Huracán Valencia Club de Fútbol
Huracán CF | |||
---|---|---|---|
Nome | Huracán Valencia Club de Fútbol | ||
Fundación | 1984: Torrellano CF 2009: Torrellano Illice Elche Parque Empresarial CF 2011: Huracán Valencia CF | ||
Estadio | Municipal de Manises, Manises, Valencia, España | ||
Capacidade | 1.000 | ||
Presidente | Toni Hernández | ||
Adestrador | Nicolás Estévez | ||
Liga | 2ªB - Grupo 3 | ||
2011/12 | 3º | ||
Na rede | |||
http://www.huracancf.com | |||
| |||
O Huracán Valencia Club de Fútbol (en valenciano: Huracà València Club de Futbol) é un club de fútbol español de Manises, na provincia de Valencia, fundado en 1984. Ata 2009 xogou como Torrellano Club de Fútbol, cando se fusionou co Club Deportivo Illice.[1] En 2011 é comprado por un empresario relacionado co negocio das apostas e o xogo online, entre outros sectores, trasládase a Manises e convértese en Huracán Valencia Club de Fútbol, presidido polo xornalista local Toni Hernández.
Actualmente milita no grupo III da Segunda División B Española.
Historia
[editar | editar a fonte]O Torrellano CF era o club de fútbol por excelencia da pedanía ilicitana. No ano 2000 conseguiu o ascenso a categoría nacional por primeira vez na súa historia, en Terceira División permaneceu 5 tempadas consecutivas ata o seu regreso a Rexional Preferente en 2005. Tras 4 tempadas en Preferente, o 21 de xuño de 2009 logrou o ascenso a Terceira División tras unha gran tempada na que se proclamou campión do Grupo 4º e venceu nas eliminatorias de ascenso ao Mislata e Borriol. Ademais, a tempada 2008/09 estivo acompañada doutros dous éxitos para o club "morado", os ascensos do Xuvenil A a División de Honra, e do Cadete A a Liga Autonómica.
Na tempada 2009/10 fusionouse co Club Deportivo Illice dando lugar á nova denominación Torrellano Illice, e tamén se modificou o escudo.[2] Na tempada seguinte, o equipo convértese en novo filial do Elche Club de Fútbol.[3]
En xuño de 2011, o club é vendido a uns empresarios de Valencia, que trasladan e renomean o equipo como Huracán Valencia Club de Fútbol.[4][5] Ao mes seguinte, a nova entidade valenciana, sen trasladar aínda o equipo de Torrellano, fíxose cunha das prazas vacantes en Segunda B tras o descenso administrativo do Alicante e o Castellón no grupo III.[6]
Na súa primeira tempada en Segunda B, o equipo acaba na terceira posición e xoga, sen éxito, a promoción de ascenso a Segunda División, sendo eliminado polo Lucena CF.
Uniforme
[editar | editar a fonte]- Uniforme titular: Camiseta a raias vermellas e brancas, pantalón branco, medias brancas.
- Uniforme segundo: Camiseta a raias azul e negras, pantalón branco, medias brancas.
Estadio
[editar | editar a fonte]O Torrellano CF disputaba os seus partidos no campo de fútbol de céspede natural do Polideportivo Isabel Fernández, nome en honra á judoka olímpica Isabel Fernández Gutiérrez. O campo posúe unha bancada lateral descuberta cunha capacidade aproximada aos 1.000 espectadores. Co traslado a Valencia e tras a imposibilidade de xogar en ningún campo da capital, o novo Huracán Valencia CF asina un acordo de colaboración co Manises CF e o Concello da localidade valenciana para que o equipo sexa o seu filial e poder xogar no Campo Municipal de Manises.
Datos do club
[editar | editar a fonte]- Tempadas en 1ª: 0
- Tempadas en 2ª: 0
- Tempadas en 2ªB: 2 (Incluída a 2011/12)
- Tempadas en 3ª: 5
- Mellor posto na liga: 9º (Terceira División Española tempada 02-03)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Diario Información (23 de xullo de 2009). "O Illice fusiónase co Torrellano". Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2011. Consultado o 24 de setembro de 2011.
- ↑ Diario Información (8 de agosto de 2009). "O Torrellano Illice Elche Parque Industrial deseña un novo escudo tras a súa fusión.".
- ↑ Diario Información (28 de Agosto de 2010). "O Torrellano afronta o reto de formar xogadores para o Elche".
- ↑ Diario Información (21 de xuño de 2011). "O Torrellano fusiónase co Huracán Valencia e a pedanía ilicitana queda sen fútbol".
- ↑ Levante EMV (15 de Junio de 2011). "O Huracán Valencia CF convértese en novo equipo de Terceira División".
- ↑ Diario Información (21 de xuño de 2011). "O Torrellano compra unha das prazas vacantes en Segunda B".