Outros naceron sen a vea cava inferior e o retorno venoso é realizado polo sistema das veas ácigos. Neste último caso de axenesia de vea cava inferior dá lugar a un drenaxe venoso anómalo das extremidades inferiores, polo que aumenta o risco de trombose venosa profunda e de tromboembolismo pulmonar.[2]

En doentes con trombose venosa profunda en membros inferiores e embolia pulmonar que non son quen de ter a anticoagulación coma opción terapéutica, o procedemento de elección é a implantación dun filtro na vea cava inferior, que impide o paso de émbolos dende os membros inferiores até a circulación pulmonar.[3]

  1. Bouchet, Alain; Jacques Cuilleret (1997). Anatomía da rexión retroperitoneal (en castelán). Editorial Médica Panamericana. ISBN 9500601524.
  2. CASTRO, F. J. et al. Axenesia de vea cava inferior como factor de risco de tromboembolismo pulmonar . An. Med. Interna (Madrid) [online]. 2003, vol.20, n.6 [citado 2009-12-24], pp. 34-36. ISSN 0212-7199.
  3. ARRIAGADA J, Ivette et al. Interrupción da vea cava inferior mediante filtros de inserción percutánea: Indicacións e resultados en 287 pacientes. Rev. méd. Chile [online]. 2007, vol.135, n.3 [citado 2009-12-23], pp. 351-358. ISSN 0034-9887. doi: 10.4067/S0034-98872007000300010.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]