Saltar ao contido

Monika Lücke

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMonika Luke
(Monika Habermann)
Biografía
Nacemento1958
Berlín, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemá.
EducaciónUniversidade de Halle-Wittenberg.
Q89547790Estudos de historia e numismática medievais alemás
Actividade
Campo de traballoNumismática
Lugar de traballo Halle (Saale) Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónhistoriadora rexional , autora Editar o valor en Wikidata
Influencias
Walter Zöllner.
LinguaLingua alemá Editar o valor en Wikidata
Premios
2008: Eligiuspreis.

Monika Lücke (apelido de solteira: Habermann), nada en Berlín en 1958, é unha historiadora e numismática alemá especializada na Idade Media.[1][2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Lücke estudou Historia na Universidade Martin Luther de Halle-Wittenberg entre os anos 1976 e 1980. Logo foi colaboradora científica desa mesma universidade, no campo da historia medieval, e alí acadou o seu doutoramento en 1985 cunha tese dirixida polo historiador Walter Zöllner titulada Studien zu den hochmittelalterlichen Volkskreuzzügen ("Estudos sobre as Cruzadas do Pobo da alta Idade Media").[1][2]

A partir de 1985 traballa como investigadora no Instituto de Historia da Universidade de Halle-Wittenberg, na cátedra de Historia Medieval e Ciencias Auxiliares da Historia, do departamento de Historia Xeral.[2]

Entre os seus interseses de investigación pódense salientar as figuras dos pintores alemáns Lucas Cranach o Vello (1472-1553) e Lucas Cranach o Novo (1515-1586), así como a topografía, as casas de moeda e os mosteiros beneditinos e cistercenses das cidades medievais da Alemaña central.[1]

Logo de varias publicacións científicas e da organización dunha exposición, pasou a ser considerada como a maior experta na "caza de bruxas" en Saxonia-Anhalt.[1][2]

Monika Lucke é membro activo de diversas asociacións e sociedades científicas, como a sección de Historia da Academia Beneditina de Baviera, e forma parte da xunta directiva da Asociación Harz de Historia e Antigüidade.[2]

Desde xuño de 2018 forma parte da Comisión Histórica de Saxonia-Anhalt.[2]

Escolma de obras

[editar | editar a fonte]
  • (1996): Katalog der Leichenpredigtensammlung der Stadtkirche Sankt Martini in Stolberg/Harz. Halle. Druck-Zuck-GmbH. ISBN 978-3928466103
  • (1998): Historische Hilfswissenschaften in der Gegenwart. Anforderungen und Perspektiven. Herrn Prof. Dr. Walter Zöllner zum 65. Geburtstag. Halle. Martin-Luther-Universität Halle-Wittenberg.
  • (2000): „… viele und manchfeldige böse Missethaten …“ Hexenverfolgungen auf dem Territorium Sachsen-Anhalts vom 16.–18. Jahrhundert. Halle. Courage.
  • (2002): Numismatik. Münzkunde und Geldgeschichte. Halle. Martin-Luther-Universität Halle-Wittenberg.
  • (2004): „Die Mark zu 13 Reichstaler und 8 Groschen beibehalten werde“. Die Alte Münze in Stolberg (Harz). Leipzig. Numismatischer Verlag. ISBN 9783980919609
  • (2005): "Hochsicherheitstrakt" Münze : die alte Münze Stolberg (Harz) als Produktionsstätte in der archivalischen Überlieferung. Halle. Martin-Luther-Universität Halle-Wittenberg.
  • (2006): Juliana – eine „Oranierin“ aus Stolberg im Harz (con C. C. Hennrich). Stolberg (Harz). Stolberger Geschichts- und Traditionsverein. ISBN 3-928466-78-X
  • (2007): 800 Jahre Nauendorf 1207–2007. Festschrift. Nauendorf. Heimatverein Nauendorf.
  • (2011): Ihrer Zauberei halber verbrannt. Hexenverfolgungen in der Frühen Neuzeit auf dem Gebiet Sachsen-Anhalts (con D. Lücke). Halle. Mitteldeutscher Verlag. ISBN 978-3-89812-828-5
  • (2012): Der geprägte Reformator - Thomas Müntzer auf Münzen und Medaillen (con W. Matzdorf). Herausgeber. ISBN 9783935547505
  • (2017): Lucas Cranach der Jüngere: Archivalische Quellen zu Leben und Werk (con D. Lücke). Evangelische Verlagsanstalt. ISBN 978-3374045624

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Eligiuspreis 2008: Monika Lücke". Deutsche Numismatische Gesellschaft.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 "Dr. Monika Lücke". Martin-Luther-Universität Halle-Wittenberg.
  3. "Eligiuspreis der DNG". Sitio web da Deutsche Numismatische Gesellschaft.