Saltar ao contido

Eligiuspreis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eligiuspreis
– Premio Santo Eloi –
– Premio Santo Elixio –


Medalla do Eligiuspreis
Outorgada pola Sociedade Numismática Alemá
Tipo Recoñecemento.
Graos Único.
Elixibilidade Numismáticos alemáns e estranxeiros.
Outorgada por Traballos sobre numismática escritos en alemán.
Estado Alemaña
Descrición Medalla de bronce.
Diámetro: 106 mm.
Deseño: Peter Götz Güttler (1992).
Estadísticas
Establecida 1995 (co nome actual).
Primeira outorgada 1996 (Wolfgang Hahn).
Última outorgada 2023 (Ulf Dräger).
Premiados Ver listaxe no artigo.

O Eligiuspreis (en galego: Premio Santo Eloi ou Premio Santo Elixio) é un premio outorgado con periodicidade anual pola Sociedade Numismática Alemá (Deutsche Numismatische Gesellschaft -DNG-) ás persoas que se distinguisen polo seu labor no terreo da numismática. O Eligiuspreis toma o seu nome de Santo Elixio ou Santo Eloi de Noyon, patrón dos numismáticos e dos coleccionistas de moedas.[1]

Detalle da medalla, que representa a Santo Eloi cuñando unha moeda

O premio toma o relevo dun precedente que estivo vixente entre 1978 e 1995, creado cun propósito semellante por iniciativa de Gerd Frese, daquela presidente da Federación de Asociacións de Moedas de Alemaña, antecedente da DNG.[1][2][3]

As persoas elixibles son numismáticos non especialistas, tanto de Alemaña coma do estranxeiro, que fagan as súas publicacións acerca dalgún aspecto da numismática desde o seu propio coñecemento como coleccionistas, que deben ser traballos documentados científica e historicamente e escritos en alemán. No caso de recaer nunha persoa de nacionalidade alemá, esta terá que ser necesariamente socia dalgunha das entidades adheridas á Sociedade Numismática Alemá.[1][4]

O xurado independente é nomeado polo presidente da Sociedade e está composto por persoas relacionadas coa numismática en calquera dos seus ámbitos. En caso de empate entre os votos, o presidente ten un voto de calidade. Desde 1996 a 2013, o xurado estivo presidido polo numismático alemán Bernhard Overbeck (1942-2018) e a partir desa data o seu presidente foi Albert Raff.[1]

En cada edición concédese tamén a categoría Jugendpreis ("premio á xuventude"), polos méritos demostrados por numismáticos novos.[1]

O premio consiste na entrega dunha medalla e leva aparellada a concesión dunha asignación económica. A primeira versión da Medalla Eligius estivo vixente entre 1982 e 1991 e foi deseñada polo escultor e medallista renano Hans Karl Burgeff.[2] A partir de 1992 a medalla substituíuse por outra de novo deseño, da autoría do arquitecto e medallista Peter Götz Güttler, de Dresden.[1]

Galardoados

[editar | editar a fonte]
  1. 1 2 3 4 5 6 7 "Eligiuspreis der DNG". Sitio web da DNG.
  2. 1 2 3 "Eligiuspreis 1978-1995". Sitio web da DNG.
  3. ↑ "Vorsitzende/Präsidenten der Deutschen Numismatischen Gesellschaft". Sitio web da DNG.
  4. ↑ Numismatisches Nachrichtenblatt. Nº 12. Páxina 297. Deutsche Numismatische Gesellschaft .1977.
  5. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 "Eligiuspreisträger 1996-2005". Sitio web da DNG.
  6. ↑ "Eligiuspreis 2006". Sitio web da DNG.
  7. ↑ "Eligiuspreis 2007". Sitio web da DNG.
  8. ↑ "Eligiuspreis 2008". Sitio web da DNG.
  9. ↑ "Eligiuspreis 2009". Sitio web da DNG.
  10. ↑ "Eligiuspreis 2010". Sitio web da DNG.
  11. ↑ "Eligiuspreis 2011". Sitio web da DNG.
  12. ↑ "Eligiuspreis 2012". Sitio web da DNG.
  13. ↑ "Eligiuspreis 2013". Sitio web da DNG.
  14. ↑ "Eligiuspreis 2014". Sitio web da DNG.
  15. ↑ "Eligiuspreis 2015". Sitio web da DNG.
  16. ↑ "Eligiuspreis für Wolfgang Stegweit". En MünzenWoche. 29 de xullo de 2015.
  17. ↑ "Eligiuspreis 2016". Sitio web da DNG.
  18. ↑ "Eligius-Preis 2018 für Fritz Rudolf Künker". En Numismatisches Nachrichtenblatt. Xaneiro de 2018. Páxina 42.
  19. ↑ "Fritz Rudolf Künker erhält Eligius-Preis 2018". En MünzenWoche. 10 de maio de 2018.
  20. ↑ "Eligiuspreis 2019". En Numismatisches Nachrichtenblatt. Febreiro de 2019. Páxina 66.
  21. 1 2 "Eligiuspreis 2020 und 2021 vergeben". En Münzen Woch. 17 de decembro de 2020.
  22. ↑ "Eligiuspreis 2022, Ralf Fischer zu Cramburg". Sitio web da DNG.
  23. ↑ "Eligius-Preis 2022 für Ralf Fischer zu Cramburg". En Münzen Woche. 8 de setembro de 2922.
  24. ↑ "Eligiuspreis 2023 - Ulf Dräger". En Numismatisches Nachrichtenblatt. Marzo de 2023. Páxina 108.
  25. ↑ "Eligiuspreis 2024, Albert Raff". Sitio web da DNG.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]