Leo von Klenze

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Leo von Klenze
Leo von Klenze 2.jpg
Nacemento29 de febreiro de 1784
Lugar de nacementoSchladen
Falecemento26 de xaneiro de 1864 e 27 de xaneiro de 1864
Lugar de falecementoMúnic
SoterradoAlter Südfriedhof
NacionalidadeReino de Baviera
EtniaPobo alemán
Ocupaciónarquitecto, pintor e escritor
CónxuxeFelicitas Blangini-Klenze
Coñecido porCathedral Basilica of St. Dionysius the Areopagite, Bavaria e Propylaea
Premioshonorary citizen of Munich, Medalla de Ouro do RIBA, Orde do Mérito das Ciencias e as Artes e Ordem Maximiliana da Baviera para Ciência e Arte
editar datos en Wikidata ]
Ruhmeshalle

Leo von Klenze, nado en Schladen, Krs Goslar o 29 de febreiro de 1784 e finado en Múnic o 27 de xaneiro de 1864, foi un arquitecto, pintor e escritor alemán do neoclasicismo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Destacou como arquitecto da corte de Baviera baixo o reinado de Luís I. A súa obra máis destacada é o conxunto da Königsplatz e os edificios que a arrodean, como a Gliptoteca de Múnic (1816 - 1834), para a cal se inspirou na tipoloxía de galería creada por Durand. Tamén en Múnic deseñou a Ruhmeshalle na Theresienwiese, onde se ergue a estatua colosal de Bavaria e a Residencia Real (Residenz). Noutras cidades alemás construíu o castelo de Wilhelmshöhe en Kassel, o Walhalla en Ratisbona e a Befreiungshalle en Kelheim, entre outros edificios.

O tsar Nicolao I de Rusia, na súa visita a Baviera, entusiasmouse coa súa obra e encargoulle a construción do novo Ermitage en San Petersburgo, que se concretou entre 1839 e 1852.

Von Klenze foi un prominente representante da corrente que reviviu o estilo grego en Europa. A tal punto, que se lle encomendou unha renovación da propia cidade de Atenas, con motivo da chegada da monarquía de Otto de Grecia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Hubert Glaser (editor): König Ludwig I. von Bayern und Leo von Klenze. Der Briefwechsel. Teil I: Kronprinzenzeit König Ludwigs I. (= Fuentes de historia de Baviera V), 3 tomos, Múnic, 2004.
  • Rudolf Wiegmann: Der Ritter Leo von Klenze und unsere Kunst. 1836.
  • Ein griechischer Traum. Leo von Klenze der Archäologe. Catálogo de exposición da Gliptoteca de Múnic, 1985/86.