Lei da pureza de 1516

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Retrato do duque Guillerme IV de Baviera feito por Barthel Beham.

A Lei da pureza da cervexa (Reinheitsgebot en alemán) foi decretada o 23 de abril de 1516 polo duque Guillerme IV de Baviera para a elaboración de cervexa, crese que é a primeira regulación legal dun alimento.

Historia[editar | editar a fonte]

A lei establecía que a cervexa unicamente debía elaborarse a partir de tres ingredientes: auga, malte de cebada e lúpulo.[1][2] A principal motivación desta lei atopábase en que Guillerme IV de Baviera tiña o monopolio da cebada; deste xeito, ao non poder comprarlle a ninguén máis un ingrediente básico para a elaboración, non só aumentou as súas vendas senón tamén o prezo, xa que non tiña outros cereais competidores.[3]

A lei non menciona o fermento, que foi descuberto en 1880 por Louis Pasteur como parte do proceso de fermentación da cervexa. Antes de coñecer o mecanismo de fermentación, os cervexeiros habitualmente tomaban o sedimento dunha fermentación previa e agregábano á nova. De non o poderen obter, poñíana nunha serie de bocois e no proceso aparecía "por si mesmo" o fermento.

Emprego actual[editar | editar a fonte]

Chapa dunha cerveza que segue a lei de pureza

Afírmase que se trata da regulamentación alimentaria máis antiga de Europa aínda vixente.[4] Hoxe en día, así e todo, séguense a elaborar cervexas conforme a esta lei, aínda que a motivación é diferente.[5] A Lei da pureza de 1516 é utilizada como ferramenta publicitaria polos grandes grupos empresariais xa que a maior parte das cervexas artesáns non cumpren esta lei e albergan os produtos de máis calidade.

Foi proposta que fose recoñecida como Patrimonio Inmaterial da Humanidade, mais foi rexeitado pola UNESCO por considerar que a produción cervexeira alemá é moi industrial.[6]

Fontes[editar | editar a fonte]

  1. "Las "leyes de pureza" que mantienen la cerveza de Baviera sin cambios desde hace medio milenio". BBC News Mundo (en castelán). Consultado o 2023-12-21. 
  2. Michael Kubitza, Bayerischer Rundfunk (2016-04-25). "Streit ums Reinheitsgebot: Gerste-Hopfen-Wasser. Sonst nichts?" (en alemán). 
  3. "Guillermo IV de Baviera, el padre de la cerveza más pura". ELMUNDO (en castelán). 2016-04-25. Consultado o 2023-12-21. 
  4. "Reinheitsgebot ou a lei da pureza da cerveja". Hofbräuhaus Belo Horizonte (en portugués). Consultado o 2023-12-21. 
  5. Volker Eklkofer / Sendung: Herbert Becker, Bayerischer Rundfunk (2016-04-14). "Die Kunst des Bierbrauens: Mehr als 5000 Jahre Geschichte". www.br.de (en alemán). Consultado o 2023-12-21. 
  6. "500 aniversario de la Ley de la Pureza de la cerveza – DW – 23/04/2016". dw.com (en castelán). Consultado o 2023-12-21. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]